Amosando publicacións coa etiqueta Mindfulness. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mindfulness. Amosar todas as publicacións

mércores, 1 de abril de 2020

JOAQUÍN CASTAÑO ENVÍANOS UN AGASALLO

Joaquín Castaño é un mestre de ioga e mindfulness que coñecemos desde hai varios cursos, durante os que comezamos a introducir na actividade diaria do cole diversas prácticas que nos amosan a súa efectividade. Ao longo dos últimos cursos, a práctica dunha respiración conxunta no comedor escolar antes de xantar converteuse xa nunha rutina máis, pero tamén nas aulas organizamos actividades para que as nenas e nenos do cole coñezan estratexias para concentrarse e prestar atención naquelas cousas que desexamos, así como para aprender a relaxarse cando a situación o require...

Hoxe Joaquín enviounos un vídeo que é todo un agasallo, e que podemos ver en familia nestes días nos que non temos cole. Premede AQUÍ para comezar... 

JOAQUÍN, MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

Tamén compartimos un vídeo para as nais e os pais do noso alumnado, con consellos do psicólogo José Antonio Luengo para levar da mellor maneira posible a época que estamos vivindo. Premede AQUÍ para velo.

APERTAS PARA TODAS!!!!







martes, 31 de marzo de 2020

ANÍMATE A FACER IOGA

A pasada fin de semana Xavier, o director do cole, enviouvos algunha información moi interesante que tamén me gustaría puiderades consultar a través do noso blog.
En primeiro lugar, convida a todas as nais e pais do noso alumnado para ver un vídeo no que reflexionemos sobre esta época de confinamento, que tamén pretende ser un vídeo de esperanza para o futuro que nos espera. Podedes velo aquí:


Despois disto, Xavier facilitounos algúns enlaces para as persoas que queiran comezar a practicar ioga. Aquí tedes o primeiro:


O seguinte enlace está dirixido ás nenas e nenos de menor idade:



As nenas e nenos maiores poden animarse a facer esta sesión de ioga:



Por último, PREMEDE AQUÍ para ver algunhas das diferentes posturas de ioga e TAMÉN AQUÍ.

E, ao igual ca Xavier, eu tamén me despido enviándovos moitos ánimos e abrazos para todas!!!




luns, 24 de abril de 2017

RECIBIMOS A JOAQUÍN CASTAÑO

JOAQUÍN CASTAÑO é responsable da Escola Internacional de Ioga en Galicia e nas Illas Baleares. A súa paixón por introducir o ioga e a meditación no ámbito da educación levouno a formarse como mestre de ioga para nenos/as e desarrollou varios programas en colexios e centros galegos, ademais de impartir formación a docentes.
Este curso, os mestres e mestras do cole estamos levando a cabo un grupo de traballo sobre Mindfulness. O mindfulness, tamén coñecido como conciencia plena, é unha das maneiras de practicar a meditación.
Diversos estudos demostran que a práctica de mindfulness pode convertirse nunha ferramenta para mellorar a calidade de vida das persoas en moitísimos aspectos: autocontrol, saúde, adaptación a situacións adversas, etc.
Por este motivo, quixemos invitar a Joaquín a realizar un obradoiro coas nenas e nenos do cole. E con ese obxectivo nos visitou o venres, 21 de abril. Ao longo da mañá, Joaquín compartiu ratos moi agradables nos diferentes grupos, desde Infantil ata 6º de Primaria, traballando en pequenos grupos algunhas das actividades que podemos incluír na nosa vida diaria. Unha delas tamén a practicamos no comedor, xuntándonos todas as persoas para adicar uns minutos á respiración, tratando de concentrar toda a atención neste acto indispensable para a vida.
O resultado foi moi positivo! Tanto que todas as persoas que participamos nesta xornada queremos repetir!!! JOAQUÍN, MOITÍSIMAS GRAZAS!!! A través das imaxes realizadas durante esta mañá podedes comprobar o moito que significou incluír esta actividade na rutina escolar (premede AQUÍ para velas). O noso desexo agora é que continúe e que tamén se vaia instalando nos fogares das familias do noso alumnado...