Amosando publicacións coa etiqueta Culturas do mundo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Culturas do mundo. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de decembro de 2017

CELEBRAMOS OS DEREITOS

Arrancamos esta semana coa celebración dos Dereitos do Neno e Humanos. Ademais de ler e consultar os libros que temos na exposición do corredor, durante estes días nas aulas falamos moito de dereitos, uníndonos tamén á "Carreira Save the Children", que nesta ocasión se adicou a Sudán do Sur, o país máis xoven e tamén un dos máis vulnerables. Por este motivo, falamos de África, dos dereitos, das dificultades que atravesan as persoas sursudanesas, etc., expoñendo no corredor do cole un pequeno mural que resume algúns dos aspectos máis traballados nas aulas. E cantamos en galego unha canción de orixe francesa que tamén ten a súa versión en varios países africanos: "Frère Jacques", para o cal nos acompañaron os guitarristas e ukelelistas do cole!!!
Despois, colgamos os nosos desexos na árbore de Nadal, que este curso escribimos en cunchas de vieira, símbolo dos peregrinos do Camiño de Santiago. E, para rematar, un bo feixe de abrazos entre todas as persoas aquí reunidas!!!
Premendo AQUÍ podedes ver todas as fotos.


martes, 5 de abril de 2016

OBRADOIRO DE DANZAS HÚNGARAS

Hoxe foi un día especial no cole, xa que celebramos un obradoiro de danzas húngaras. Para iso contamos coa presenza de tres marabillosos músicos que tocaron para nós en directo, ao tempo que nos iban amosando os pasos das diferentes pezas. Vera é de Hungría, pero fala moi ben o galego e entendémoslle todo o que nos contou sobre o seu país. Foi a encargada de bailar con nós os diferentes bailes. Serxio tamén sabe moitas cousas de Hungría, e axudounos a aprender os pasos, ademais de tocar para nós un instrumento similar ao laúde. Xesús era o músico encargado de tocar as frautas, unha das cales se podía facer soar soprando e tamén murmurando!!!! E tamén viña unha acompañante pequechiña con eles, de tan só ano e medio, chamada Noa, que nos encantou a todas as persoas que compartimos esta mañá tan especial no noso cole. Moitísimas grazas aos catro!!!! Bueno, xa podemos dicilo en húngaro: KÖSZÖNÖM!!!

xoves, 6 de xuño de 2013

VIDEO-CHARLA DE ALEJANDRO PACIOS SOBRE A CULTURA INUIT

      ALEJANDRO PACIOS  foi, con 11 anos, alumno da profe Asun cando fixo as prácticas de Maxisterio no seu pobo, Vegadeo, en Asturias fai uns cantos aniños.
     Hoxe en día, Alejandro é licenciado en Belas Artes e productor audiovisual. Actualmente está preparando o seu doctorado. Ademáis no 2011 decidiu converterse nun xoven emprendedor e montou a súa propia empresa Objetivo 7 producción editorial
        Recentemente Alejandro viaxou a Groenlandia para grabar e producir un documental sobre o POBO INUIT  xunto co arqueólogo Santiago D. Domínguez quen está preparando unha tese sobre os distintos tipos de caza na historia. 
       Alejandro, que vive e traballa en Cuenca, prestouse a grabar un pequeno vídeo para nós coa intención de acercarnos á cultura inuit, tan lonxana e descoñecida. A intención inicial era facer unha video-conferencia con el, pero a velocidade da nosa liña de internet é tan tristemente baixa que non foi posible (a ver se alguén con algún tipo de responsabilidade neste tema, le isto)
    O vídeo está dedicado especialmente aos nenos e nenas de 1º ciclo que estiveron investigando e traballando nun proxecto sobre esta cultura. 
       Toda a comunidade educativa do C.E.I.P. Víctor Sáenz quere agradecerche, Alejandro, que fixeras este esforzo tan especial para nós tendo, como sabemos que tes, unha axenda tan apretada. As portas do noso centro estarán sempre abertas para tí e invitámote a visitarnos cando ti queiras. Xa estás nos nosos corazóns!

Grazas, Alejandro!!

Por certo, a profe Asun dí que che perdoa por chamarlle Aurora!!!
Moitos Bicos dende Mazaricos!!



Vídeo sobre os Inuits de Alejandro Pacios from bibliotecavictorsaenz2 on Vimeo.

luns, 7 de xaneiro de 2013

PROXECTO INTEGRADO 2012-2013: "Onde os libros te leven"

Ola a todos e todas!!

   Dende a biblioteca este ano propúxose dedicar o noso Proxecto Integrado deste ano Interculturalidade. Queremos investigar as distintas culturas que coexisten no mundo para coñecelas un pouco mellor.
     O lema do noso Proxecto é "ONDE OS LIBROS TE LEVEN".
Este ano o noso cartel está inspirado nun traballo de mutantecreativo.com. A ver que vos parece!
  
Como non podemos abarcalas todas as culturas, cada grupo-clase escolleu unha cultura na que centrarse. Así:
  • En Infantil están investigando acerca da Cultura Americana
  • En 1º Ciclo están investigando acerca da Cultura Inuit
  • En 3º Curso, investigan sobre as Culturas de China e Xapón
  • En 4º Curso, investigan sobre a Cultura da India
  • En 5º Curso, investigan sobre a Cultura Africana, e máis en concreto sobre os bereberes.
  • En 6º Curso, investigan sobre a Cultura Rusa.
Pronto atoparedes aquí máis información sobre o noso proxecto integrado!!

xoves, 20 de decembro de 2012

CALENDARIO 2012-2013

Xa está rematado o noso novo calendario elaborado con traballos feitos por os nenos e nenas sobre as culturas dentro do proxecto integrado deste ano sobre as culturas do mundo.
Esperamos que vos guste!!