mércores, 20 de xuño de 2012

GUIA DE LECTURA VERÁN 2012

Dous días rapaces!! Dous días e xa estaredes de vacacións!!
Moito traballo, moitos exámenes, moito estudar.... pero tamén moitas experiencias divertidas, moitos coñecementos novos, moitas saídas, moitas historias que contar...
Rematamos un curso intenso cheo de lembranzas para as nosas vidas: nenos, nenas, profes, nais e pais... todos marchamos de vacacións cun sorriso e o corazón cheo de alegrías. E agora toca descansar e divertirnos. Toca facer todo aquelo que nos apetece dende hai moito tempo: levantarnos tarde, xogar, ir á praia, facer unha viaxe especial.... pero tamén toca encher a nosa cabeciña de aventuras con libros moi especiais.
Rosiña preparouvos unha Guía de Lecturas estupendas para facer, de este, un dos vosos veráns máis divertidos.
Elixide aquí os libros que queredes que vos acompañen todo este verán e disfrutadeos porque con eles viaxaredes a unha infinidade de mundos e coñeceredes a unha chea de personaxes sen necesidade de coller o coche nin o autobús.

luns, 18 de xuño de 2012

LER NON É CLANDESTINO

Dende o IES  CHANO PIEÑEIRO de FORCAREI chéganos este un vídeo moi especial. Trátase da despedida de Gracia, a profe da biblioteca, que marcha para Silleda e despídese despois de coordinar a biblioteca do IES CHANO PIÑEIRO durante dous anos e faino cun vídeo de Fomento da Lectura que elaborou coa colaboración do profe Anxo co que forma un tándem tan perfecto que manteñen un blogue que é referencia para todos os que traballamos nesto das bibliotecas escolares "Trafegando Ronseis".
 Disfrutade de este vídeo tan especial titulado "Ler non é clandestino".
Grazas Gracia por compartir esto con todos nós.

xoves, 7 de xuño de 2012

MÁiS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE USUARIOS

Aquí vos deixamos tamén as actividades para traballar a Formación de Usuarios en papel!!!
O curso que ven practicaremos moito con ellas. Profes!! Estará a vosa disposición na paxina de recursos de Formación de Usuarios a que tedes acceso dende a barra lateral!


E aquí tedes unhas presentacións para traballar o tema da Educación Documental

luns, 4 de xuño de 2012

BIBLIOTEQUEANDO

Para traballar a FORMACIÓN DE USUARIOS elaboramos dende a biblioteca un libro LIM con actividades interactivas que poden facilitarán a labor dos titores e a aprendizaxe dos rapaces de un xeito divertido.
Para xogar pinchade na pantalliña da esquina superior dereita e así poderedes facelo a pantalla completa.
Ánimo e a divertirse!

PROXECTO DE INGLÉS

Os rapaces e rapazas estiveron aprendendo unha chea de vocabulario en inglés relacionado co tema dos bosques. Para elo inspirándose nas investigacións que xa estaban realizando nas aulas, dedicáronse a aprender vocabulario relacionado: co lobo, cos mamíferos, cas aves, cos insectos e coas árbores que viven nos bosques, cos beneficios e a protección dos bosques.Do you speak english?
Aquí tedes o seu traballo:

domingo, 3 de xuño de 2012

PROXECTO: OS BENEFICIOS DOS BOSQUES

Os de 6º para o seu proxecto de investigación, decidiron profundizar sobre os Beneficios que teñen os bosques e documentáronse acerca de beneficios directos e indirectos, urbanos e rurais, os productos dos bosques, as plantas medicinales e a producción do papel. Mirade canto aprenderon aquí ou localizade o seu proxecto na biblio!

PROXECTO: CONSERVA O NOSO BOSQUE

Os de 5º estaban moi preocupados pola conservación dos nosos bosques así decidíronse a investigar sobre este tema. Despois de recoller información, seleccionala, reelaborala e maquetala ilustraron e montaron este interesante proxecto que estará á vosa disposición aquí e tamén na biblioteca. Falan de incendios, de contaminación, de desertización, de agricultura ecolóxica, e incluso do noso composteiro... Os expertos da protección dos bosques pronto nos explicaran o seu traballo a todo o resto do alumnado do centro. Esperamos con ansiedade a vosa ponencia!


PROXECTO: ÁRBORES

En 3º quixeron saber máis sobre as árbores dos bosques galegos así que puxéronso mans á obra e remataron este impresionante proxecto  de investigación. Coñecedeas todas? Se tedes algunha dúbida podedes consultala con estes grandes expertos. O seu traballo estará dispoñible na biblioteca:




E como son tan traballadores tamén elaboraron este Herbario tan completo que nos deixou abraiados! Noraboa rapaces por este estupendo traballo!

PROXECTO: INSECTOS

En 4º curso investigaron sobre os insectos. Buscaron información na biblioteca, trouxeron libros da casa, buscaron en internet... Aquí tedes o seu proxecto!! Buscadeo na nosa biblio se queredes velo mellor e xa veredes cando ides aprender!!

PROXECTO: AS AVES

En 2º curso encántanlles as aves e decidiron que o seu Proxecto Documentais titularíase así: AS AVES.
Puxéronse mans á obra e investigando, investigando... mirade que morea de cousas aprenderon destes animais que tanto alegran o bosque cos seus cantos !
Eles son uns expertos, queredes selo vos tamén???
Pois lede o seu traballo con detenimendo e xa veredes cantas cousas ides aprender!

PROXECTO: MAMÍFEROS DO BOSQUE

En 1º temos uns verdadeiros expertos en MAMÍFEROS DO BOSQUE.

Levaron a cabo unha laboriosa investigación sobre os mamiferos que viven no bosque e que lles chamaban máis á atención. Estamos seguros de que os coñecedes a todos pero non sabiades tanto deles como os nosos pequenos investigadores.
Podedes consultalo aquí pero lembrade que estará dispoñible na nosa biblioteca.

PROXECTO: LOBO

Todos os grupos-clase participaron no Proxecto Integrado de este ano: "Sementando bosques de palabras" realizando un pequeno proxecto de investigación.
Os alumnos de Infantil levan varios meses investigando sobre OS LOBOS. Recolleron unha chea de información, seleccionáronna e con ela elaboraron e editaron un fermoso libro que a partir de agora estará dispoñible para todos vos na biblioteca. Queredes ver o seu traballo??? Pois aquí o tedes:


Agardamos con impaciencia o día en que os seus autores nos expliquen todo o que eles aprenderon sobre os lobos. Xa veredes!! Son uns auténticos expertos en lobos!!!!