mércores, 8 de maio de 2013

CHARLA DE DESIRÉ KOUAKOU TANOH

      O mércores 8 de maio visitou o noso centro DESIRÉ KOUAKOU TANOH coñecido cariñosamente como "o cura negro de Mazaricos".
      Desiré, que naceu en Costa de Marfil, veu a falarnos un pouco sobre o seu pobo natal e sobre a ONG ENGUEIRE (Asociación de Cooperación Exterior Egueire) da que é presidente e da que algúns pais e nais do noso centro son membros.
      A labor desta ONG céntrase principalmente en axudar ao seu pobo a que "poida camiñar por si mesmo". O seu proxecto pretende construir unha casa en GRAND LAHOU para convertila nun centro educativo.
 






Desiré leva case 7 anos en Mazaricos e encárgase dos feligreses de Brandomil, Brandoñas, Muíño, Os Vaos e Alborés, nos concellos de Zas e Mazaricos. 
Esta visita está enmarcada dentro do noso Proxecto Integrado "Onde os libros nos leven" 


Charla de DESIRÉ KOUAKOU TANOH no CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.

Aquí tedes as fotos tamén !!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario