Hoxe recibimos no noso cole a Cristina Guillín Amarelle, médico-endocrino no Clínico que nos veu falar sobre como manter unha alimentación saudable. Esta charla está englobada dentro do programa de actividades do Proxecto Integrado deste ano Papacontos Zampalibros, que xira arredor do tema da alimentación e a gastronomía.
Contar coa presenza de Cristina foi todo un honor para todos nós, pois aprendemos unha chea de cousas con ela sobre a NUTRICIÓN.
A esta charla estaban invitados tamén os pais pero non acudiron moitos dada a hora de celebración. Por iso, decidimos perdille permiso a Cristina para gravar en vídeo a charla e ofrecérvola dende aquí a todos os que quixestes acudir pero non puidestes. Está dividida en 4 partes:
Tamén vos deixamos o material que ela proxectou durante a súa charla e que estamos seguros de que vos gustará ter sempre a man.
E para rematar a xornada fixémoslle entrega dun pequeno obsequio en agradecemento pola súa desinteresada colaboración.
Grazas, Cristina!!
LEMBRADE O IMPORTANTE QUE É TOMAR UN BO ALMORZO RAPACES !!
Ningún comentario:
Publicar un comentario