Amosando publicacións coa etiqueta Hora de Ler. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Hora de Ler. Amosar todas as publicacións

venres, 25 de novembro de 2016

CONTACONTOS NA "HORA DE LER"


Resultado de imagen de pipi calzaslargas librosOnte comezaron as sesións de Contacontos a cargo do alumnado de 6º curso. A encargada de inaugurar a actividade foi Andrea Labandeira, quen fixo unha versión da historia da coñecidísima Pippi Calzaslargas (Pippi Långstrump). Este personaxe literario, creado pola escritora sueca Astrid Lindgren, caracterízase pola súa forza e por ter dúas mascotas que a acompañan nas incontables aventuras que vive: un cabalo de lunares e un mono tití. Orfa de nai, o seu pai é un pirata. Pippi tamén é moi imaxinativa e rebelde, e vive nunha casa moi peculiar. 
De todo isto nos falou Andrea, quen se caracterizou para a ocasión, como podedes ver nas seguintes imaxes (preme AQUÍ). O alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria, desfrutou moitísimo desta "Hora de Ler", así coma o profesorado que o acompañou. Andrea, NORABOA!!!

https://photos.google.com/album/AF1QipO_CtsDluqGSsOeQxilVRaUVT7fHu9L3qE7hGH0

sábado, 29 de outubro de 2016

SAMAÍN 2016 - PETISCOS TERRORÍFICOS E HORA DE LER MUSICAL

Antes do recreo, elaboramos no comedor os petiscos terroríficos que serían a nosa merenda desta mañá. Eliximos algúns dos que xa coñeciamos de cursos anteriores, pero outros eran novos. Tanto uns coma outros quedaron cunha pinta tan estupenda que non sobrou nadiña: (Premendo sobre a imaxe podedes ver todas as fotos)

https://goo.gl/photos/XLWyFNMqaZggkc6U7
Ao regreso do recreo, a "Hora de ler" tamén estivo marcada pola temática do Samaín e da Música. O profesorado organizou un conto para quitarnos todos os medos que temos cada unha/un de nós, e foi moi bonito comprobar que ata as persoas máis fortes e valentes teñen medos, pero tamén descubrimos que non hai que darlles excesiva importancia... Baseado na historia de "Fiz, o coleccionista de medos", a banda sonora estivo a cargo de Rubén, Andrea e Óscar.
E rematamos todos cantando e bailando: primeiro, os grupos de 1º e 2º, que nos interpretaron unha fermosa canción co seu mestre Óscar á guitarra. Titulada "Buajajajajá", ademais de cantar a letra, ían engadindo xestos e sons en cada mensaxe da canción, e fixéronnos pasar un rato estupendo. Despois, todos os grupos cantaron ao unísono "Xa chegou Samaín", acompañados polas turutas que tocaron os nenos e nenas de 5º e 6º e o ukelele de Jorge e Aroa que tocou o profe Óscar. A letra da canción, especial para esta data, escribiuna tamén o profe Óscar. (Premendo na imaxe podedes ver o resto das fotografías):

https://goo.gl/photos/fDwgDkdr9UzSWARb7

Pola tarde, pasámolo de medo asustando a todas as persoas que andaban polo colexio, para o cal nos pintamos coma vampiros, monstros, zombies, etc. E xogamos no patio aproveitando esta fermosa xornada de sol!

luns, 2 de xuño de 2014

OS CONTOS DO 2º CICLO.

 Os rapaces de 2º ciclo desenvolveron unha actividad titulada OS NOSOS CONTOS, que consiste en que cada rapaz ou rapaza le un libro relacionado coa temática do Proxecto Integrado e o prepara para lérllelo posteriormente aos seus compañeiros en clase. A continuación, elabora un boletín cun pequeno resumo da lectura e contesta a 3 preguntas formuladas pola titora. Ese boletín ilústrao facendo a súa propia versión da portada do libro.
Aquí tedes as fotos dos rapaces cos seus boletíns.
BO TRABALLO, RAPACES!!


martes, 7 de febreiro de 2012

Un contiño do lobo para os nenos e nenas de Infantil

Os nenos e nenas de Infantil están preparando coa súa profe un proxecto sobre os lobos e a biblio quere enviarlles un contiño para traballar na HORA DE LER. Titúlase: O estufado do lobo.
Enviámoslles o texto para que lean coa súa profe e tamén un video para ver despois.
Esperamos que o disfrutes moito.

A profe Ana pode consultar aquí unha secuencia didáctica para traballar este conto.

domingo, 3 de abril de 2011

CANTOS CONTOS CONTAS TI?

Desde o 11 de marzo, rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º están baixando a Infantil a lerlles contos aos máis pequerrechos do centro na Hora de ler.
Trátase dunha actividade totalmente voluntaria onde cada lector escolle a lectura que lle gusta e preparaa para agasallar aos máis pequenos.
Xa fixemos unha primeira ronda e á maioría do lectores gustoulles tanto a experiencia que queren repetir. Así que próximamente atoparás máis imaxes sobre esta experiencia.