mércores, 26 de xuño de 2019

OS VÍDEOS DO FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Aquí están os vídeos do festival de fin de curso!!!! Seguro que tedes moitas ganas de velos, así que imos alá!!!














 A presentación fixérona Daniela e Pablo:


A primeira actuación foi a do grupo de Infantil, coa canción de Paco Nogueiras "Teño que investigar":


Paula e Mª José presentaron a segunda actuación:


3º e 4º interpretaron "A saia da Carolina":


A seguinte actuación foi a de 1º e 2º, que representaron "Tempo tolo", outro tema de Paco Nogueiras:


Paula e Pablo presentaron a seguinte actuación:


Aquí están 5º e 6º  interpretando "Eu quero ser unha árbore":



Paula e Daniela presentaron aos grupos de Infantil e 3º e 4º de Primaria:


Esta é a interpretación de "Mazarico", na que o grupo de Infantil cantou e as nenas e nenos de 3º e 4º bailaron:



Pablo e Mª José presentaron aos seus compañeiros e compañeiras:



5º e 6º elixiron "Ni la hora" para o festival de fin de curso:


Paula e Daniela despediron o festival e presentaron a última actuación:


"Chega xuño e as vacacións" foi a última actuación do festival, coa que despedimos o curso 2018-19:


Espero que vos gusten tanto como a min!!!! Grazas a Marco por encargarse da gravación destas actuacións...
Unha aperta enorme e FELIZ VERÁN!!!!

luns, 24 de xuño de 2019

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Pois xa rematou o curso... Teño moitísimas ganas de ver os vídeos das vosas actuacións, e subilos tamén ao blog para que todas as persoas poidades velos!!! Pero mentras non chega ese momento, aquí vos deixo as fotos que fixo o profe David durante a mañá de festa que vivimos o pasado venres. Foi un festival de fin de curso curtiño pero moi fermoso, onde todas as persoas que participaron puxeron moito esforzo e moita ilusión e cariño. Seguro que todo iso se nota tamén nestas fotos tan fermosas. Premede AQUÍ ou sobre as imaxes para velas.

As nenas e nenos de Infantil encargáronse de inaugurar o último festival do curso.
Despedímonos cantando e tocando "Chega xuño e as vacacións".

xoves, 20 de xuño de 2019

GUÍA DE LECTURA E SANCOSMEIRO Nº 32

Mañá remata o curso, e como é habitual, no noso cole o día anterior facemos entrega das notas e de dúas cousiñas que nos fan especial ilusión: a guía de lectura para o verán e a revista escolar. Tamén nesta ocasión foi así, polo que imaxino que en moitos dos vosos fogares xa pasastes a tarde léndoas e comentándoas. Espero que vos gustaran moito, e que vos animedes a ler algúns dos libros que con tanta ilusión vos recomendo. En canto á revista, desexo tamén que sexa motivo para compartir bos momentos de parola coas vosas familias, amigos/as, veciños/as, etc. Tamén no blog podedes facer os comentarios que creades oportunos...

Premendo AQUÍ podedes descargar a GUÍA DE LECTURA.


Unha aperta enorme,

NOTICIAS DESDE RADIO ROSIÑA

OLA!!!! Posiblemente sexa este o último podcast do curso, que xa remata mañá!!! Os seus protagonistas son as nenas e nenos de Infantil, que gravaron un programa adicado a noticias. Pero non pensedes que se trata dun noticieiro como os que estamos habituados a escoitar nas coñecidas emisoras, ou na televisión. PARA NADA!!! Estas son noticias que inventaron eles e elas mesmos/as, a partir da lectura dun dos contos máis solicitados na biblioteca: "A vaca que puxoi un ovo". Ademais, o xeito no que están anunciadas, a súa maneira de expresarse, é auténtica e chea de enerxía e alegría... Vamos, que non podedes perder este curioso e sorprendente programa de noticias. Desde "Radio Rosiña" aquí vos deixamos o podcast de Infantil: 



luns, 17 de xuño de 2019

"CANTA MIÑA PEDRA, CANTA"

Charo Pita e Xoán Curiel actuaron para os 3 centros do concello.
Este é o título da representación que fomos ver esta mañá na casa da cultura de A Picota: "Canta miña pedra, canta". Neste espectáculo participan o músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita, a través do cal ofrecen algúns relatos populares e cancións que Antonio Fraguas (o escritor ao que este ano se lle adicou o Día das Letras Galegas) recolleu ao longo da súa vida. Ademais de desfrutar da función, entregáronnos un libro de agasallo a cada unha das persoas que asistimos á función, na que desfrutamos moito.
Premendo sobre a imaxe podedes ver as fotos e algúns vídeos deste "Canta miña pedra, canta".

xoves, 13 de xuño de 2019

EXCURSIÓN Á FÁBRICA DA LUZ DE 5º E 6º

Xa están de volta as rapaciñas e rapaciños de 5º e 6º!!! A verdade é que durante estes tres días o cole estivo moito máis silencioso do habitual, e botamos moito de menos ás doce persoas que participaron na excursión de fin de curso nesta ocasión. Todas elas desfrutaron destes días no albergue da Fábrica da Luz, en Parada de Sil (Ourense), onde compartiron actividades, comidas, anécdotas e moito máis no fermoso entorno do río Mao. Ademais da beleza paisaxística do lugar, tamén coñeceron ás marabillosas persoas que se encargan de levar adiante este fantástico proxecto: Sara e Óscar. Con eles e co resto da xente que teñen contratada para que todo funcione perfectamente estiveron desde o luns ata o mércores os grupos de 5º e 6º, coas profes Sonia e Susi. Chegaron todas moi contentas, e queren amosarnos as fotos destas xornadas nas que descubriron que se levan moi ben e saben desfrutar en equipo dos diferentes momentos do día. Desde aquí tamén queren dar as grazas a Iván, o monitor que se encargou de que non houbera tempo para aburrirse; a María, que se encargou da limpeza do albergue e de servir algunhas das comidas; a Carmen e Lois, que foron os responsables de que comeramos tan rico e abundante e a Sara e Óscar, por suposto, pendentes en todo momento de que a súa estancia neste recuncho de Galicia sexa inesquecible!!! 
E aquí vos amosan as fotos que fixeron nesta fantástica excursión. Se queredes que vos conten algo máis falade con elas; estou segura de que estarán encantadas de compartir esta experiencia.

O primeiro día fixeron unha parada en Ourense antes de instalarse na Fábrica da Luz.

Iván recibiunos con xogos moi divertidos!
O segundo día adicárono a xogar, investigar en profundidade a auga do río Mao e a navegar en kayak polas súas augas ata abrazar o río Sil.

Navegar en kayak polos ríos Mao e Sil foi unha experiencia inesquecible.
O terceiro día camiñaron cume arriba para visitar as tumbas antropomorfas, coñecer un dos castiñeiros máis lonxevos do concello e retratarse diante dunha das vistas máis impresionantes dos canóns do Sil.

O último día camiñaron moito, pero vistas coma esta ben merecen ese esforzo.
Que envidia, non?
 

mércores, 5 de xuño de 2019

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente, e no cole recibimos o xornal con noticias moi interesantes adicadas a este tema que tanto nos preocupa. Premendo AQUÍ podedes acceder ao suplemento de "La voz de la escuela" que publica cada mércores o diaro "La voz de Galicia".
Pero tamén recibimos a noticia do nacemento dun novo diario, neste caso dixital, adicado á auga. Chámase "El Ágora" e inaugúrase con artigos moi interesantes, algúns dos cales amosan a preocupante situación deste ben natural tan preciado e tan maltratado polo ser humano. Pero tamén nos anima a actuar para poder deter o que pode ser unha grande catástrofe. 


TEMOS QUE ACTUAR O ANTES POSIBLE, NON VOS PARECE? 


Canto sabes sobre a auga? Premendo AQUÍ podes facer un test con 7 preguntas moi interesantes. 

E xa que este curso foi sobre a ciencia, que sucede si retorcemos un trapo mollado no espazo? Mirade o seguinte vídeo:


luns, 3 de xuño de 2019

PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN SOBRE A CIENCIA

Xa comezou o último mes do curso, e como é habitual nos últimos anos, inaugurámolo coa presentación dos traballos que realizastes nas diferentes aulas sobre a temática do noso proxecto. Neste 2018-19 tocoulle ao tema da ciencia, que nos guiou desde o mes de outubro por camiños moi interesantes nos que tratamos de aprender todo o posible. Nas clases tamén fostes vós, as nenas e nenos de cada grupo, quenes decidistes en que queriades profundizar máis, ou cales eran aqueles apartados da ciencia que máis chamaban a vosa atención... E desa decisión colectiva naceron os traballos que durante a semana pasada foron chegando ao meu buzón. Hoxe quero presentárvolos aquí, para que poidades lelos e aprender aínda moitas máis cousas sobre este inmenso mundo que é a ciencia. Comezamos?
O primeiro que vos presento é o que realizou Alejandro na aula de Pedagoxía Terapéutica. A verdade é que léndoo entránlle gañas a calquera de ser científico:



En Infantil adicáronse a facer experimentos, e a través deste traballo queda claro que para este grupo a ciencia é divertidísima!!! Queredes comprobalo? Aquí tedes a súa recompilación:



En 1º e 2º de Primaria fixéronse tantas preguntas ao longo do curso que elixiron as que máis chamaron a súa atención para montar este traballo, no que ademais quixeron deixarnos claro que manexan de marabilla as novas tecnoloxías. Aquí o tedes:



En 3º e 4º investigaron sobre algúns animais e sobre algús espazos naturais de grande importancia. O resultado é este traballo que podedes ver aquí:



En 5º e 6º viaxaron ata o espazo e investigaron sobre o Sistema Solar e sobre a vida dalgunhas persoas que se adican a unha desas profesións que tanta xente soña con ser nalgún momento: astronautas! Quererá tamén algunha rapaza ou rapaz de 5º e 6º subir nunha nave espacial?



De seguro que vos gustaron tanto como a min!!! Tan só felicitarvos a todas as persoas que participastes na súa elaboración e animarvos a seguir realizando traballos deste tipo, nos que aprendemos moito máis que os contidos que neles amosades!!! Unha aperta,