Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións

venres, 4 de marzo de 2022

QUEIMA DO MECO

O regreso das vacacións de Entroido reuniunos no patio do cole esta mañá, para facer unha das actividades que despiden esta festa ata o ano que vén: a queima do Meco. Nesta ocasión, ademais, falamos moito nas titorías sobre os medos que temos, e mesmo chegamos a debuxalos e poñerlles nome para metelos nunha caixiña que tamén queimamos co Meco. Premendo na imaxe podedes ver todas as fotos.

Os nosos medos arderon co Meco.
Apertas,

Rosiña

venres, 25 de febreiro de 2022

MALABARES PARA CELEBRAR O ENTROIDO

Ola!!!

Premede para ver máis fotos do espectáculo.
Como este curso cancelamos a celebración do Entroido a modo de festival, buscamos unha actividade alternativa que divertira á cativada durante esta xornada previa ás vacacións. Por este motivo, hoxe no cole recibimos a KOTE MALABAR, un rapaz que leva case 20 anos facendo rir e desfrutar a públicos moi diferentes en actuacións de todo tipo: festas, feiras, festivais, etc. Combinando técnicas de circo e teatro cómico conseguiu que durante esta mañá as risas foran as protagonistas entre o alumnado, o profesorado e as familias que puideron acompañarnos... E, por suposto, tamén eu botei unhas cantas... Moitas grazas, Kote, e ata outra!!!!

 

Apertas, 

Rosiña

 

OS MANDIÑOS DO MECO

Un ano máis, o Meco convidounos a desfrutar do Entroido animándonos a vestirnos de xeitos diferentes ao longo da semana. Coma noutras ocasións, tivo en conta o tema do proxecto deste curso, polo que cada día ía anunciando algún complemento que estivera relacionado co universo. Estivo ben bonito vervos entrar no cole cheas de estrelas, con gafas enormes, con capas, vestidos de branco e negro e con gorros moi orixinais! Grazas pola vosa participación e creatividade!!!

Premendo aquí podedes ver todas as fotos desta semana.
 

Apertas e FELIZ ENTROIDO!!!! Vémonos o próximo xoves, 3 de marzo!

Rosiña

xoves, 18 de febreiro de 2021

ENTROIDO 2021

Hoxe escríbovos para contarvos como celebramos o Entroido neste curso tan diferente... Xa que
decidimos non disfrazarnos coma en anos anteriores, quixemos que o Meco presidira o corredor do colexio cos seus mandadiños, de tal xeito que nos fixera lembrar que esta é unha época para ver as cousas con algo de humor, que tamén é necesario. Se premedes sobre a imaxe, podedes ver todas as fotos que fixemos ao longo da semana.

O mércores, ademais, visitounos Pedro Brandariz, quen nos entretivo cunha sesión de "Contos Choqueiros" para todo o centro. Se premedes aquí veredes as fotos.

E, para despedir o Entroido, esta mañá queimamos o Meco despois do recreo, dando así por finalizada unha das festas tradicionais máis destacadas da nosa comunidade. Podedes ver as imaxes premendo aquí.

Unha aperta,

                  Rosiña.

venres, 23 de outubro de 2020

EN EDUCACIÓN INFANTIL FALAN DE DISFRACES EN "RADIO ROSIÑA"

O curso pasado adicamos o proxecto documental integrado ás aves, e debido á suspensión de clases no mes de marzo, quedaron algunhas cousiñas pendentes de facer ou de rematar. Este foi o caso de Educación Infantil, quenes se disfrazaron de pavos reais para celebrar o Entroido. En "Radio Rosiña" emitimos varios programas adicados aos disfraces, pero este grupo non puido rematar a súa gravación naquel momento, así que aproveitaron estes días de regreso ás nosas actividades presenciais para facelo. E quedoulles así de chulo!!! Escoitade, escoitade:

 




luns, 9 de marzo de 2020

1º E 2º FALAN DE DISFRACES EN "RADIO ROSIÑA"

Pingüíns emperador na Antártida.
Ao igual que fixeron os grupos de 3º, 4º, 5º e 6º, tamén en 1º e 2º visitaron "Radio Rosiña" para emitir un programa especial falando dos disfraces que elixiron para o desfile de Entroido deste curso: pingüíns!!! Sobre estas aves tan interesantes podedes aprender moitas cousas se escoitades o seguinte podcast:


NORABOA A TODAS E TODOS!!!

luns, 2 de marzo de 2020

5º E 6º FALAN DE DISFRACES EN "RADIO ROSIÑA"

Parella (femia e macho) de lavancos reais.
Rematado o Entroido, en "Radio Rosiña" comezamos a gravar os programas nos que explicamos os motivos polos que eliximos o disfraz que luciu cada un dos grupos do cole. En 5º e 6º facíalles especial ilusión o dos patos, partindo do coñecidísimo conto "O patiño feo". Pero a partir de aí, ademais de recortar e pegar un montón de plumas no seu disfraz, descubriron outras moitas cousas sobre estas coñecidas aves, que quixeron contarnos neste programa adicado ao Entroido: "Os disfraces de Rosiña". Aquí vos deixo o podcast, no que participaron todas as nenas e nenos de 5º e 6º: Joel (presentador), Paula Barcia, Nerea, Alejandro, Brais, Miguel, Samuel, Ramiro, Alba, Andrea, Paula López (nos micrófonos), Jorge Lema e Jorge Otero (nos micrófonos e no control técnico). NORABOA!!!


xoves, 27 de febreiro de 2020

QUEIMA DO MECO

Despois das festas do Entroido, o primeiro día tamén lle damos a despedida ao Meco. E iso foi o que fixemos esta mañanciña no cole: queimar o Meco. Ademais, como o día do desfile de Entroido non quedou tempo para realizar o xogo das piñatas que mercara a ANPA, tamén aproveitamos hoxe para facelo. Premendo sobre a imaxe podedes ver todas as fotos.

O Meco foi queimado no patio do cole.

venres, 21 de febreiro de 2020

DESFILE DE ENTROIDO 2020

Este curso puidemos desfrutar dun estupendo día para celebrar o Entroido, e é que o bo tempo sempre axuda a pasalo ben!!! Por este motivo, en canto chegamos ao centro comezamos a transformarnos en paxaros diferentes que ían enchendo de vivas cores cada un dos recunchos do cole.
De Infantil ían saíndo pavos reais azuis e verdes, que se movían con moitísima elegancia:

Infantil de 3 anos.
Infantil de 4 e 5 anos.
En 1º e 2º disfrazáronse de pingüíns, que moi mal o tiveron que pasar co pouco habituadas que están estas aves ás altas temperaturas:

1º e 2º de Primaria.

En 3º e 4º elixiron o cisne, e así de guapos e guapas desfilaron polo pobo:

Os cisnes de 3º e 4º de Primaria.
En 5º e 6º encheron os seus corpos con plumas que semellaban as dos patos, representando a historia do patiño feo:

Os patiños e patiñas de 5º e 6º.
As mestras e mestres tamén se sumaron á festa, disfrazándose co seu grupo de nenos e nenas ou de observadores de aves. E houbo tamén un grupo de mamás que apareceron lucindo as súas plumas así de espectaculares:

Estupendas as ideas destas nais, que non quixeron perderse a festa do Entroido.
Despois do paseo polo pobo, regresamos ao cole, onde contamos a todas as persoas que nos acompañaron algunhas cousiñas dos nosos disfraces: características desas aves, motivos polos que o eliximos, etc. Pronto poderedes escoitalo tamén en "Radio Rosiña"!!! E a continuación cantamos a canción que preparamos para esta ocasión: coa música da coñecida "A saia da Carolina", fixemos unha versión na que os nosos disfraces eran os protagonistas, e que acompañamos con instrumentos (turutas, pandeiretas e guitarras). 

E o resto do tempo pasámolo degustando no comedor as sobremesas que xenerosamente aportaron as familias dos nenos e nenas do cole: orellas, filloas, flores, biscoitos, rosquillas..., ao tempo que compartimos conversas, risas, fotos...  Pasámolo moi ben e esperamos que levedes todas un bo recordo desta festa que tanto nos gusta!!! Premendo AQUÍ podedes ver todas as fotos da xornada.

Vémonos o vindeiro xoves, 27 de febreiro!!!! 
BO ENTROIDO!!!!!
 







xoves, 20 de febreiro de 2020

OS MANDADIÑOS DO MECO

O Meco foi deixando os seus mandadiños para esta semana de Entroido. E todas as persoas participastes con orixinalidade desta actividade previa ao desfile de Entroido. Para ver as imaxes, premede sobre a foto:

A semana arrancaba con plumas na cabeza, como estas que amosan na clase de 4 e 5 anos.
Mañá celebraremos o desfile de Entroido, no que esperamos recibir tamén a compañía das persoas da comunidade que queiran e poidan acompañarnos; agardámosvos!!!

venres, 14 de febreiro de 2020

OS MANDADIÑOS DO MECO

Hoxe escríbovos para anunciar a próxima celebración no cole: o ENTROIDO!!! E para iso contamos coa presenza do Meco, que nesta ocasión ademais chegou acompañado do papá de Sofía, unha das rapaciñas da clase de 3 anos, quen se encargou de darlle a forma que despois foi cuberta con roupa e palla. Moitas grazas, Adrián!!! O Meco pasará a vindeira semana no corredor do cole, anunciando os mandadiños para cada día, pero como sei que vos fai moita ilusión participar nestas propostas propias do Entroido, este curso decidín que era moito mellor anunciárvolas todas para que poidades ir preparándoas. Aínda así, lémbrovos que non é necesario que merquedes nada, no cole ou na casa podedes aproveitar cousas que poden ser reutilizadas... 
Aquí vai o primeiro mandadiño, que teredes que traer o vindeiro luns, 17 de febreiro:

 
Para o martes, 18 de febreiro, o Meco preparou o seguinte:
O mércores, 19 de febreiro, o mandadiño é este:
O último mandadiño é para o xoves, 20 de febreiro:
Xa vos decatastes que están todos relacionados coa temática deste curso, non? Ao final aínda acabaremos voando de verdade!!!! Unha aperta e ata o luns, que nos veremos cunha pluma na cabeza!!!!

luns, 11 de marzo de 2019

QUEIMA DO MECO PARA DESPEDIR O ENTROIDO

Momento da queima do Meco.
Coa queima do Meco despedimos o Entroido. Esta celebración, que adoita ter lugar o mércores de cinza, no cole sempre é aprazada debido ás vacacións. Nesta ocasión, ademais, tampouco puidemos facelo ao regreso das mesmas debido á chuvia do xoves e á convocatoria de folga do Día da Muller. Por ese motivo, esperamos ata hoxe para xuntarnos no patio do cole e facer a queima do Meco durante a tarde. 
Premendo sobre a imaxe podedes ver todas as fotos!!!


sábado, 2 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019

Rematamos a nosa festa do Entroido!!! Agora quedan uns días para pasalo estupendamente coas nosas familias e amigos/as, percorrendo os distintos lugares nos que se celebra unha das nosas festas preferidas. Espero que o pasedes tan ben coma o pasamos no cole, entre disfraces, comidas típicas e parladoiros nos que o sorriso sempre estea presente!!!
Moitísimas grazas por compartir connosco esta xornada e por colaborar na súa celebración!!! Premede sobre calquera das seguintes imaxes para ver todas as fotos do noso Entroido científico:

Científicas e científicos de Infantil
En 1º e 2º convertéronse en instrumentos propios dun laboratorio profesional
O equipo de meteoroloxía do cole saíu de 3º e 4º
Donald Trump e Vladímir Putin capitaneaban aos e ás astronautas de 5º e 6º
A mami máis entroideira sempre deixa o listón moi alto 
O momento das piñatas sempre é unha alegría
E as sobremesas que achegastes todas as familias estaban exquisitas!
Vémonos o próximo xoves, 7 de marzo!!!!

sábado, 23 de febreiro de 2019

MANDADIÑOS DO MECO

Durante a semana andiven tan apurada que esquecín un detalle moi importante: os mandadiños do Meco!!! O vindeiro venres celebramos o Entroido e eu aínda pensando que quedaba máis tempo!!! Xa sei que vos avisou o profe David o venres pola tarde, pero por se alguén anda despistado, lembrade que o luns temos que levar unha perruca na cabeza. Decidide vós que tipo de perruca se asemella máis á dun científico, porque o mandadiño dicía así:

SE UN XENIO QUERES PARECER

O LUNS UNHA PERRUCA HAS DE TRAER.

luns, 19 de febreiro de 2018

DESPEDIDA DO ENTROIDO

Este ano o Meco despediuse de nós disfrazado de Donald Trump, o presidente dos Estados Unidos desde o ano 2017. Para algunhas das persoas do cole era a primeira vez que asistían á "Queima do Meco", así que as caras de sorpresa estiveron presentes en moitas delas.

Despois celebramos o xogo das piñatas, que quedara pendente da xornada adicada ao Entroido. E pasástelo realmente ben, non si? 

Para ver todas as fotos premede AQUÍ. 


venres, 9 de febreiro de 2018

ENTROIDO 2018

Aquí está o desfile do exército de panos de San Cosme de Antes!!! Pasámolo de marabilla e desfrutamos moito coas persoas que nos acompañaron nesta celebración. Moitas grazas a todos os familiares que se achegaron ao cole nesta húmida mañá e tamén a Marcos por acompañarnos tocando a marcha xunto co profe Óscar, axudando a que os nosos pasos foran máis acompasados dentro do cole e de camiño ata o "Pegho", onde tivemos que dar a volta debido á chuvia. 
 
No comedor, axudados polas nosas cociñeiras Lourdes e Mariví, así como por José, o noso súper-conserxe, colocamos todas as sobremesas que achegastes as familias dos nosos rapaces e rapazas, facendo que as conversas estiveran acompañadas de sabores doces e típicos desta festa que tanto nos gusta.

Premendo AQUÍ podedes ver as fotos desta mañá.

xoves, 8 de febreiro de 2018

O ENTROIDO ESTÁ CHEGANDO...

Si!!! Xa se nota que está a punto de celebrarse unha das nosas festas preferidas... Esta semana xa puiden comprobar que cada día tratades de ter en conta o "mandadiño do Meco"... E que incluso preparastes a marcha para desfilar mañá!!!! Carai, vós si que sodes profesionais: "esquerda, esquerda, esquerda-dereita-esquerda"; aínda me parece que vos estou escoitando o ensaio que fixestes no patio esta mañá!!!

Seguro que tamén vós estades desexando ver as fotos que recollen parte do que pasou estes días, non? Pois só tedes que premer AQUÍ.

 

mércores, 31 de xaneiro de 2018

CHARLA SOBRE O ENTROIDO

Ai, rapaciños, que pouco falta para o Entroido!!! E nós cos disfraces aínda sen rematar... Para animarnos e explicarnos un pouquiño máis sobre a recuperación do tradicional Entroido de Arcos, esta mañá visitáronnos Suso Jurjo e o Sr. Leiro. A través dunha pequena charla, fotografías e vídeos, descubríronnos interesantes datos sobre o disfraz que levaremos este curso: o exército de panos.  

Premendo AQUÍ podedes ver todas as fotos que fixemos na biblioteca.


sábado, 20 de xaneiro de 2018

PREPARANDO O ENTROIDO

Esta semana entrei na sala de profes e enriba da mesa atopei un sombreiro cargado de adornos que tiven que probar nada máis velo!!! Encantoume!!! Penso que vós aínda non tivestes a oportunidade de velo, pero xa a vindeira semana volo ensinarán as mestras e mestres do cole. Xa que este ano estamos traballando o tema do turismo e o patrimonio, así como participando no proxecto "Mirando polo Camiño", pensamos que era unha boa idea participar na recuperación dun dos Entroidos máis importantes do concello de Mazaricos. Trátase do Entroido de Arcos, do cal nos informamos a través de traballos de investigación de Suso Jurjo. Está formado principalmente por tres grupos: o exército dos panos, o coro dos vellos e o coro dos cegos. O exército dos panos era o grupo máis numeroso. Ían vestidos de branco, calzados con botas de cana alta e con varios panos nos ombros, cruzando o torso; nos pulsos prendían outros panos máis pequenos a modo de brazaletes. Levaban a cara descuberta e na cabeza un tocado moi vistoso, feito de cartón e adornado con plumas e pequenas xoias. Todos ían armados de espada.
Á fronte estaba o abandeirado, seguido polo xeneral, normalmente montado nun cabalo. Regardando ao xeneral, unha parella de gardas civís. Despois, o groso do exército. Primeiro desfilaban e seguidamente facían unha serie de movementos para rematar en rolda; algúns cantaban e tocaban a pandeireta, acompañando ao bailador e á bailadora.

Parece que a orixe destes desfiles militares está nas guerras napoleónicas de comezos do século XIX; hai que ter en conta que durante a Guerra da Independencia, Mazaricos enfrontouse aos franceses na Batalla de Ponteolveira.

A idea, pois, é disfrazarnos do exército dos panos. A proposta, que casualmente tamén fan dende o concello, levarase adiante nos tres centros do concello, que invita a participar o sábado de Entroido nun desfile en A Picota. Pero, antes diso, teremos que preparar os nosos traxes para o vindeiro 9 de febreiro!!!!
 
Aquí vos deixo algúns documentos para que aprendades moito máis sobre esta tradición que non debemos perder: 

-Para ver o vídeo "O Exército dos Panos volverá desfilar no Entroido de Mazaricos" preme AQUÍ.
-Para ver o vídeo "Mazaricos despide o Entroido co desfile do Exército dos Panos" preme AQUÍ.
-Para ver fotos e información sobre o Entroido de Arcos, preme AQUÍ.
-Para ler a noticia "Arcos recupera el viejo entroido", preme AQUÍ.






venres, 10 de marzo de 2017

DESPEDIMOS O ENTROIDO

Coa queima do Meco rematamos a celebración dunha festa con maior tradición no noso país: o Entroido!!! Ata o ano que vén!!!

Podedes ver as fotos premendo AQUÍ.