Hoxe, 25 de novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
A violencia contra as mulleres e nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis xeneralizada no mundo. Para crear conciencia cada ano conmemoramos esta data en todo o mundo
Elixiuse esta data para lembrar a morte das irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa), activistas políticas dominicanas asesinadas o 25 de novembro de 1960 a mans da policía secreta do dictador Rafael Trujillo por denunciar a súa violencia hacia as mulleres.
A escola non é un espazo neutral. Nela transmítense valores, modelos, esteriotipos e convírtese nun lugar ideal onde sementar a erradicación das desigualdades. De ahí xorde a necesidade de contar con materiais didácticos que nos axuden a acabar coa lacra social do maltrato ás mulleres.
A nosa biblio quixo contribuir a esta causa e o curso pasado elaborou e puxo a vosa disposición unha recompilación de materiais e recursos dirixidos a mestres e alumnos que faciliten o traballo sobre estes valores agora que celebramos este día tan importante. Pinchade sobre o logo de abaixo para acceder a eles.
Este ano ademáis, queremos propoñervos algo máis. Os mestres que acudimos este ano ás Xornadas de Bibliotecas Escolares tituladas "Ler para Ver", estivemos aprendendo moitas cousas sobre a importancia da Lectura de Imaxes. Por iso, hoxe queremos propoñermos uns videos para traballar na aula nestes días:
Comezamos polo 3º Ciclo, para o que propoñemos o video Beauty Pressure (A presión da beleza) da marca DOVE.
Desde a Biblioteca do
CEIP de FRIANS (Teis), propoñen as seguintes preguntas para debatir despois de visualizar o vídeo:
- Que papel ten a muller nos anuncios publicitarios?
- En que tipos de anuncios aparece a imaxe dunha muller?
- Cres que é imprescindible a imaxe da muller na meirande parte dos anuncios?
- Coñeces algún anuncio no que apareza a imaxe do home en situacións similares ás vistas neste vídeo?
- Non cres que a presión dos medios e da publicidade co tema da beleza, do peso, da cirurxía estética... é un sofisticado xeito de maltrato contra a muller?
Para o
2º Ciclo, para o que propoñemos o video
Dove Evolution (A presión da beleza) da marca DOVE. Para este vídeo a Biblioteca do
CEIP de FRIANS (Teis), propoñen estas outras preguntas para debatir despois de visualizar o vídeo:
- Que función ten a muller na publicidade...?
- Que ferramentas ten a publicidade para deformar a realidade?
- E nós, temos criterio propio para ser nós mesmos, ou queremos ser o que se nos mostra como exemplo?
- A importancia da imaxe... non é tamén unha forma de maltrato para a muller?
Para o 1º Ciclo, para o que propoñemosvos dous contos que podedes traballar desde estas presentacións:
- O LIBRO DOS PORCOS de Anthony Browne.
- UNA FELIZ CATÁSTROFE de Adela Turín.
Con estas presentacións tratase de traballar o tema do tema do reparto das labores do fogar para que non sexa un traballo "de mulleres"
Esperamos que os debates e as reflexións a partir de todas estas imaxes axuden a mellorar o noso xuizo crítico arredor desta triste temática.