Dentro do programa de actividades do noso Proxecto Papacontos Zampalibros, hoxe organizamos no cole un OBRADOIRO DE BEBIDAS SAUDABLES para o alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria. Esta actividade está tamén enmarcada dentro do Programa de Prevención e Reinserción de Drogodependencias da ASOCIACIÓN NERIA.
Ambos ciclos elaboraron xunto coa monitora da actividade, Miriam, as seguintes Bebidas Saudables:
- BATIDO "DESEXO":
Preparación: Colócanse os ingredientes nun vaso alto e bátense uns cantos segundos. Sérvese inmediatamente.
Presentación: Nun vaso longo, de boca aberta e cana ancha.
Aplicación: Para almorzar e merendar.
- CÓCTEL "MEDIODÍA":
Preparación: Licúanse as froitas e mestúranse os zumes nunha cocteleira con xeo picado.
Aquí debaixo podedes contemplar as fotos desta actividade:
RECOMENDACIÓN LECTORA SOBRE O TEMA:
Presentación: Nunha copa de aperitivo grande.
Aplicación: Durante o aperitivo do mediodía.
- GRANIZADO DE LARANXA E PERA:
Preparación: Fanse os zumes. Mestúranse co azucre e coa auga.
Presentación: Nun vaso longo e estreito.
Aplicación: Para merendar.
Aquí debaixo podedes contemplar as fotos desta actividade:
Zumos y bebidas saludables
JOCHEN G. BIELEFELD
Editorial Hispano Europea
Ningún comentario:
Publicar un comentario