xoves, 25 de marzo de 2010

CONSUMO RESPONSABEL

O xoves 18 de marzo viaxamos a Vigo para visitar no IFEVI, "O Rueiro do Consumo": unha actividad formativa/divulgativa de educación para o consumo que daba a coñecer as distintas ofertas da Escola Galega de Consumo e outras institucións a través da realización de distintos obradoiros que gustaron moito aos nosos rapaces. Poderedes consultar as fotografias proximamente na galería da nosa páxina web.
Dende a biblio propoñémosvos, para completar todo o que alí aprendemos, o visionado deste curto que nos propón unha reflexionar sobre o futuro do noso planeta e na necesidade de cambiar as nosas actitudes de consumo:


luns, 8 de marzo de 2010

RECOMENDACIÓNS Día da Muller Traballadora

Lembrámosvos que na biblio tendes unha chea de libros escritos e protagonizados por mulleres que vos farán reflexionar sobre este tema Deixámosvos aquí algunhas recomendacións de lecturas:
XELA VOLVEUSE VAMPIRA
FINA CASALDERREY
BAÍA EDICIÓNS
Xela é unha mestra que sufre malos tratos e Breixo é o seu alumno que nos vai contando todo o que lle acontece a esta muller nun libro que mestura a realidade coa inxenuidade.

ONCE DAMAS ATREVIDAS
OLIS HELLE THOMASSEN
KALANDRAKA EDICIÓNS
As protagonistas? Once rapazas votadas para diante que percorren o mundo.
ELAS
CECILIA AFONSO ESTEVES
KALANDRAKA EDICIÓNS
Auga, Terra, Lume e Aire representan a esencia do noso mundo, danlle sentido e fan que todo funcione como unha cadea sen interrupción, por iso o seu obxectivo é xerar vida...Este libro é un "canto ao feminino".

8 de marzo: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo celébrase o Día da Muller Traballadora e a Biblioteca quere colaborar dalgún xeito con esta celebración.
Sabemos que aínda queda moito por avanzar neste tema pero tamén somos conscientes de que foi moito o que se acadamos ata agora e non debemos olvidarnos do traballo de aquelas mulleres que o fixeron posible.
Aquí vos deixamos unha pequena presentación para reflexionar: (vai pasándo as páxinas na flechiña)


martes, 2 de marzo de 2010

LEANDRO LAMAS

Que importantes son as ilustracións nos libros!!! Verdade? Axúdannos a viaxar a o mundo máxico da imaxinacion cheo de cores e de sentimentos que iluminan a nosa alma.
Aquí vos amosamos os traballos dun dos nosos ilustadores favoritos: Leandro Lamas. Se queredes coñecer mellor o seu traballo podedes visitar o seu blogue aquí