"A festa dos Maios" é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur, aínda que tamén se celebra nalgunhas poboacións do norte.
Festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos; a data de celebración vai desde abril ata mediados de maio, aínda que pode prolongarse ata o mes de xuño.
Hai dous tipos de maios:
- os humanos, cando unha nena ou un neno se disfraza de maio, cubrindo as súas roupas con follas, pólas e flores;
- os figurativos, cando o maio é unha figura con forma cónica ou piramidal feita con paus que se recobre de xestas, hedras, fientos, musgo, fiúncho..., e adórnase con flores, laranxas e mesmo cascas de ovo.
Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio".
Hoxe en día, ademais da forma tradicional, intentan imitar casas, castelos, cruceiros, murallas, etc...
Aínda que na nosa zona non é habitual celebralo, este curso animámonos a elaborar un Maio coa axuda de todos vós, que fostes achegando ao cole durante toda a semana pequenas pólas de arbustos, plantas e flores fermosísimas. O resultado foi un Maio ben xeitoso no que todos participamos. E nada mellor que cantarlle para que a festa sexa completa!!! Nesta ocasión eliximos "O Maio de As Nogais"(Lugo), unha canción que cantamos acompañada de paus. Pasámolo moi ben, o día foi espectacular e creo que a todos nos quedaron ganas de repetir!
Fotos da celebración no noso cole:Aquí tedes a letra da canción para que non se vos esqueza:
E dende a Biblioteca queremos aportarvos unhas pequenas suxerencias lectoras en torno ao tema dos Maios.
Os Maios
Editorial Galaxia
A festa dos Maios
Clodio González Pérez
Editorial Ir Indo
A Festa dos Maios de Marín
Clodio González Pérez
Editado pola Deputación Provincial de Pontevedra
Os Maios
Colectivo "Ollo de sapo"
María Pilar Lores Torres, Xosé Carlos Morgade Martínez ; ilustracións, Xaime Asensi
Editorial Ir Indo
E para rematar unha actividade LIM para que coñezades mellor a Festa dos Maios dunha forma divertida. Está elaborada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do C.E.I.P. REORDÁNS de Tui.
Ningún comentario:
Publicar un comentario