Coma sempre imos celebrar este fermoso día con algunas recomendacións lectoras.
"Así te quiero". Este é o principio e o final dun álbum ilustrado cargado de fantasía y de moreas de amor, no que una nai expresa o amor hacia o seu fillo. Unha nai que ama desinteresadamente, pois só así se... pode amar aos fillos, co corazón e sen esperar nada a cambio. Só así, logramos ser felices cos nosos pequenos e non tan pequenos.
Así te quiero, mamá
Gabriela Keselman
Ilustracións de Lucía Serrano.
Editorial SM
Só as nais saben onde gardan ese amor tan grande que entregan cada día ata no máis pequeno xesto. Como ben di Raquel, a autora e ilustradora deste enternecedor relato só hai un lugar onde pode gardarse ese amor tan grande.
Un amor tan grandeRaquel Díaz Reguera
Editorial Imaginarium
No é toda unha aventura ver o mundo a través dos ...vestidos de mamá?
Imaxinas ser una princesa sobre o vestido de cadros brancos e negros, subida a un cabalo e liberando a un peón? E viaxar de "si bemol" a "sol" sobre o seu traxe de raias? Ou subirte aos teus pinceis e pintar sen ton nin son sobre aquel vestido branco e enchelo de cor? Ou sentir a cara vermella, e ter a risa floxa, naquel de corazóns? As historias e ilustracións de Mónica Carretero están cheas de humor e tenrura, de ledicia e de cor... e de segredos que os rapaces sempre descobren. Esta, ademáis, é una enorme declaración de amor a mamá e á imaxinación.
Mónica Carretero
Editorial Kókinos
Ningún comentario:
Publicar un comentario