domingo, 24 de outubro de 2010

1º CONCURSO DE HISTORIAS DE MEDO

A semana pasada, Rosiña convocou, mediante unha carta ás titorías, con motivo da celebración do Samaín, o 1º CONCURSO DE HISTORIAS DE MEDO. Entrega a túa historia no buzón de Rosiña antes do mércores 27. Hai un premio para o gañador de cada ciclo. Moita sorte!!!!


LECTURAS PARA TREMER

Aquí vos deixamos a nova Guia de lecturas para o Samaín 2010: LECTURAS PARA TREMER.
Escollede ben o medo que queredes pasar e disfrutadeo!!!!


venres, 15 de outubro de 2010

QUE BONITO CANDO NOS UNIMOS PARA CONSTRUIR ALGO XUNTOS!!!

Dende o Colexio de Infantil e Primaria Mª Rosa Alonso (Taraconte- Tenerife) nos chega este fermoso LipDub no que participou toda a súa comunidade educativa (con 350 alumnos).

A idea xurdiu coa intención de realizar unha actividade de Fin de Curso (coa dificultade engadida de organizar a tantos rapaces de entre 3 e 12 anos) pero acabou sendo todo un acontecimiento tanto para eles como para o mestre ao que un día se lle ocurriu a idea de facer realidade esta "preciosa locura"


Ata saíron na tele, nas noticias!!! Queredes escoitalos?


Que emocionante!!!

martes, 12 de outubro de 2010

RECURSOS PARA O SAMAÍN


Chegou o Outono, e con el, o tempo da vendimia, das castaña, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións, e sobre todo, de medo, moito, moito medo.
Como xa queda pouco para que celebremos esta festa, tedes aquí todo tipo de recursos á vosa disposición para que os aproveitedes e os disfrutedes.
Pincha aquí. (Tamén tedes un enlace na barra de navegación da vosa dereita).

luns, 11 de outubro de 2010

OUTUBRO: MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


A Consellería de Educación difunde o Cartel "Biblioteca Escolar: un mundo de posibilidades" da ilustradora Marina Seoane co fin de lembrar as posibilidades da biblioteca escolar, e apoiar a visibilidade do traballo que o profesorado dos centros vén realizando para facer útiles estes importantes recursos educativos.
A biblioteca escolar, entendida como un espazo educativo pleno de oportunidades para a formación persoal e académica, pleno de posibilidades para a actuación docente; un lugar no que soñar e viaxar, un lugar presencial dende o que achegarse a mundos virtuais. Esa capacidade de estar presente no centro é a que facilita o achegamento de toda a comunidade educativa aos recursos, a que fai posible o encontro entre iguais pero tamén entre persoas distintas. Un lugar para o traballo, para o desenvolvemento desas competencias básicas indispensables para a vida persoal, académica e social. Un espazo, tamén, para a búsqueda e o achádego, para facerse preguntas e atopar respostas.

venres, 8 de outubro de 2010

MARIO VARGAS LLOSA: PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2010

Mario Vargas Llosa, escritor e académico de orixe peruano e nacionalizado español en 1993, foi galardonado onte co Premio Nobel de Literatura 2010.
O autor de obras como "La fiesta del chivo" o " La ciudad y los perros" é o primeiro autor que recibe o galardón dende que, en 1990, o gañase o mexicano Octavio Paz. O premio seralle entregado o vindeiro 10 de decembro en Estocolmo.
Vargas Llosa recibiu tamén o Premio Principe de Asturias das Letras en 1986, o Premio Planeta en 1993 e o Premio Cervantes en 1994.
A Editorial Alfaguara Infantil acaba de publicar en España unh
a colección especial dedicada ao público infantil chamada "Mi primer", que ten como obxectivo acercar, aos máis pequenos, aos grandes nomes da lit
eratura. E precisamente, un dos primeiros títulos desta colección é "Fonchito y la Luna" de Mario Vargas Llosa.
O conto comeza así: "Fonchito se moría de ganas por besar las mejillas de Nereida, la niña más bonita de su clase. Nereida tenía unos ojos grandes y muy vivos, una naricilla respingada, unos cabellos negrísimos y una tez blanca como la nieve...".
Con Fonchito podes vivir a emoción do primeiro amor e seguir as aventuras do seu protagonista que demostra o que un é capaz de facer por un ser querido, aínda que a súa petición
sexa, nada máis e nada menos, que a Lúa.
Disfruta con Fonchito!!!

luns, 4 de outubro de 2010

AS MOCHILAS XA VOLVEN A ESTAR DE VIAXE

O venres 1 de outubro as nosas queridas MOCHILAS VIAXIERAS saíron de novo de viaxe por unha chea de lugares de 3 concellos diferentes aos que pertencen os nosos alumnos: Mazaricos (San Cosme de Antes, Alborés, As Maroñas e San Fins de Eirons), Santa Comba (A Pereira) e Zas (Brandomil e Brandoñas).
Rosiña encheunas de sorpresas para que os/as nosos/as nenos/as compartan coas súas familias preciosos momentos de encontro para ver, ler e comentar o seu contido.
Coidadeas moito e escribídelle a Rosiña nos Cadernos Viaxeiros a vosa opinión sobre todos os materiais que vos prestou.
QUE AS DISFRUTEDES MOITO!!!
(Aquí podes ver os inventarios de todas as mochilas. Pero lembra que ó inventario cambia en función do rapaz/a que a leve.)

domingo, 3 de outubro de 2010

VISITA DE AVELINO O TRASNIÑO DO CESTIÑO

O venres 1 de outubro recibimos no cole a visita de Avelino, o trasniño do cestiño. Avelino é un trasno sementacontos que viaxa en Paztinete (un patinete pacifista) e que ensina ás nenas e nenos a sementar contos solidarios que alimentan a paz. Trátase da 11ª edición da Aula Itinerante dos Contos Solidarios 2010, adicada este ano ás escolas de educación infantil. Un proxecto da Asociación Cultura Papaventos Educación Ambiental de Chantada (Lugo) e a ONG "Bicis pola Paz" consistente en sesións de contacontos adaptadas ás idades dos nenos pariticipatnes e interpretadas por mnicreques tecidos por cooperativas de mulleres de Bangladesh dentro das propostas do Comercio Xusto.
Se queredes saber máis sobre os Contos Solidarios pinchade aquí.