Amosando publicacións coa etiqueta charla de D. Angel Carracedo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta charla de D. Angel Carracedo. Amosar todas as publicacións

martes, 5 de marzo de 2013

VÍDEOS DAS CHARLAS DE ÁNGEL CARRACEDO

E aquí están os vídeos!!! A disposición de todos vós!! 
Tardamos moito en telos listos pero xa sabedes que as "cousas de palacio van despacio".
O xoves 21 de febreiro tivemos a sorte de contar de novo na nosa biblio coa presenza do noso "padriño" o       recoñecido xenetista e catedrático de Medicina Legal D. Ángel Carracedo Álvarez.
Este ano invitámolo de novo a pasar o día connosco para falarnos un pouco sobre "o ADN e a oríxe xenética das distintas razas humanas" dado que, como ben sabedes, estamos a traballar nun Proxecto Integrado que titulamos "Onde os libros te leven" que xira en torno ás diferentes culturas do mundo.
Angel, tan amable e cercano coma sempre, aceptou a invitación e ofreceunos dúas charlas: unha para os nosos rapaces e rapazas, como dí el "os rapaces/as máis listos do mundo" e outra para pais, nais e profes. A temática era a mesma e incluso fíxemos o mesmo experimento pero o nivel de complexidade das explicacións cambiaba un pouco.
Sempre é un luxo poder disfrutar da presenza de Angel e dos coñecementos que nos brinda cada vez que nos visita. El sabe que o noso cole é tamén a súa casa e que sempre estamos esperando velo entrar pola porta para compartir con nós un pouquiño do seu valioso tempo. Sabemos que é un home moi importante e que sempre está moi ocupado e agradecémoslle que sempre esté disposto a facer un oco na súa apertada axenda para compartilo con nós.
Dende aquí, Angel, GRAZAS por ser como eres. Estamos seguros de que grazas a ti os nosos rapaces/as síntense un "pouco máis científicos" e que moitos deles cando pensan no seu futuro vense cunha bata de laboratorio e un microscopio nas súas mans querendo ser coma ti.
Disfrutede deste tesouro. Para todos os que o vístedes en persoa e tamén para os que non puidestes asistir disfrutade del como fixemos nós.


Charla de Angel Carracedo para o alumnado do CEIP VÍCTOR SÁENZ "O ADN e a orixe xenética das razas humanas" from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Charla de Angel Carracedo para o alumnado do CEIP VÍCTOR SÁENZ "O ADN e a orixe xenética das razas humanas". Actividade programada pola Biblioteca Escolar dentro do PROXECTO INTEGRADO 2012-2013 "Onde os libros te leven" dedicado ás distintas culturas do mundo. 21 de febreiro de 2013.



Charla de Angel Carracedo para familias e profes do CEIP VÍCTOR SÁENZ sobre "O ADN e a orixe xenética das razas" from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Charla de Angel Carracedo para familias e profesores do CEIP VÍCTOR SÁENZ "O ADN e a orixe xenética das razas humanas". Actividade programada pola Biblioteca Escolar dentro do PROXECTO INTEGRADO 2012-2013 "Onde os libros te leven" dedicado ás distintas culturas do mundo. 21 de febreiro de 2013.

luns, 4 de febreiro de 2013

Volve ANGEL CARRACEDO ao noso centro

      O vindeiro xoves 21 de febreiro, volve ao noso centro, o padriño da nosa Biblioteca Escolar, D. Angel Mª Carracedo Alvarez, para dar unha charla a nenos e maiores sobre "A orixe xenética das diferentes razas humanas". Esta charla está enmarcada, como outras que levamos realizadas durante este curso, dentro das actividades organizadas dende o noso Proxecto Integrado 2012-13 sobre as diferentes culturas do mundo e que titulamos "Onde os libros te leven".
     Angel falaranos, non só da orixe xenética das razas, senón tamén de moitas das investigacións xenéticas realizadas polo seu equipo no seus laboratorios. Algunhas son moi coñecidas como: a identificación das víctimas do tsunami do sudeste asiático ou do 11M ou a súa colaboración coa Policía Española ou con Scotland Yard na identificación de víctimas de asesinato. Outras non tan coñecidas como a súa colaboración coa Fiscalía Colombiana para a identificación dun neno acollido nun centro de protección de menores de Bogotá, para comprobar se era fillo ou non de Clara Rojas, secuestrada polas FARC no ano 2002. Este caso tivo moita repercusión nos medios de comunicación ao chegar ás pantallas de cine a película "Operación E" do director hispano-francés Miguel Courtois e protagonizada por un dos máis recoñecidos actores galegos, o noso Luis Tosar.

luns, 9 de maio de 2011

CHARLA DE ANGEL CARRACEDO SOBRE O FONDO MARIÑO PARA O ALUMNADO

Para rematar este día tan importante para nós, D. Ángel Carracedo ofreceu unha charla na biblioteca para os nenos e nenas de Infantil e Primaria, na que proxectou diapositivas feitas por el mesmo do fondo mariño, pois este curso estamos traballando nun proxecto interdisciplinar sobre o mar como tema central. Angel é un gran apaixonado do mar e un experto mergullador. E así, entre preguntas inxeniosas e caras de asombro dos nenos contemplar esas marabillosas fotografías, e ante as cariñosas explicacións do noso persoeiro, rematou un día tan intenso como emocionante.
VÍDEO 1


VÍDEO 2


VÍDEO 3


VÍDEO 4


VÍDEO 5

CHARLA DE D. ANGEL CARRACEDO SOBRE OS SEUS TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN

Despois de inaugurar a nosa biblioteca D. Angel Carracedo tivo a ben ofrecernos unha charla para os adultos (mentres os rapaces comían) na que falou dos seus actuais traballos de investigación xenética centrados nos campos da Xustiza e da Medicina Clínica. Os asistentes quedamos abraiados escoitando como un científico con tanto prestixio internacional era capaz de explicar o seu traballo cunhas palabras tan sinxelas que todos eramos capaces de comprender deixándonos a todos a sensación de querer estar escotándoo todo o día!!
Como sabemos que foi moita a xente que quería estar connosco este día e escoitar a Angel pero as súas responsabilidades laborales llo impediron, co permiso do Dr. Carracedo, aquí tedes os vídeos da súa charla.
1ª PARTE 



2ª PARTE 



3ª PARTE

4ª PARTE