O próximo luns, 9 de marzo, celebramos o "Día Internacional da Muller" no cole, e entre as actividades organizadas está unha que nos fai especial ilusión: a presenza das nais do noso alumnado, que virán contarnos en que consisten os seus traballos. Estamos desexando recibilas para escoitalas e preguntarlles as cuestións que nos xurdan, pero, sobre todo, o que nos enche de alegría é que queiran compartir connosco un ratiño de conversas coas nenas e nenos do cole, amosando compromiso, valentía, xenerosidade, e moitas outras cousas que agradecemos enormemente!!!!
Amosando publicacións coa etiqueta charlas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta charlas b>. Amosar todas as publicacións
venres, 6 de marzo de 2020
xoves, 14 de xuño de 2018
PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE LEITE E PRODUTOS LÁCTEOS
O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, co apoio económico da Unión Europea, levou adiante esta iniciativa ao observar que as estatísticas amosan un descenso no consumo de leite e produtos lácteos na poboación española de menor idade. O obxectivo do programa é fomentar o seu consumo, ademais de dar a coñecer a importancia do leite para manter unha dieta equilibrada.
Ao noso cole tamén chegou esta charla, que estivo dirixida por Patricia, quen expuxo os contidos en dúas quendas: a primeira para o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria (premede AQUÍ para ver as fotos); a segunda, para as nenas e nenos de 3º a 6º (premede AQUÍ para ver as fotos).
Etiquetas:
alimentación,
charlas,
Curso 2017-18,
leite
martes, 17 de abril de 2018
CHARLA CON NINA SOBRE ARQUEOLOXÍA
Esta mañá visitou a nosa biblioteca Nina, que nos veu falar de temas relacionados coa visita que faremos o próximo xoves. A arqueóloga do concello proxectou un vídeo sobre o megalitismo, que é a época máis antiga da que falamos, da coincidencia no tempo da época romana e os castros, e da catedral de Santiago como a representación arquitectónica máis salientable da época medieval.
O xoves, tendo todo isto en conta, visitaremos o castro de Monte Aro, a necrópole de Pedras Miúdas e Ponte Olveira.
ESTADES PREPARADAS/OS?
(Premendo sobre a imaxe podes ver as fotos)
luns, 5 de febreiro de 2018
CHARLA SOBRE PATRIMONIO
Comentamos que cousas consideramos forman parte do noso patrimonio e cales son as diferenzas entre patrimonio material e inmaterial.
Dentro do patrimonio material están os bens feitos polas sociedades do noso pasado:
-Arquitectura (monumentos, edificios e construcións que representan a nosa evolución).
-Arqueoloxía (elementos de valor producidos por culturas previas).
-Artístico e histórico (pinturas, esculturas ou producións artísticas que nos falan doutras
épocas).
-Natural (bens e riquezas naturais, ou ambientais, que a sociedade herdou dos seus antecesores. Tamén ecosistemas con especies endémicas ou en perigo de extinción, así como lugares delimitados polo seu valor excepcional).
-Industrial (edificios, máquinas, talleres, muíños, fábricas, minas, depósitos e medios de transporte).
O patrimonio inmaterial constitúeo o patrimonio intelectual e o sentido que fai única a unha comunidade, como as tradicións, a gastronomía, a literatura, as teorías científicas e filosóficas, a relixión, os ritos e a música, así como os patróns de comportamento que se expresan nas técnicas, na historia oral, a música e a danza. Estaría neste apartado:
-Saberes, tradicións e crenzas (coñecementos e modos de facer enraizados na vida cotiá. Formas de ser e de pensar que se transmitiron sobre todo oralmente, como son as lendas, ditos, crenzas...).
-Celebracións e coñecementos (rituais de música, danza, teatro... Tamén a gastronomía, os oficios artesanais e os coñecementos e prácticas relacionados coas plantas).
-Celebracións e coñecementos (rituais de música, danza, teatro... Tamén a gastronomía, os oficios artesanais e os coñecementos e prácticas relacionados coas plantas).
-Lugares simbólicos (mercados, feiras, santuarios, prazas e outros espazos nos que teñen lugar prácticas sociais únicas).
Mural elaborado en 5º e 6º sobre o patrimonio inmaterial da nosa comarca.
Premede AQUÍ para ver as imaxes desta charla informativa, e lembrade que en breve tocaravos a vós elixir que incluiriades vós dentro do patrimonio!!! Todas aquelas persoas interesadas teredes que estar moi atentas ás miñas vindeiras publicacións no blogue!!!!
Un saúdo,
mércores, 31 de xaneiro de 2018
CHARLA SOBRE O ENTROIDO
Ai, rapaciños, que pouco falta para o
Entroido!!! E nós cos disfraces aínda sen rematar... Para animarnos e
explicarnos un pouquiño máis sobre a recuperación do tradicional Entroido de
Arcos, esta mañá visitáronnos Suso Jurjo e o Sr. Leiro. A través dunha pequena
charla, fotografías e vídeos, descubríronnos interesantes datos sobre o disfraz
que levaremos este curso: o exército de panos.
Etiquetas:
charlas,
Curso 2017-18,
Entroido,
O mundo é máis lindo lendo,
tradicións
xoves, 29 de maio de 2014
UNHA MÉDICO-ENDOCRINO NO NOSO COLE
Hoxe recibimos no noso cole a Cristina Guillín Amarelle, médico-endocrino no Clínico que nos veu falar sobre como manter unha alimentación saudable. Esta charla está englobada dentro do programa de actividades do Proxecto Integrado deste ano Papacontos Zampalibros, que xira arredor do tema da alimentación e a gastronomía.
Contar coa presenza de Cristina foi todo un honor para todos nós, pois aprendemos unha chea de cousas con ela sobre a NUTRICIÓN.
A esta charla estaban invitados tamén os pais pero non acudiron moitos dada a hora de celebración. Por iso, decidimos perdille permiso a Cristina para gravar en vídeo a charla e ofrecérvola dende aquí a todos os que quixestes acudir pero non puidestes. Está dividida en 4 partes:
Tamén vos deixamos o material que ela proxectou durante a súa charla e que estamos seguros de que vos gustará ter sempre a man.
E para rematar a xornada fixémoslle entrega dun pequeno obsequio en agradecemento pola súa desinteresada colaboración.
Grazas, Cristina!!
LEMBRADE O IMPORTANTE QUE É TOMAR UN BO ALMORZO RAPACES !!
Etiquetas:
charlas,
charlas de expertos,
endocrina,
Papacontos Zampalibros,
proxecto integrado
xoves, 3 de abril de 2014
CURIOSIDADES SOBRE A ALIMENTACIÓN
Hoxe, 3 de abril, tivemos a sorte de recibir no noso centro a Adrián Blanco, Técnico Superior en Industrias Alimentarias que aceptou ofrecernos unha charla titulada "Curiosidades sobre a alimentación". Esta charla está enmarcada dentro do programa de actividades do Proxecto Intregrado deste curso "Papacontos, zampalibros" centrado no tema da gastronomía e a alimentación.
Con Adrián aprendemos unha chea de cousas. Lembrades os temas tratados: tipos de nutrientes, que son as calorías e a vitaminas, a enfermidade do mariñeiro, o valor do sal, a lactosa, graxas saturadas e insaturadas, graxas hidroxenadas, as chuches, a pirámide dos alimentos, o azucre nos refrescos, o aspartano e a sacarina, a deshidratación e o exceso do sal, as propiedades organolécticas, a alimentación na prehistoria, a domesticación dos animais, a alimentación en función da xeografía, a relixión e a cultura, o polo: a carne máis consumida, a conservación dos alimentos, as propiedades do mel, alimentos xurdidos de erros: o champán, o queixo, o reparto da comida no mundo, os alimentos tranxénicos, as diferencias entre entolerancia e alerxia, celíacos, alimentos tóxicos, os cogomelos, a importancia da hixiene na alimentación, a bacteria E-Coli, a salmonelosis, a toxina botulínica...
xoves, 27 de marzo de 2014
CHARLA SOBRE RISCOS ASOCIADOS ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS
O curso pasado recibimos unha charla dirixida ao alumnado sobre os Usos correctos das novas tecnoloxías dentro do chamado "Plan director para a conviencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos" organizada pola Delegación do Goberno en Galicia e impartida por un experto das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Hoxe, 23 de marzo, volvemos a recibir ao mesmo experto que viñera o curso pasado para impartir unha charla dirixida ás familias e as profesores e titulada "Riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais, especialmente acoso sexual ou difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles e a utilización de nenos na pornografía". A charla foi impartida por un membro da Garda Civil de Noia en horario de 13:30 á 15 horas.
Foi unha charla moi interesante e pais, nais e profes quedaron con ganas de máis.
De seguro repertiremos!!
Etiquetas:
charlas,
garda civil,
Novas tecnoloxías,
perigos
mércores, 26 de xuño de 2013
sábado, 1 de xuño de 2013
RIANA VAN NIEKERK TALJAARD, unha sudafricana en San Cosme
O mércores 29 visitou o noso centro RIANA VAN NIEKERK TALJAARD, unha profe de inglés se orixe sudafricano que se prestou para ver a darlles a os nosos nenos e nenas unha charla sobre o seu país: SUDÁFRICA.
Riana trouxo preparada unha presentación de fotografías e vídeos que escolleu con moito cariño para darnos a coñecer o seu país. Ademais trouxo billetes sudafricanos e un ovo de avestruz enorme e decorado pola súa filla como regalo para nós. Ah!!! E tamén nos trouxo un puzzle enorme de Sudáfrica que estamos desexando facer.
Riana respondeu ás preguntas dos más curiosos e deixounos no centro varias moedas do seu país e un puzzle de Sudáfrica enorme, a modo de agasallo, para facermos entre todos.
Esta visita é outra das actividades organizadas pola Biblioteca dentro do noso Proxecto Integrado de este ano "Onde os libros te leven" que xira entorno as culturas do mundo.
Podedes ver o vídeo da charla, se volo perdestes aquí:
GRACIAS RIANA!!! Por prestarte a compartir con nós esta experiencia tan especial e por acercarnos un pouco a un país tan lonxano e especial como o teu. Gracias por ter un carácter tan alegre e positivo e por saber buscar o mellor xeito de chegar ao corazón de todos os nenos e nenas de San Cosme!!
Agora formas parte das nosas experiencias vitais e sempre terás as portas abertas da nosa pequeña comunidade educativa!!
GRACIAS RIANA!!! Por prestarte a compartir con nós esta experiencia tan especial e por acercarnos un pouco a un país tan lonxano e especial como o teu. Gracias por ter un carácter tan alegre e positivo e por saber buscar o mellor xeito de chegar ao corazón de todos os nenos e nenas de San Cosme!!
Agora formas parte das nosas experiencias vitais e sempre terás as portas abertas da nosa pequeña comunidade educativa!!
Charla de Riana from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Aquí tedes algunhas fotos da visita de Riana!
mércores, 8 de maio de 2013
CHARLA DE DESIRÉ KOUAKOU TANOH
Desiré, que naceu en Costa de Marfil, veu a falarnos un pouco sobre o seu pobo natal e sobre a ONG ENGUEIRE (Asociación de Cooperación Exterior Egueire) da que é presidente e da que algúns pais e nais do noso centro son membros.
A labor desta ONG céntrase principalmente en axudar ao seu pobo a que "poida camiñar por si mesmo". O seu proxecto pretende construir unha casa en GRAND LAHOU para convertila nun centro educativo.
Desiré leva case 7 anos en Mazaricos e encárgase dos feligreses de Brandomil, Brandoñas, Muíño, Os Vaos e Alborés, nos concellos de Zas e Mazaricos.
Esta visita está enmarcada dentro do noso Proxecto Integrado "Onde os libros nos leven"
Charla de DESIRÉ KOUAKOU TANOH no CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Aquí tedes as fotos tamén !!!
Etiquetas:
charlas,
Desiré Kouakou Tanoh
mércores, 17 de abril de 2013
HOXE, SAÍMOS OUTRA VEZ NO PERIÓDICO
Hoxe a Voz de Galicia volveu publicar unha noticia da que somos de novo protagonistas e na que informan da visita de Vadim Yukhnevich ao noso cole.
sábado, 6 de abril de 2013
VISITA DO ACORDEONISTA BIELORRUSO VADIM YUKHNEVICH,
Onte recibimos unha visita moi especial na nosa biblioteca de VADIM YUKHNEVICH, un marabilloso acordeonista bielorruso!!
Vadim veunos a falar sobre a cultura do seu país, BIELORRUSIA dentro do programa de actividades organizado desde a biblioteca para o Proxecto Integrado deste ano "Onde os libros te leven"
Vadim Yukhnevich recorreu varios lugares de Europa (Alemaña, Francia...) tocando na rúa con outros instrumentistas. Ademáis de impartir clases de acordeón, forma parte de numerosos proxectos relacionados coa escena: participa tocando en directo en diversas obras de teatro (Berrobambán, Mago Teto...); realiza gravacións e espectáculos didácticos (Boas Noites, O camaleón musical...), forma parte de varios grupos musicais (Stranniki, Xúa Kibitka, Banda Crebinsky...)
Leva 12 anos vivindo en Galicia, así que xa coñece moi ben a nosa cultura, e nós queriamos saber da súa: cómo é a vida cotiá en Bielorrusia, que similitudes e diferenzas ten coa nosa... E sobre todo, queriamos saber sobre a música e a danza bielorrusa.... e, por suposto, escoitar o seu acordeón!!!
Aquí tedes a fotos da súa visita:
E tamén podedes disfrutar do vídeo por si non poidestes estar presentes ou por si o queredes volver a ver.
Charla de Vadin Yukhnevich, acordeonista bielorruso no CEIP VÍCTOR SÁENZ dentro do programa de actividades do PROXECTO INTEGRADO 2012-13 "Onde os libros te leven" dedicado ás culturas do mundo. Venres 5 de abril de 2013
O DOCE MUNDO DO MEL
O venres 5 de abril de 10:00 a 10:30, Beatríz Rios, impartiu aos alumnos aos alumons de Educación Primaria unha actividade que levaba por título "O doce mundo do mel en Galicia", unha campaña divulgadora do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. Os rapaces visionaron imaxes e atenderon as explicacións de Beatriz que lles ensinou o proceso de obtención do mel así como os materiais que utilizan os apicultores para extraela e ata lles permitiu probar un traxe de apicultor. Como remate da sesión, os nenos probaron o mel, e levaron para a casa, un tarriño de mel como agasallo.
Aquí vos deixamos as fotos da actividade:
E aqui vos deixamos algunhas recomendacións lectoras que nos achegan ao mundo das abellas
El fascinante mundo de las abejas
Editorial Parramón
Las abejas
Susanna Aránega
Editorial La Galera
O mel
Teresa Sabaté e Carme Solá
Baía Edicións
Dez abellas na laranxeira
Marilar Aleixandre
Editorial Xerais
Descubre las abejas
Alejandro Algarra
Editorial Edebé
Quizá tamén é conviniente que lle botedes unha ollada á este reportaxe:
mércores, 27 de marzo de 2013
HOXE SAÍMOS NA VOZ DE GALICIA
Ola a todos!!!!
Hoxe o noso cole sae nun artígo da Voz de Galicia!!
O artigo faixe eco das charlas que estamos organizando no centro dentro do programa de actividades do Proxecto Integrado "Onde os libros nos leven". Este é o proxecto que se plantexou dende a nosa biblioteca neste curso e que xira en torno ao tema das diferentes culturas do mundo.
Botádelle un ollada á noticia. Pinchade sobre a imaxe!!
luns, 4 de febreiro de 2013
Volve ANGEL CARRACEDO ao noso centro
O vindeiro xoves 21 de febreiro, volve ao noso centro, o padriño da nosa Biblioteca Escolar, D. Angel Mª Carracedo Alvarez, para dar unha charla a nenos e maiores sobre "A orixe xenética das diferentes razas humanas". Esta charla está enmarcada, como outras que levamos realizadas durante este curso, dentro das actividades organizadas dende o noso Proxecto Integrado 2012-13 sobre as diferentes culturas do mundo e que titulamos "Onde os libros te leven".
Angel falaranos, non só da orixe xenética das razas, senón tamén de moitas das investigacións xenéticas realizadas polo seu equipo no seus laboratorios. Algunhas son moi coñecidas como: a identificación das víctimas do tsunami do sudeste asiático ou do 11M ou a súa colaboración coa Policía Española ou con Scotland Yard na identificación de víctimas de asesinato. Outras non tan coñecidas como a súa colaboración coa Fiscalía Colombiana para a identificación dun neno acollido nun centro de protección de menores de Bogotá, para comprobar se era fillo ou non de Clara Rojas, secuestrada polas FARC no ano 2002. Este caso tivo moita repercusión nos medios de comunicación ao chegar ás pantallas de cine a película "Operación E" do director hispano-francés Miguel Courtois e protagonizada por un dos máis recoñecidos actores galegos, o noso Luis Tosar.
venres, 1 de febreiro de 2013
Vídeo da charla de Esperanza Calvo xa á vosa disposición
Que tal, rapaces??
Por fin temos preparado o vídeo da Charla que nos ofreceu ESPERANZA CALVO, corresponsal de Tele 5 en China no noso cole.
Estamos seguros de que a ela faralle tanta ilusión como a nós poder ver este vídeo e lembrar o momento tan estupendo que pasamos con ela e o moito que nos ensinou sobre China.
Esperamos que Esperanza xa esquecera os malos momentos que lle fixo pasar o noso portatil coas fotos que nos traía preparadas.
Como ela vai ler isto desde China, aproveitamos para mandarlle unha forte aperta e un feixe de bicos de todos nós.
GRAZAS ESPERANZA!!!
GRAZAS POLA TÚA DISPOÑIBILIDADE E POLA TÚA APORTACIÓN Á NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA!
Tés as portas do noso cole e da nosa biblio abertas para cando queiras volver!!!
CHARLA DE ESPERANZA CALVO CORRESPONSAL DE TELE 5 EN CHINA NO CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz1 on Vimeo.
Charla da periodista Esperanza Calvo correspondal de Tele 5 en China no CEIP VÍCTOR SÁENZ dentro do programa de actividades do Proxecto Integrado 2012-13 "Onde os libros te leven" dedicado ás culturas do mundo. 11 de xaneiro de 2013.
http://bibliovictorsaenz.blogspot.com
venres, 25 de xaneiro de 2013
Visita de Haruna Takebe, concertista de piano xaponesa ao noso cole
Ola rapaces!!
Unha das actividades programadas dende a Biblioteca dentro do PROXECTO INTEGRADO deste curso "Onde os libres te leven", consiste nunha serie de charlas de xente doutras culturas que teña a ben visitarnos ou de xente que teña traballado noutros paises e que poida vir falarnos da súa cultura o dos seus costumes. Xa tivemos connosco a Esperanza Calvo, corresponsal de Telecinco en China, fai uns días (pronto estaremos en disposición de colgar o vídeo da súa charla) e agora temos a sorte de contar coa presencia dunha importante concertista de piano procedente de Xapón: Haruna Takebe. Imos coñecela un pouquiño mellor!
Temos que anunciarvos outra boa nova!!
O luns día 28 de xaneiro recibiremos no noso cole a visita de HARUNA TAKEBE concertista de piano xaponesa.
Unha das actividades programadas dende a Biblioteca dentro do PROXECTO INTEGRADO deste curso "Onde os libres te leven", consiste nunha serie de charlas de xente doutras culturas que teña a ben visitarnos ou de xente que teña traballado noutros paises e que poida vir falarnos da súa cultura o dos seus costumes. Xa tivemos connosco a Esperanza Calvo, corresponsal de Telecinco en China, fai uns días (pronto estaremos en disposición de colgar o vídeo da súa charla) e agora temos a sorte de contar coa presencia dunha importante concertista de piano procedente de Xapón: Haruna Takebe. Imos coñecela un pouquiño mellor!
Haruna naceu nunha pequena illa do Xapón. A súa paixón pola música e polo piano levouna a graduarse en interpretación pianística pola Toho Gakuen de Tokio. En 1999 trasladouse a Europa para ampliar a súa formación: primeiro en Alemaña onde se graduou na Universidade das Artes de Berlín, despois en Francia na L'École Nacional de Musique de Patin e logo en Holanda para obter o Master's degree de solista, música de cámara así como, de acompañante de lied baixo a dirección do profesor Willem Brons no Conservatorium van Amsterdam. A súa actividade profesional como concertista inclúe a interpretación habitual de concertos para piano e orquestra (coa Symfonie
Orchester Berlin na Berlin-Philharmonie ou a Takamatsu Symphony Orchestra) así como colaboracións con membros da Orquestra Filharmónica Checa.
En novembro de 2004 gravou un disco para o selo STH. Dende 2007 combina a interpretación coa docencia incorporándose como catedrática de Piano na Elisabeth University of Music de Hiroshima onde permaneceu ata 2009, cando decidiu trasladarse a España para compartir a súa vida co compositor, pianista e exdirector do Conservatorio Profesional de Música, David Durán, natural da capital do Santa Comba.
Haruna considérase unha enamorada de Schubert e Debussy, pero gustaríalle tamén traballar pezas de compositores xaponeses contemporáneos.
Pese a estar afincada en Galicia, Haruna continúa ofrecendo concertos no seu país natal. Quizá sea o seu carácter aberto e a súa convivencia con distintas culturas tan diferentes á de ela a que a levaron a non sentirse estrana en terras galegas. "La gente aquí es muy simpática y muy hospitalaria. Nunca me he sentido extraña". A súa vida ideal: "Vivir mitad en Japón, mitad en Santiago". E para sentirse un pouco máis galega, Haruna Takebe decidiu iniciarse no idioma de Castelao.
Pero Haruna non ven ao noso cole a falarnos de música nin do seu traballo como pianista e concertista. Ven para falarnos do XAPÓN, da súa terra, dos seus costumes, da súa cultura... E nós estamos deseosos de escoitala, claro!! E algo máis adiante intentará facer un pequeno oco na súa apretada axenda para tocar para nós!! MENUDO LUXAZO ehhh?
Xa sabedes o luns 28 ás 10:30 na Aula de Audiovisuais. ESPERAMOSVOS!!
Etiquetas:
charlas,
Haruna Takebe,
Onde os libros te leven,
proxecto integrado
martes, 8 de xaneiro de 2013
Visita de Esperanza Calvo, corresponsal de Tele 5 en China ao noso cole
Ola a todos e todas!!
Hoxe temos unha noticia moi importante que darvos!!
O venres día 11 de xaneiro recibiremos no noso cole a visita de ESPERANZA CALVO corresponsal de Tele 5 en China.
Esperanza naceu en Santa Comba e estudou Periodismo. A súa formación tivo lugar na Universidade de Santiago de Compostela, na Universidade de Salamanca e na Universidade Complutense de Madrid. Traballou para a CRTVG, Antena 3 e Tele 5. Actualmente traballa como corresponsal de Mediaset España en Pekín.
Como este ano estamos traballando o tema das culturas do mundo dentro do noso PROXECTO INTEGRADO: "Onde os libros te leven" e aproveitando uns días que Esperanza veu a pasar a España pedímoslle que viñera ao noso cole a falarnos de China, o país onde vive e traballa dende fai un tempo.
Podedes ver algúns dos seus reportaxes pinchando nestes enlaces:
Podedes ver algúns dos seus reportaxes pinchando nestes enlaces:
Lembrade venres 11 ás 12:15 na aula de Audiovisuais!!
Esperanza estamos desexando coñecerte!
Etiquetas:
charlas,
China,
Esperanza Calvo,
Onde os libros te leven,
proxecto integrado
venres, 3 de febreiro de 2012
CHARLA "O MONTE VIVO"
Hoxe xoves, 2 de febreiro recibimos unha charla no centro titulada O MONTE VIVO no marco do proxecto LIFE “O monte vivo”, que promoven a Xunta, a Asociación Profesional de Silvicultores (SILVANUS) e a Asociación Sectorial Forestal Galega (ASEFOGA). Con esta iniciativa procurase, entre outros fins, fomentar a toma de conciencia da poboación en xeral e dos máis pequenos en particular sobre o necesario coidado, conservación e posta en valor da nosa riqueza forestal. O proxecto céntrase en concreto na redución do número de incendios no monte de orixe intencionada ou neglixente.
O programa LIFE é o instrumento financeiro da Unión Europea destinado a apoiar proxectos relacionados coa conservación da natureza e o respecto ao medio ambiente. Neste caso concreto, o proxecto “O monte vivo” ten como principal obxectivo cambiar determinados comportamentos da poboación en relación cos incendios forestais, mediante a participación activa e responsable dos cidadáns na protección dos bosques. E permitir, ao tempo, que tomen conciencia do seu uso sostible, contribuíndo á protección da biodiversidade, co fin último de acadar unha redución do número de lumes de orixe intencionada ou neglixente.
A campaña céntrase en incrementar a concienciación sobre os incendios forestais e a súa influencia sobre o equilibrio ecolóxico, as perdas que supón en canto diminución da biodiversidade, da capacidade produtiva do monte, da calidade das augas ou do ocio. Explícanse cales son as principais causas dos incendios, as medidas de prevención, a regulación do uso do lume e a necesidade da participación dos cidadáns na conservación do medio natural.
Concienciación
As accións que se levan a cabo dentro deste proxecto se centran en campañas para incrementar a concienciación, dirixidas por unha banda á poboación escolar dos centros educativos de Galicia, a través de actividades presenciais, traballos do alumnado con ferramentas web e a participación en concursos de debuxo e redacción, caso dos que se veñen de convocar agora.
As accións que se levan a cabo dentro deste proxecto se centran en campañas para incrementar a concienciación, dirixidas por unha banda á poboación escolar dos centros educativos de Galicia, a través de actividades presenciais, traballos do alumnado con ferramentas web e a participación en concursos de debuxo e redacción, caso dos que se veñen de convocar agora.
CHARLA: O monte vivo (Infantil + 1º, 2º e 3º de Primaria from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
CHARLA: O MONTE VIVO (4º, 5º e 6º curso) from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Etiquetas:
bosque,
bosques,
charlas,
semenatando bosques de palabras
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











