Aquí tedes o seu traballo:
Amosando publicacións coa etiqueta bosques b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta bosques b>. Amosar todas as publicacións
luns, 4 de xuño de 2012
PROXECTO DE INGLÉS
Os rapaces e rapazas estiveron aprendendo unha chea de vocabulario en inglés relacionado co tema dos bosques. Para elo inspirándose nas investigacións que xa estaban realizando nas aulas, dedicáronse a aprender vocabulario relacionado: co lobo, cos mamíferos, cas aves, cos insectos e coas árbores que viven nos bosques, cos beneficios e a protección dos bosques.Do you speak english?
Aquí tedes o seu traballo:
Aquí tedes o seu traballo:
Etiquetas:
bosques,
inglés,
proxectos documentais,
Sementando bosques de palabras
domingo, 3 de xuño de 2012
PROXECTO: OS BENEFICIOS DOS BOSQUES
Os de 6º para o seu proxecto de investigación, decidiron profundizar sobre os Beneficios que teñen os bosques e documentáronse acerca de beneficios directos e indirectos, urbanos e rurais, os productos dos bosques, as plantas medicinales e a producción do papel. Mirade canto aprenderon aquí ou localizade o seu proxecto na biblio!
Etiquetas:
bosques,
proxectos documentais,
Sementando bosques de palabras
PROXECTO: CONSERVA O NOSO BOSQUE
Os de 5º estaban moi preocupados pola conservación dos nosos bosques así decidíronse a investigar sobre este tema. Despois de recoller información, seleccionala, reelaborala e maquetala ilustraron e montaron este interesante proxecto que estará á vosa disposición aquí e tamén na biblioteca. Falan de incendios, de contaminación, de desertización, de agricultura ecolóxica, e incluso do noso composteiro... Os expertos da protección dos bosques pronto nos explicaran o seu traballo a todo o resto do alumnado do centro. Esperamos con ansiedade a vosa ponencia!
Etiquetas:
bosques,
proxectos documentais,
Sementando bosques de palabras
PROXECTO: ÁRBORES
En 3º quixeron saber máis sobre as árbores dos bosques galegos así que puxéronso mans á obra e remataron este impresionante proxecto de investigación. Coñecedeas todas? Se tedes algunha dúbida podedes consultala con estes grandes expertos. O seu traballo estará dispoñible na biblioteca:
E como son tan traballadores tamén elaboraron este Herbario tan completo que nos deixou abraiados! Noraboa rapaces por este estupendo traballo!
Etiquetas:
árbores,
bosques,
proxectos documentais,
Sementando bosques de palabras
PROXECTO: INSECTOS
En 4º curso investigaron sobre os insectos. Buscaron información na biblioteca, trouxeron libros da casa, buscaron en internet... Aquí tedes o seu proxecto!! Buscadeo na nosa biblio se queredes velo mellor e xa veredes cando ides aprender!!
Etiquetas:
bosques,
insectos,
proxectos documentais,
Sementando bosques de palabras
PROXECTO: AS AVES
En 2º curso encántanlles as aves e
decidiron que o seu Proxecto Documentais titularíase así: AS AVES.
Puxéronse mans á obra e investigando, investigando... mirade que morea de cousas aprenderon destes animais que tanto alegran o bosque cos seus cantos !
Puxéronse mans á obra e investigando, investigando... mirade que morea de cousas aprenderon destes animais que tanto alegran o bosque cos seus cantos !
Eles son uns expertos, queredes selo vos
tamén???
Pois lede o seu traballo con detenimendo e xa
veredes cantas cousas ides aprender!
Etiquetas:
aves,
bosques,
proxectos documentais,
Sementando bosques de palabras
PROXECTO: MAMÍFEROS DO BOSQUE
En 1º temos uns verdadeiros expertos en
MAMÍFEROS DO BOSQUE.
Levaron a cabo unha laboriosa investigación
sobre os mamiferos que viven no bosque e que lles chamaban máis á
atención. Estamos seguros de que os coñecedes a todos pero non sabiades tanto deles como os nosos pequenos investigadores.
Podedes consultalo aquí pero lembrade que
estará dispoñible na nosa biblioteca.
Etiquetas:
bosques,
mamíferos,
proxectos documentais,
Sementando bosques de palabras
PROXECTO: LOBO
Todos os grupos-clase participaron no Proxecto Integrado de este ano: "Sementando bosques de palabras" realizando un pequeno proxecto de investigación.
Os alumnos de Infantil levan varios meses
investigando sobre OS LOBOS. Recolleron unha chea de
información, seleccionáronna e con ela elaboraron e editaron un fermoso libro
que a partir de agora estará dispoñible para todos vos na biblioteca. Queredes
ver o seu traballo??? Pois aquí o tedes:
Agardamos con impaciencia o día en que os seus autores nos expliquen todo o que eles aprenderon sobre os lobos. Xa
veredes!! Son uns auténticos expertos en lobos!!!!
Etiquetas:
bosques,
lobos,
proxectos documentais,
Sementando bosques de palabras
domingo, 22 de abril de 2012
ACTIVIDADE LIM SOBRE OS BOSQUES
Dentro do noso Proxecto Integrado "Sementando bosques de palabras", preparamos esta actividade interactiva que presentamos a todo o alumnado de 2º e 3º ciclo co obxectivo de coñecer mellor os bosques. Trátase dunha actividade LIM que permite xogar directamente se ter que baixar ningún programa ao noso ordenador.
Pinchas na pantalliña pequena da esquina superior dereita para xogar a pantalla completa.
Esperamos que aprendades moito con ela e sobre todo que a disfrutes!!
Pinchas na pantalliña pequena da esquina superior dereita para xogar a pantalla completa.
Esperamos que aprendades moito con ela e sobre todo que a disfrutes!!
Etiquetas:
bosques,
LIM,
Sementando bosques de palabras
sábado, 24 de marzo de 2012
IMAXES DA CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE E DO DÍA DA POESÍA
Por fin, tedes aquí as imaxes da celebración do Día da Árbore e da Poesía no noso cole!!!
Primeiro, podes ver as fotos do día que fomos a plantar castiñeiros a Eirón invitados polo Concello e co asesoramento dos técnicos do Distrito Forestal V. Viches que "juapos" saimos montados no camión moto-bomba??
Tamén podes ver as imaxes da celebración deste día no noso cole. Plantamos uns castiñeiros no patio do cole e lemos algúns poemas sobre as árbores lembrades???
E por último, cada un de nós escribiu a súa RAZÓN PARA PLANTAR UNHA ÁRBORE. Mira aquí a ver si ves a túa....
Primeiro, podes ver as fotos do día que fomos a plantar castiñeiros a Eirón invitados polo Concello e co asesoramento dos técnicos do Distrito Forestal V. Viches que "juapos" saimos montados no camión moto-bomba??
Tamén podes ver as imaxes da celebración deste día no noso cole. Plantamos uns castiñeiros no patio do cole e lemos algúns poemas sobre as árbores lembrades???
E por último, cada un de nós escribiu a súa RAZÓN PARA PLANTAR UNHA ÁRBORE. Mira aquí a ver si ves a túa....
Etiquetas:
bosques,
día da árbore,
día da poesía,
Sementando bosques de palabras
luns, 19 de marzo de 2012
Como plantar unha árbore
Mañá temos unha saída. Imos ir a plantar árbores. Castiñeiros, en concreto. Así que hai que investigar ben como se planta unha árbore.
A biblioteca, como a sempre, envíanos unha pequena axuda. Un texto coas instruccións para ser uns expertos plantadores de árbores e un vídeo que tamén nos pode axudar.
Etiquetas:
bosques,
sementado bosques de palabras
UN ENTROIDO NO BOSQUE
Este ano tivemos UN ENTROIDO NO BOSQUE. Pasámolo ben verdade??
Xa tedes á vosa disposición as presentacións de fotos do Entroido. Xa non é sen tempo verdade?? É que Rosiña andivo un pouco enfermiña e non lle dera tempo a preparalas.
Disfrutádeas!!! Estábades todos "juapísimos". Pincha no teu curso!!
Etiquetas:
bosques,
Entroido,
Sementando bosques de palabras
luns, 12 de marzo de 2012
O BOSQUE GALEGO
Dentro do Proxecto Integrado "Sementando bosques de palabras" no que estamos inmersos este ano, fai xa uns días recibimos unha sorpresa moi especial:
Chegounos, a través do correo electrónico, o enlace a este video, enviado por profesor de ensino secundario: JOSE ROBERTO FERNÁNDEZ. Foi el mesmo, xunto con outra compañeira MERCEDES CEBRIÁN, quenes dirixiron e elaboraron este fermoso vídeo.
Non os coñecemos, pero dende aquí queremos darlles a enhoraboa por un vídeo tan fermoso e especial para nós e agradecerlles o detalle de enviarnos o enlace.
Sacarémoslle moito partido, verdade rapaces???
Pinchade na imaxe para velo:
Etiquetas:
bosque,
bosques,
Sementando bosques de palabras
venres, 3 de febreiro de 2012
CHARLA "O MONTE VIVO"
Hoxe xoves, 2 de febreiro recibimos unha charla no centro titulada O MONTE VIVO no marco do proxecto LIFE “O monte vivo”, que promoven a Xunta, a Asociación Profesional de Silvicultores (SILVANUS) e a Asociación Sectorial Forestal Galega (ASEFOGA). Con esta iniciativa procurase, entre outros fins, fomentar a toma de conciencia da poboación en xeral e dos máis pequenos en particular sobre o necesario coidado, conservación e posta en valor da nosa riqueza forestal. O proxecto céntrase en concreto na redución do número de incendios no monte de orixe intencionada ou neglixente.
O programa LIFE é o instrumento financeiro da Unión Europea destinado a apoiar proxectos relacionados coa conservación da natureza e o respecto ao medio ambiente. Neste caso concreto, o proxecto “O monte vivo” ten como principal obxectivo cambiar determinados comportamentos da poboación en relación cos incendios forestais, mediante a participación activa e responsable dos cidadáns na protección dos bosques. E permitir, ao tempo, que tomen conciencia do seu uso sostible, contribuíndo á protección da biodiversidade, co fin último de acadar unha redución do número de lumes de orixe intencionada ou neglixente.
A campaña céntrase en incrementar a concienciación sobre os incendios forestais e a súa influencia sobre o equilibrio ecolóxico, as perdas que supón en canto diminución da biodiversidade, da capacidade produtiva do monte, da calidade das augas ou do ocio. Explícanse cales son as principais causas dos incendios, as medidas de prevención, a regulación do uso do lume e a necesidade da participación dos cidadáns na conservación do medio natural.
Concienciación
As accións que se levan a cabo dentro deste proxecto se centran en campañas para incrementar a concienciación, dirixidas por unha banda á poboación escolar dos centros educativos de Galicia, a través de actividades presenciais, traballos do alumnado con ferramentas web e a participación en concursos de debuxo e redacción, caso dos que se veñen de convocar agora.
As accións que se levan a cabo dentro deste proxecto se centran en campañas para incrementar a concienciación, dirixidas por unha banda á poboación escolar dos centros educativos de Galicia, a través de actividades presenciais, traballos do alumnado con ferramentas web e a participación en concursos de debuxo e redacción, caso dos que se veñen de convocar agora.
CHARLA: O monte vivo (Infantil + 1º, 2º e 3º de Primaria from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
CHARLA: O MONTE VIVO (4º, 5º e 6º curso) from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Etiquetas:
bosque,
bosques,
charlas,
semenatando bosques de palabras
xoves, 2 de febreiro de 2012
EXPOSICIÓN DE FONDOS SOBRE OS BOSQUES
Xa está preparada a Exposición de fondos relacionados coa temática do Proxecto Integrado de este ano "Semenando bosques de palabras": todos os libros relacionados cos bosques están agora polo corredor adiante para que disfrutedes de eles na Hora de Ler e tamén para elaborar eses Proxectos de Investigación que xa están comezando a desenvolverse nas aulas.
Etiquetas:
bosques,
exposicións de fondos,
Sementando bosques de palabras
domingo, 22 de xaneiro de 2012
Charla no noso cole: ACHEGAMENTO AO MUNDO DAS AVES
O pasado venres día 20 de xaneiro, veo a visitarnos FRAN BREA, un dos técnicos do CEM s.coop.galega: unha cooperativa pioneira no traballo profesional no ámbito da educación ambiental en Galicia.
Nós xa coñecíamos a Fran pois foi o noso guía o curso pasado cando visitamos a Lagoa de Baldaio dentro das actividades organizadas dende a biblioteca entorno a campaña "Mergúllate nun mar de libros". Podedes ver o vídeo da nosa excursión si pinchades na páxina da campaña.
Fran ofreceu aos rapaces de 2º a 6º curso e aos seus profes, unha charla sobre AS AVES que poblan os nosos bosques.
En principio ía a ser unha charla de hora e cuarto pero estabamos todos tan interesados no tema que, ao final, Fran falounos de paxaros durante dúas sesións e medio recreo. Foi todo un éxito!!
Os rapaces e rapaces estaban entusiasmados, e como son rapaces do rural galego, amosaron os coñecementos que xa tiñan sobre as aves.
Para que poidades lembrar sempre esta charla, ou se non poidestes asistir, ou se eres un papá ou mamá interesado en coñecer as cousas que aprende o teu fillo /a no cole, aquí vos deixamos os vídeos.
Queremos enviar dende aquí, un forte apreta a Fran polo seu bo facer e agracerlle a paciencia e o tempo que nos dedicou.
Etiquetas:
aves,
bosques,
charlas,
Sementando bosques de palabras
Charlas no cole: "OS NOSOS BOSQUES" e "DESCUBRINDO A NOSA NATUREZA"
O mércores 19 de Outubro recibimos no cole a unha técnica do CEM s.coop.galega: unha cooperativa pioneira no traballo profesional no ámbito da educación ambiental en Galicia. Esta especialista, que se chamaba Charo, ofreceu aos rapaces de 2º e 3º ciclo e aos seus profes, unha charla sobre OS NOSOS BOSQUES. A continuación, ofreceu outra charla titulada "DESCUBRINDO A NOSA NATUREZA" dirxida ao alumando de Educación Infantil e de 1º Ciclo de Educación Primaria.
1ª parte da Charla: "Os nosos bosques" CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
2ª parte da Charla:"Os nosos bosques" CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
3ª parte da Charla:"Os nosos bosques" CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Charla: " Descubrindo a nosa natureza" CEIP VÍCTOR SÁENZ from ceipvictorsaenz on Vimeo.
Envíamoslle dende aquí un saúdo á nosa amiga Charo. As súas explicacións foron para nós moi interesantes y agradecémolle moito a súa paciencia e agarimo.
Dende a nosa Biblioteca decidimos organizar esta charla dentro das actividades deseñadas en torno ao PROXECTO INTEGRADO deste ano: SEMENTANDO BOSQUES DE PALABRAS,proxecto este, que xira, como ven sabedes, en torno ao tema dos bosques.
Como xa fai un par de mesiños desta charla, colgamos os vídeos aquí para que os vexades e lembredes todo o que aprendimos aquel día sobre os bosques.
1ª parte da Charla: "Os nosos bosques" CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
2ª parte da Charla:"Os nosos bosques" CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
3ª parte da Charla:"Os nosos bosques" CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Charla: " Descubrindo a nosa natureza" CEIP VÍCTOR SÁENZ from ceipvictorsaenz on Vimeo.
Envíamoslle dende aquí un saúdo á nosa amiga Charo. As súas explicacións foron para nós moi interesantes y agradecémolle moito a súa paciencia e agarimo.
Etiquetas:
bosques,
charlas,
Sementando bosques de palabras
martes, 6 de decembro de 2011
CHARLA NO COLE: " Achegamento ao mundo do cogomelos"
O luns 7 de novembro recibimos no cole a unha técnica do CEM s.coop.galega: unha cooperativa pioneira no traballo profesional no ámbito da educación ambiental en Galicia. Esta especialista ofreceu aosrapaces de 2º e 3º ciclo e aos seus profes, unha charla arredor do mundo dos cogomelos.
Aquí vos deixamos os vídeos por si alguén quere lembrar todo o que aprendemos ese día.
Tamén queremos achegarvos unha páxina web elaborada dende o C.E.I.P. de Pedrouzos de Brión cunha chea de xogos e actividades sobre os cogomelos. Pincha na imaxe e disfrútaos:
Etiquetas:
bosques,
charlas,
cogomelos,
Sementando bosques de palabras
luns, 14 de novembro de 2011
CARTEL PUBLICITARIO "SEMENTANDO BOSQUES DE PALABRAS" E AGASALLO DE NACHO CARRIQUÍ
Ola rapaces e rapazas!!
POR FIN!!!
Por fin temos rematado o cartel para a nosa campaña-proxecto de este ano: SEMENTANDO BOSQUES DE PALABRAS
Busquei un bosque fermoso e vestinme adecuada para a ocasión!! Espero que vos guste!!
Que vos parece??? Gústavos??? Saín guapa, verdade???
Imos pasalo en grande este ano traballando e aprendendo infinidade de cousas sobre os BOSQUES.
Lembrade que todos os recursos que recollamos sobre os bosques e tamén todas as actividades e traballos nos que parcipemos estarán colgados na páxina do proxecto. Pincha nela para botarlle unha ollada!!
Tamén podes acceder a esta páxina buscando o Cartel no lateral dereito do blogue: no apartado de Campañas de Animación.
Atopáchelo???
Agora teño unha sorpresiña máis para vós!!!
É un agasallo dun poeta.
Chámase Nacho Carriquí e foi compañeiro de colexio da profe Asun cando tiña a vosa idade.
De pequeno era un pouco traste, como moitos de vós! Pero tiña unha aficción secreta, moi secreta.
Unha afición preciosa: gustáballe moito a poesía.
Tanto que gañou algún concurso por terras catalanas.
Fai mes e medio prometeulle a Asun escribir algo especial para todos vos, os nenos e nenas de Mazaricos.
E cumpriu a súa promesa.
É un poema que fala do bosque dende a mirada dun neno.
Open publication - Free publishing - More bosques
Verdade que é fermoso??
Verdade que é fermoso??
Enviámoslle desde aquí o noso agradecemento a Nacho Carriquí por este agasallo tan especial para nós.
Etiquetas:
bosques,
Sementando bosques de palabras
venres, 4 de novembro de 2011
XA PODEDES VOLVER A VER A VIDEOCONFERENCIA
Aquí podedes volver a ver a Videoconferencia ofrecida por vídeoconferencia de Dª Mª Isabel Fraga Vila sobre os bosques como
parte integrante do desenvolvemento sostible do planeta e os seus beneficios
económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan contribuíndo á
erradicación da pobreza e o logro dos obxectivos de desenvolvemento, acordados
internacionalmente, incluídos nos obxectivos de desenvolvemento do Milenio.
Etiquetas:
bosques,
Sementando bosques de palabras,
videoconferencia
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




