Rematamos o 1º trimestre!!! Un ano máis, pensamos que unha boa maneira de despedilo é celebrando un festival no que nos acompañan tamén todas as persoas vinculadas ao centro: familiares, amizades, cociñeiras, veciñanza, persoas empregadas nas empresas de autobuses, etc. Pero nesta ocasión tamén nos acompañou a nosa inspectora ata agora, Magdalena, que saudou a todas as persoas reunidas no comedor antes de que dera comezo o festival. Desde aquí queremos agradecerlle a súa presenza, o detalle que tivo ao vir ata o centro para despedirse de nós e as súas palabras de ánimo para continuar formando parte da educación das nosas nenas e dos nosos nenos.
Despois dese momento improvisado, os diferentes grupos do cole comezaron a subir ao escenario, para amosar as súas actuacións, que nesta ocasión tamén tiñan en conta o tema do proxecto, polo cal a maior parte delas fan referencia ás aves.
Despois dese momento improvisado, os diferentes grupos do cole comezaron a subir ao escenario, para amosar as súas actuacións, que nesta ocasión tamén tiñan en conta o tema do proxecto, polo cal a maior parte delas fan referencia ás aves.
Comezou o festival co alumnado de Infantil, que se namorou da canción do Magosto "Arao", e así de ben a interpretaron para inaugurar o festival de Nadal:
A seguinte actuación foi a canción "O outono", que interpretaron nos instrumentos de placas as nenas e nenos de 3º e 4º:
Despois subiron ao escenario catro rapaciñas fantásticas que prepararon unha coreografía elas soíñas: Alba, Nerea e Paula Barcia, de 5º e 6º, ás que se sumou Soraya, de 4º de Primaria. O tema que elixiron foi "Mujer bruja":
Voltaron de novo as nenas e nenos de Infantil de 4 e 5 anos. Nesta actuación acompañaron con xestos e baile a canción "Dinosauros no Nadal", de Mamá Cabra:
A seguinte actuación foi unha obra de teatro, que prepararon en 3º e 4º. O título, "As aves do bosque", podedes vela aquí:
A seguinte actuación foi unha obra de teatro, que prepararon en 3º e 4º. O título, "As aves do bosque", podedes vela aquí:
De novo a música nos acompañou na seguinte actuación: unha "Cantiga de Santa María" interpretada nas frautas e nos instrumentos de placa polo alumnado de 5º e 6º, coa colaboración na percusión de Guille (3º curso):
Chegou despois a quenda de 1º e 2º, que acompañaron con xestos o tema "O reiseñor", de Pablo Díaz:
E despediu o festival o alumnado de 5º e 6º, cunha obra de teatro moi simpática titulada "Almacenes El Mazarico":
Ademais dos vídeos, podedes ver tamén as fotos que fixo o profe David premendo AQUÍ.
E despois do festival recibimos unha das visitas máis esperadas por todas as nenas e nenos do cole: os REIS MAGOS!!!! Foi bonito ver as vosas caras de ilusión cando Melchor, Gaspar e Baltasar entraron no comedor para sorprendervos a todas e todos coa súa presencia. Premendo AQUÍ podedes ver as fotos deses momentos.
E ata aquí o que vos quería contar neste final de trimestre. Agora veñen uns días nos que desexo que desfrutedes moito e que vos enchades de enerxía para comezar o ano 2020 e aproveitar moito este curso!!! Vémonos o 8 de xaneiro!!!! Apertas,