![]() |
| A exposición do sistema solar de 3º e 4º está instalada na entrada do cole. |
![]() |
| Entrando no sites do proxecto, no apartado Traballos realizados polo alumnado atoparedes todo o presentado relacionado co proxecto deste curso. |
![]() |
| A exposición do sistema solar de 3º e 4º está instalada na entrada do cole. |
![]() |
| Entrando no sites do proxecto, no apartado Traballos realizados polo alumnado atoparedes todo o presentado relacionado co proxecto deste curso. |
Boa tarde!!!!
Hoxe estou aquí para contarlle a todo o mundo o moito que nos divertimos esta mañá na nosa biblioteca. O responsable de tanta gargallada foi Mario, un rapaz que traballa na compañía de teatro "A Xanela do Maxín" e que hoxe acompañou a Toupiña ata San Cosme, onde se transformou no seu axudante. Por una anaco, a biblioteca transformouse nun laboratorio moi interesante onde nos quedou moi claro o importante que é ler para descubrir cousas fantásticas, para investigar e mesmo para realizar experimentos, xa que se non o facemos corremos o risco de ocasionar algúns problemiñas, verdade?
Aquí vos deixo as imaxes desta sesión na que tanto desfrutaron os grupos de Infantil e Primaria:
| Toupiña e Mario demostraron ser unhas expertas en ciencia. |
Rosiña
Ola, amigas e amigos!!!
O título da noticia de hoxe é tamén o dun libro do físico e divulgador científico Jorge Mira, quen nos visitou esta mañá. Jorge, apaixonado do universo, falou con nós sobre os tamaños dos planetas que forman o sistema solar, comparando uns con outros, así como coa estrela máis grande arredor da cal xiramos: o Sol. Ademais de falar dos seus tamaños, Jorge tamén quixo axudarnos a imaxinar as enormes distancias que hai entre uns planetas e outros, así como entre os planetas e o Sol. Para iso, saímos ao patio do cole, e representando ao Sol cunha laranxa, comezamos a medir -coa axuda dun metro- a separación á que estarían Mercurio, Venus, a Terra, Marte, Xúpiter, Saturno e Urano. Neptuno xa non foi posible situalo, xa que teriamos que saír á estrada xeral.
| Con Jorge Mira despois da nosa viaxe espacial. |
Foi unha conversa moi entretida e interesante, xa que non é doado imaxinar o enorme que é o universo, e a pouquiña cousa que representamos nós dentro desa inmensidade. Para reflexionar... Moitísimas grazas, Jorge, por adicarnos parte desta mañá na túa apretada axenda.
Unha aperta,
Rosiña
OLA, XENTIÑA!!!
Que tal estades? Eu hoxe con moitas ganas de compartir con
todas vós a excursión que fixemos o venres, 13 de maio. Aínda que todo o
cole viaxou ata A Coruña, non todos os grupos fixeron as mesmas actividades,
así que cóntovos...
O alumnado de 5 anos visitou o Planetario, na Casa das
Ciencias, xa que non puideran asistir na ocasión anterior. Ao rematar, foron co
outro grupo de Infantil e o de 1º e 2º de Primaria para visitar o Acuario, no
que o mundo mariño os tivo hipnotizados/as durante o tempo que alí
pasaron.
![]() |
| No acuario ninguén quería perder detalle das explicacións. |
Pola súa parte, os grupos de 3º a 6º de Primaria asistiron a un concerto no Palacio da Ópera, no que a Orquestra Sinfónica interpretou algúns dos temas máis coñecidos das películas de Walt Disney. Seguindo a trama ideada por Víctor Grande, con intervencións dunha parella de solistas e un coro, desfrutaron, cantaron e mesmo bailaron ao son de "O rei león", "Vaiana" ou "Coco". Ao rematar, foron camiñando ata o Castelo de San Antón, e desde alí desprazáronse en autobús ata o monte de San Pedro.
![]() |
| Ao rematar o concerto, os grupos de 3º a 6º camiñaron ata o Castelo de San Antón. |
Despois de xantar, regresaron para San Cosme, con moitas cousiñas para contar esta fin de semana!!!
Unha aperta,
Rosiña
| O alumnado de 3º e 4º coa profe Alba. |
| Premede aquí para ver os cadros destas artistas un a un. |
Comezamos a semana con dúas xornadas adicadas á ciencia! Para iso, viñeron ao cole Suso e Amparo, as persoas que forman "Ciencia en movemento" e que xa coñecemos de cursos anteriores. Nesta ocasión, trouxeron varias propostas relacionadas co universo, xa que é o tema sobre o que estamos centrándonos este ano. O luns asistiron ao mesmo o alumnado de 3º a 6º de Primaria, e o martes tocoulle a quenda ás aulas de Infantil e 1º e 2º de Primaria.
A través das fotos podedes lembrar todo o que nos contaron sobre o sistema solar, algunhas curiosidades dalgúns planetas, as fases da lúa, a importancia dos avances científicos para coñecer o espazo, etc. E tamén houbo tempo para realizar algún experimento moi interesante.
| O alumnado de 5º e 6º atendendo ás explicacións de Suso. |
| Julia amosando o seu experimento. |
Moitísimas grazas a Suso e Amparo por achegarnos, unha vez máis, todos estes interesantes contidos.
Apertas,
Rosiña
Esta mañá recibimos no cole a Pau, que chegou desde Xixón co seu planetario inchable para amosar ao alumnado de Infantil e Primaria varias películas sobre o Universo e o noso planeta. Ao rematar os filmes, Pau proxectou tamén varias imaxes de estrelas, constelacións e planetas, mentras ía contando aos nenos e nenas algunhas das súas características.
Como remate da actividade, fixemos un obradoiro de astronáutica no patio, onde todo o alumnado lanzou un foguete con toda a súa forza, ademais de realizar un xogo sobre o sistema solar.
Seguro que non esquecedes todo o que aprendestes esta mañá. Para recordar algúns momentos, premede na imaxe:
| O alumnado de Infantil lanzando con forza un foguete. |
Unha aperta,
Rosiña
Ademais da imaxe da noticia escrita, aquí vos queda o enlace para que escoitedes tamén o programa de radio:
En hora boa polo traballo, rapaciñas e rapaciños!!!
Apertas,
Rosiña
A actividade desta xornada tamén estivo centrada nas mulleres, nesta ocasión relacionándoa tamén co proxecto deste curso. Por ese motivo, contactamos con Josefina Ling, unha experta en astronomía. Josefina estivo contándolle ao alumnado do cole como comezou a interesarse por este tema tan fascinante e explicándolles en que consistía o seu traballo no Observatorio Astronómico Ramón María Aller (Santiago de Compostela), centrado na observación das estrelas dobres. Confesounos a súa emoción cando descubriu unha destas estrelas, na constelación de Casiopea, que agora leva o seu nome: Ling 1. Falounos tamén dalgunhas das vidas de grandes astrónomas, como Carolina Herschel, Jocelyn Bell ou a galega Antonia Ferrín Moreiras, que forman parte da exposición que podedes visitar no noso cole durante esta semana, que foi coordinada pola propia Josefina Ling.
| O alumnado de 3º a 6º con Josefina na entrada da biblioteca. |
Premendo sobre a imaxe podedes ver o resto das fotografías.
Unha aperta,
Rosiña
Ola, xentiña querida!!!
Como foron as vacacións de Nadal? Desfrutastes das festas? Espero que o pasarades moi ben e que hoxe veñades ao cole tan contentas coma min pero, sobre todo, con moitísima saúde!!! Temos que seguir coidándonos moito e tendo en conta as indicacións que nos dan as persoas que máis entenden de enfermidades e pandemias, así que moitísimo ánimo!!!
Para comezar con un chisquiño de alegría, hoxe que ademais é o Día Mundial das Aves, aquí vos traigo o calendario que me axudaron a preparar os Reis Magos para que levedes para os vosos fogares. Nel atoparedes as imaxes que realizastes nas aulas durante o 1º trimestre, así que seguro que vos fai moita ilusión que vos acompañen ao longo deste ano!!! Podedes velo tamén premendo aquí.
Unha aperta enorme,
Rosiña
Ola a todas!!!
Comezaron as vacacións de Nadal, pero non por iso o noso blog está inactivo. Todo o contrario, xa que sei que o visitaredes para lembrar moitos dos momentos que celebramos no cole, ou para descubrir cousas ben interesantes como esta que nos conta o alumnado de primaria.
Como sabedes as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) son un dos sectores máis importantes na actualidade, pois permiten unha comunicación eficiente, rápida e clara, favorecendo sectores vitais como a educación, a saúde ou a economía.
A inmensa maioría dos traballos actuais requiren algún grao de coñecemento destas tecnoloxías aínda que, segundo a Comisión Europea, só o 30% do sector TIC está formado por mulleres.
Por esta razón, este curso o alumnado de educación primaria está a participar no programa “Rapazas emprendedoras nas TIC” do Plan Proxecta+. Este ten como obxectivo principal fomentar o uso das TIC no alumnado e no resto da comunidade educativa, poñendo especial atención no rol das nenas, rapazas e mulleres como referentes do sector e como creadoras de contidos.
Entre as actividades que realizaron está este vídeo no que as nenas e nenos de 3º a 6º nos explican aspectos relacionados co ámbito científico-tecnolóxico (que tamén inclúe o outro proxecto que estamos a desenvolver no cole: o Universo) e con este proxecto (que é o emprendemento, que son as TIC…).
Tamén asistiron a unha charla virtual sobre ciberseguridade enmarcada dentro do ciclo de conferencias “Educación século XXI” de Afundación TV.
| Bernardo Viqueira explicou ao alumnado como enfrentarse aos dispositivos dixitais que manexamos diariamente. |
| Bernardo é "hacker" e deu consellos sobre como mellorar as nosas condicións de seguridade ante ese tipo de dispositivos. |
Por último, entre todo o alumnado de primaria gravaron un “Rosiñapalabra” con palabras do “A” ao “Z” relacionadas co campo da ciencia e da tecnoloxía.
En hora boa por este traballo tan completo e interesante, ademais de moi necesario!!!
Agardo impaciente as vosas novidades a partir de xaneiro, que sei que nos ensinarán moitísimo a todas as persoas que visitan o noso blog.
Aperta enorme,
Rosiña
Regreso agora cunha novidade máis!!! En Educación Infantil tamén queren ensinarnos o moito que saben de paxariños, así que aquí vos deixo esta interesante recollida que, a modo de diario, fixeron durante o tempo que estivemos confinadas na primavera de 2020 e que titularon "Libro de paxaros". Despois deste curso, agora xa saben moitísimo máis, pero este traballiño ben é merecedor dun forte aplauso, porque lles quedou realmente fermoso...
Quero lembrarvos que, ao ser do curso 2019-2020, algunhas das súas páxinas están realizadas por nenos e nenas que xa están en 1º de Primaria, así que non volo perdades....
Premede sobre a imaxe para atopar algunhas das aves que viven no noso entorno:
![]() |
| O "Libro de Paxaros" de Infantil |
Apertas,
Rosiña
Ola de novo!!!
Como xa sabedes, entre as actividades realizadas durante este curso estaba un pasapalabra que nós chamamos "Rosiñapalabra", que fixeron nas aulas de Primaria e gravaron en tres vídeos que podedes atopar no blog. O de 3º e 4º, centrado nas aves que viven preto da auga, vai acompañado deste traballo escrito no que participaron todas as nenas e nenos desa aula. Seguro que queredes velo, así que aquí volo deixo:
![]() |
| Preme aquí para coñecer esta magníficas aves |
Apertas!
Rosiña
Como moitas de vós xa sabedes, os Obxectivos de Desarrollo Sostible son as metas que varios países pretenden acadar para o ano 2030. En 5º e 6º, nas clases de Valores, pensaron que podían unilo ao tema das aves, e fixeron un traballiño que acaba de saír da imprenta... Nel recollen cada un deses obxectivos e tamén unha ave que, por algunha das súas características, ensínanos que é posible conseguilo. Se queredes velo non tedes máis que premer na imaxe:
![]() |
| As aves, unha salvación ao noso planeta. |
En hora boa a Mai e Ramiro, de 5º e 6º de Primaria, que se esforzaron moito nesta tarefa.
Apertas,
Rosiña
Ola!!!
A última semana do curso entregamos o nº 33 da revista "O Sancosmeiro", que recolle moitas das actividades que realizamos ao longo do curso. Xa sei que a tedes nas vosas casiñas, pero tamén vola deixo aquí, para que poidan lela outras persoas que non teñan acceso a ela:
![]() |
| Sancosmeiro 33 |
E a guía de lectura na que aparecen novidades que podedes ler durante estes meses de vacacións:
![]() |
| Guía de lectura |
Unha aperta enorme,
Rosiña
Ola!!!
Aquí chega o último programa de "Rosiñapalabra" adicado ás aves. Nesta ocasión, realizado polo alumnado de 5º e 6º, que tamén vos queren animar a xogar a este entretido xogo no que estamos aprendendo moito vocabulario. Coñecedes todas as aves terrestres das que falan as rapazas e rapaces de 5º e 6º? Imos alá!!!
Rosiña
Ola!!!
Que tal estades? Estamos xa na recta final e chegan os últimos traballiños das aulas, onde estivestes aprendendo moitísimo sobre as aves. Vistes o programa "Rosiñapalabra" de 3º e 4º? Acertastes moitas palabras? Seguro que si!!! Pois hoxe tráigovos un novo programa, nesta ocasión realizado polo grupo de 1º e 2º, a través do cal descubriredes moito vocabulario relacionado co mundo da ornitoloxía. Animádesvos a participar? Pois dádelle ao play!!!
Unha aperta,
Rosiña
Rosiña
Hoxe foi o "Día Mundial dos Cirrios", unhas das aves máis fascinantes que tamén podemos atopar nesta zona a partir da primavera, xa que é unha ave que migra no outono, para pasar o inverno en África. Sorprende a cantidade de tempo que poden pasar no aire sen pousarse, xa que excepto para aniñar, o seu ciclo vital desarróllase en voo. Incluso durmen no aire!!! Así nolo contou a bióloga Elia Pérez Taboada ("Puertas Afuera Comunicación Medioambiental"), unha rapaza que nos veu falar hoxe sobre algunhas das aves coas que compartimos territorio, ao tempo que escoitamos o canto dalgunhas delas: o "chi-chi-pán" do ferreiriño real, a risotada do peto verde, o enigmático son da curuxa ou o peculiar canto da avenoiteira foron algúns deles.
Pero Elia tamén nos amosou materiais moi interesantes, algúns dos cales nunca tiveramos a oportunidade de observar: plumas de peto real, de curuxa, niños de aves paseriformes (que coñecemos como paxaros), pero tamén cranios moi diferentes e incluso egragópilas!!!
Ademais, Elia tamén nos amosou algunhas das amezas coas que poden atoparse as aves no noso concello e noutros lugares de Galicia. Entre eles: os cambios que realiza o ser humano na paisaxe, eliminando a natureza que nela se atopaba (estradas, autovías, minas, etc.), os tendidos eléctricos de alta tensión, as plantacións en grandes superficies que acaban coa biodiversidade do lugar, o uso de elementos químicos que poden ser moi perigosos (insecticidas e praguicidas de diferente tipo), a acumulación de lixo en zonas nas que non se xestiona (preocupa moito o plástico pero son moitos os desperdicios que poden influír negativamente nos animais), etc.
![]() |
| Elia é unha namorada das aves e as bolboretas. |
Foi unha actividade moi interesante na que desfrutamos moito con Elia, ademais de aprender un montón de cousiñas moi importantes e necesarias para coidar a nosa natureza. Moitísimas grazas por todo, Elia!!!
Unha aperta,
Rosiña
![]() |
| A noticia maquetada polo alumnado. |