Amosando publicacións coa etiqueta xornal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xornal. Amosar todas as publicacións

mércores, 5 de xuño de 2019

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente, e no cole recibimos o xornal con noticias moi interesantes adicadas a este tema que tanto nos preocupa. Premendo AQUÍ podedes acceder ao suplemento de "La voz de la escuela" que publica cada mércores o diaro "La voz de Galicia".
Pero tamén recibimos a noticia do nacemento dun novo diario, neste caso dixital, adicado á auga. Chámase "El Ágora" e inaugúrase con artigos moi interesantes, algúns dos cales amosan a preocupante situación deste ben natural tan preciado e tan maltratado polo ser humano. Pero tamén nos anima a actuar para poder deter o que pode ser unha grande catástrofe. 


TEMOS QUE ACTUAR O ANTES POSIBLE, NON VOS PARECE? 


Canto sabes sobre a auga? Premendo AQUÍ podes facer un test con 7 preguntas moi interesantes. 

E xa que este curso foi sobre a ciencia, que sucede si retorcemos un trapo mollado no espazo? Mirade o seguinte vídeo:


venres, 10 de xuño de 2016

NACE "O PAPAGAIO", UN XORNAL MENSUAL

Sempre é unha alegría recibir noticias deste tipo, pero se ademais son en galego moito mellor!!! "O Papagaio" é un xornal mensual de oito páxinas a toda cor, dirixido a nenos e nenas de Primaria e Secundaria, no que se tratarán temas de actualidade nas diferentes seccións nas que se divide: Actualidade, Banda Deseñada, Ecoloxía, Ciencia e Tecnoloxía, Histoira e Cultura, Natureza, Integración e Seccións Abertas. 
Aínda que non comezará a publicarse ata o próximo curso, xa editaron de balde o número 0, para que poidades ir desfrutando da lectura desta nova publicación á que, dende o noso blogue, queremos desexarlle moitísima sorte!!! Se premes sobre a imaxe poderás ler o primeiro número:

martes, 17 de abril de 2012

VISITA A UN XORNAL: El Correo Gallego

Dentro das actividades programadas dentro do Proxecto Integrado "Sementando bosques de palabras", unha das visitas que queriamos facer era a de ver como se fai un xornal. Nos cursos máis altos estiveron traballando sobre o aproeitamento dos bosques e un dos seus beneficios é a producción de papel e os seus múltiples usos: un deles a producción de xornais.
Así que alá que nos fomos a ver como se facía un xornal: El correo Gallego. Aquí tedes as imaxes da visita: