venres, 20 de decembro de 2013

FESTIVAL DE NADAL

Hoxe, venres 20 de decembro, celebramos o Festival de Nadal 2014 coas representacións e actuacións preparadas nas titorías por tódolos cursos, e algunhas actuacións individuais. Case todas as actuacións tiñan relación co Proxecto Integrado de este ano PAPACONTOS ZAMPALIBROS, que xira arredor do tema da gastronomía.
Ao rematar o festival recibimos a visita dos REIS MAGOS DE ORIENTE, que nos trouxeron unha chea de agasallos para todos os nenos e nenas do cole.
Aquí tedes algunhas fotos da xornada.




A biblioteca deixavos á vosa disposición o enlace a un recopilatorio de recursos sobre o Nadal que de seguro vos vai encantar. Pincha sobre a ilustración para acceder a eles



xoves, 19 de decembro de 2013

CALENDARIO GASTRONÓMICO 2014

Xa está rematado o Calendario do 2014 elaborado cos traballos plásticos dos rapaces e rapazas do cole entorno ao tema do Proxecto Integrado deste curso. Como ben sabedes estamos traballando este ano arredor da temática da gastronomía e alimentación e ocorreusenos que cada clase elaborase a súa versión de algún cadro famoso relacionado coa temática da gastronomía. Era un xeito de mesturar Arte e Gastronomía. Estes traballos foron elaborados nas horas de Educación Artística polos rapaces e como podedes ver quedoulles un traballo precioso. 
Así que finalmente presentamosvos un Calendario Gastronómico que podedes descargar e imprimir cantas veces queirades. (Lembrade rexistrarvos en ISSUU para poder descargalo)




E aquí vos deixamos tamén as fotos dos traballos por se as queredes descargar:

domingo, 15 de decembro de 2013

GUÍA DE LECTURA NADAL 2013

Velaí van as nosas recomendacións lectoras para este Nadal. Podedes ir botándolle un ollo para anotalas para as vosas cartas ao Apalpador, a Papá Noel ou aos Reis Magos. Seguro que atopades algún título que vos guste.
Escollede ben !!!


venres, 13 de decembro de 2013

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Todos os anos se convoca o CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL e este ano non ía ser menos. Os nenos e nenas presentaron os seus magníficos traballos feitos na aula. 
Os gañadores deste concurso resultaron ser: 

  • Educación Infantil: Todos os alumnos 
  • 1º Ciclo de Educación Primaria: Mª JOSÉ VILA GRILLE (1º
  • 2º Ciclo de Educación Primaria: ALEX INSUA MOLDES (4º)
  • 3º Ciclo de Educación Primaria:  DANIEL ANTELO REY (6º)

A postal da Daniel resultou finalmente a gañadora final e converteuse na postal oficial do colexio. Foi enviada aos domicilios de todos os alumnos e a outros centros educativos e estamentos públicos.

 Podes descargala desde AQUÍ

    martes, 10 de decembro de 2013

    DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS. CARREIRA SAVE THE CHILDREN

    Hoxe martes 10 de decembro, en horario de tarde, celebramos o Día Internacional dos Dereitos Humanos. 
    Os rapaces e as súas titoras elaboraron pancartas para conmemorar cada un dos dereitos. Ademáis os alumnos de 6º de Primaria informáronos dalgúns aspectos importantes sobre ETIOPÍA, país ao que este ano a ONG SAVE THE CHILCREN dedica a X Carreira Kilómentros de Solidariedade. 
    Despois fixemos unha recaudación de cartos que os rapaces queren enviar a esta ONG.


    A biblioteca sacou ao corredor do colexio todos os seus fondos relacionados co tema dos dereitos dos nenos para que os teñades máis á vista.

    A biblioteca tamén quere recomendarvos un libro para conmemorar este día.




    El extraordinario de Lucius Dumb
    Editorial Edelvives
    «Os científicos máis importantes do mundo recibiron un encargo moi especial: descubrir o instrumento capaz de convertir a Terra nun lugar oonde a xente poidera vivir feliz». Así comeza esta fascinante historia que, mediante nove relatos, lévanos a descubrir os Dereitos Humanos. Da man de Lucius Dumb descubriremos cómo os DereitosHumanos son o noso mellor instrumento para facer  deste un mundo mellor.




    Cando rematedes de ler o libro podedes ver a historia en formato película:



    mércores, 4 de decembro de 2013

    SON SAMUEL E QUERO RECOMENDARVOS...

    Ola rapaces!



    Son Samuel de 5º e quero recomendarvos....

    TÍTULO: "Diario de Greg 5: La cruda realidad"
    AUTOR: Jeff Kinney
    EDITORIAL: Molino

    Recoméndovos este libro porque é moi divertido e entretido.

    Vouvos contar un pouco do libro:

    Greg é un rapaz ao que a súa nai lle comprou un diario para escribir alí a súa vida. Nel escribe o que lle pasa na escola. Él non é popular, pero divírtese gastándolle bromas ao se irmán maior Rodrick.

    Espero que vos guste!

    Samuel

    SON ALEX E QUERO RECOMENDARVOS...

    Ola rapaces!
    Son Alex de 5º e quero recomendarvos....

    TÍTULO: Diario de Greg 6: atrapados na neve 
    AUTOR: Jeff Kinney 
    EDITORIAL: Molino 

    A min gústame o libro porque é moi entretido e, ademais, gústame toda a saga do Diario de Greg. 
    Vouvos contar un pequeno resumo: 
    Vai dun rapaz chamado Greg que foi acusado de causar desperfectos ao colexio aínda que era inocente. 
    A policía anda tras a pista de Greg, pero unha inesperada treboada de neve deixa encerrada á familia de Greg na casa. Greg sabe que cando a neve se derrita terá que dar unhas cantas explicacións á policía...

    Desexo que vos guste tanto como a min!

    Alex

    SON ÉRIKA E QUERO RECOMENDARVOS...

    Ola rapaces!

    Son Érika de 5º e quero recomendarvos....

    TÍTULO: Diario de Nikki 4
    AUTOR: Rachel Renée Russell
    EDITORIAL: Molino


    Este libro trata dunha nena chamada Nikki. A ela non lle importa que o rapaz dos seus soños traballe nun refuxio de animais. Pero o chico díxolle que ían pechar o refuxio. Nikki e as súas amigas participan nun concurso de patinaxe sobre xeo para gañar cartos e así axudalo.

    Gústame porque me encantan a súas aventuras e ademais son moi divertidas.

    Érika

    SON RAÚL E QUERO RECOMENDARVOS...

    Ola rapaces!
    Son Raúl de 5º e quero recomendarvos....

    TÍTULO: Diario de Greg
    AUTOR: Jeff Kinney
    EDITORIAL: Molino

    Este libro gustoume moito por iso vouvos contar un pouquiño:

    A festa de San Valentín puxo ó colexio de Greg patas arriba. Incluso el se lanzou a buscar plan! Aínda que enseguida se empezou a preocupar por se se quedaba só no frío da "gran" noite... O seu mellor amigo, Rowley, tampouco ten plans, pero iso non é máis ca un "consolo do pringado".

    Gústame o libro porque xa lin todos os libros que saíron.

    Espero que vos guste!

    Raúl

    SON UXÍA E QUERO RECOMENDARVOS...

    Ola rapaces!
    Son Uxía de 5º e quero recomendarvos....

    TÍTULO: Enciclopedia de las mascotas
    AUTOR: Michaela miller
    EDITORIAL: SM

    Vouvos recomendar un libro que me gustou moito.

    É unha enciclopedia con varios capítulos, un para cada mascota. Hai gatos, coellos, cans e cabalos. Dentro de cada animal aparece recollido: alimentación, razas, veterinarios... Se queres ter unha mascota ou xa a tes, esta información de seguro che interesará.

    A min gústame porque é moi interesante e apréndese moito dos animais. A mín encántanme!!

    Uxía


    SON FROILÁN E QUERO RECOMENDARVOS...

    Ola rapaces!
    Son Froilán de 5º e quero recomendarvos....

    TÍTULO: A enciclopedia das mascotas.
    AUTOR:  Michaela Milla.
    EDITORIAL: SM.


    Recoméndovos este libro porque é moi interesante, xa que aprendes cousas sobre os animais. O libro explicarache cousas sobre os animais que máis che interesan e tamén como coidalos. No libro, de xeito ordeado, aparece: cómo alimentalo e o que máis lle gusta facer.

    Espero que vos guste.

    Froilán

    SON IAGO E QUERO RECOMENDARVOS...

    Ola rapaces!
    Son Iago de 5º e quero recomendarvos....

    TÍTULO: Las grandes catedrales/Marco Polo
    COLECCIÓN: ÉRASE UNA VEZ EL HOMBRE
    AUTOR: Albert Barillé
    EDITORIAL: Ediciones Junior S.A.

    A min gústame este libro porque trata de épocas diferentes en cada capítulo e ademais é un cómic moi divertido.
    Os personaxes son:
    Pedro, Gordo, O Maestro, A nai, Pedrito, Gordete, Tiñoso e Baixiño. Os dous malos sempre van perdendo, por iso o cómic é moi entretido.

    Espero que vos guste!

    Iago

    SON JULIA E QUERO RECOMENDARVOS

    Ola rapaces!
    Son Julia de 5º e quero recomendarvos....

    TÍTULO: Diario de Nikki 4
    AUTOR: Rachel Renee Rusell
    EDITORIAL: Molino

    Este libro gústame porque di o que me podería pasar a min.

    Vouvos contar un pouco de que vai:

    Unha rapaza chamada Nikki non se sorprende ao saber que o rapaz dos seus soños, Brandon, traballa de voluntario nun refuxio de animais. O rapaz é moi dulce, claro que os ía axudar! Brandon dille a Nikki que van cerrar o refuxio de animais. Ela fai todo o posible para salvalo. Así que ela e as súas amigas apúntanse a un concurso de patinaxe sobre xeo para recaudar diñeiro suficiente para axudalo.

    Tédelo que ler! Vaivos gustar!

    Julia


    SON MARIO E QUERO RECOMENDARVOS...

    Ola rapaces!
    Son Mario de 5º e quero recomendarvos....

    TITULO: Diario de Greg 7 buscando plan...
    AUTOR: Jeff Kinney
    EDITORIAL: Molino


    Este libro trata sobre Greg, un rapaz que busca parella para o baile, desesperado porque todas as rapazas están pilladas. Rowley, seu amigo, que está no comité, axúdalle a atopar parella para o baile. Pero a parella que lle busca está máis interesada en Rowley. A partir de aí suceden moitas aventuras.

    O libro gústame porque é moi divertido e gracioso, por iso anímovos a lelo.

    Mario

    luns, 25 de novembro de 2013

    25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

    Outo ano máis o noso blogue volve a sumarse á celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. Loitamos porque desapareza unha lacra social que non é senón a consecuencia do machismo e dunha regresión social que cada día nos preocupa máis.
    Aquí volvemos a compartir con todos vos esta recompilación de recursos relacionados con este día para que lles saquedes todo o proveito que podades.






    Tamén vos queríamos recomendar un libro que acaba de publicar Kalandraka. Trátase da HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES de Adela Turín.



       Esta é a historia da tribo dos Bonobos. Unha tribo moi singular de chimpancés pigmeos que vivían nun bosque moi frondoso e no cal se pasaban días e días ocupados mascando os froitos e as bagas, pebidas,  sementes e raícesque as bonobas recollían durante todo o día para eles.
    Mentres elas traballaban os bonobos pasábanse todo o día sen facer nada e molestaban coas súas charlas e ruídos a todo o mundo. Afortunadamente os bonobos decidiron deixar a súa preguiza e facer algo máis proveitoso e entre todos decidiron instruírse e aprender inglés. Deste modo os catro bonobos máis guapos e fermosos emprenderon a súa viaxe a Belfast. 

    Á súa volta trouxeron consigo uns estupendos lentes e unha maleta negra repleta delas. Comezaron a instruír a toda a tribo coas súas ensinanzas e a cada un dos bonobos que aprendía a lección lles regalaban uns preciosos lentes

    Pero e as bonobas?....¿Ellas non eran merecedoras deses lentes?. Pero tamén elas escoitaban e aprendían a lección, e aprendían igual ou mellor ca eles esas palabras tan estrañas que trouxeran de Belfast. E así foi como os bonobos decidiron que as bonobas non eran dignas deses lentes de nin aprender as leccións xa que debían estar ocupadas na recolección de froitos para os demais.

    Pero un bo día, as bonobas cansáronse desta idea tan absurda e decidiron cambiar algo máis que ese precioso bosque frondoso onde vivían...

    Esta preciosa historia de Adela Turín é todo un clásico ilustrado que reivindica o papel de loita e superación da muller nunha sociedade machista, a cal impón límites e establece cales son ou deben ser os roles que debe desempeñar o home e a muller na sociedade na sociedade na que vivimos

    Adela Turín e Nelia Bosnia, escritora e ilustradora do conto, foron fundadoras en 1970 da editorial "A favor de las niñas", que se creou en Italia co obxectivo de reivindicar os dereitos das mulleres a través da Literatura Infantil. Adela Turín investiga e denucia dende os seus inicios os casos de sexismo nos materiais educativos, ademáis de xerar mecanismos de sensibilización dirixidos ao sector editorial. Os seus libros "Rosa Caramelo", "Arturo e Clementina" e "A historia dos bonobos con gafas" foron pioneiros en traballar os temas da igualdade e a coeducación para o público infantil. 

    venres, 22 de novembro de 2013

    A profe Cruz prepara un decálogo de lectura para Primaria

    A profe Cruz (a profe de 2º ciclo) preparou este decálogo de lectura para Primaria e quixo compartilo con todos nós.
    Estade ben atentos porque nos da algúns conselliños para que escollades as vosas lecturas.
    Moitas grazas Cruz!



    PRESTAMO DA FUNDACIÓN GERMÁN SÁNCHEZ RUIPEREZ

    Recentemente chegaron ao noso cole os libros que pedimos prestados á FUNDACIÓN GERMÁN SÁNCHEZ RUIPÉREZ  relacionados co noso Proxecto Integrado deste curso: PAPACONTOS ZAMPALIBROS que xira entorno ao tema da gastronomía.
    Poderemos disfrutar destes fondos da FUNDACIÓN  durante o resto do curso. 
    Este é xa o segundo ano que solicitamos a colaboración desta Fundación que traballa dende hai moitos anos en relación a literatura infantil e xuvenil
    Esperamos que os disfrutedes e lles saquedes o mellor partido.


    mércores, 20 de novembro de 2013

    DÍA UNIVERSAL DO NENO

    Hoxe, 20 de novembro, celébrase o DÍA UNIVERSAL DO NENO. A Biblioteca xa expuxo no corredor do colexio as obras literarias sobre esta temática, que poderedes coller para traballar con elas nas aulas. Ademais, no blog tedes diferentes recursos que vos poden ser útiles. Pincha AQUÍ para acceder a eles.
    E aquí vos deixamos unha canción para lembrar a todo o mundo que debemos aos nenos o mellor que poidamos darlle:


    Tamén podedes acceder ao programa educativo de UNICEF pinchando AQUÍ.

    Dende a biblioteca preparamos este vídeo de conmemoración para este día tan especial esperamos que vos guste.

    DÍA INTERNACIONAL DO NENO 2013 from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
    Vídeo elaborado pola Biblioteca Escolar do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos con imaxes publicadas polo xornal "EL PAÍS" nunha fotogalería dedicada ao día do neno o día 20 de novembro do 2013. Música. "Querote mais" de O SONORO MAXÍN.

    sábado, 16 de novembro de 2013

    xoves, 14 de novembro de 2013

    A CIENCIA... EN GALEGO!

    Convidados pola Coordinadora Galega de ENDL, o pasado 12 de novembro participamos nunha videoconferencia a través da web, celebrando así o "IV Día da Ciencia en Galego". O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria asistimos á videoconferencia impartida por Marilar Aleixandre. A Marilar coñecémola moito na Biblioteca pola súa creación literaria para rapaces/zas: O trasno de Alqueidón, A formiga coxa ou Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón podedes atopalos na nosa colección. Pero, ademais de escritora é toda unha experta en Ciencias Naturais, e así nolo demostrou o pasado martes, ofrecéndonos unha interesante conferencia baixo o título "Benqueridos insectos". A través de fermosas fotografías, anécdotas e estudos científicos deixounos ben claro que estes pequenos bichiños teñen un papel fundamental no equilibrio do noso planeta: sen eles non poderiamos vivir!!!
    Para que non esquezamos nada do que aprendemos nesa xornada, Marilar Aleixandre deixou á nosa disposición a presentación que elaborou para todos nós:

    E aquí tedes algunhas das imaxes dunha entretida mañá de ciencia en galego!

    mércores, 13 de novembro de 2013

    luns, 11 de novembro de 2013

    UN MAGOSTO CON MÚSICA, XOGOS E CASTAÑAS

    Así foi como celebramos nesta ocasión unha das nosas festas preferidas: o MAGOSTO. 
    Seleccionamos sete xogos tradicionais galegos nos que fomos participando en grupos e cos cales nos divertimos moitísimo! Mentras tanto, o noso conserxe Rubén, coa axuda dalgún pai dos meniños do cole, comezaban a asar as castañas. Ao seu fantástico arrecendo fóronse sumando tamén os/as convidados/as á celebración: nais, avoas, pais, acompañantes de autobús, condutores... Para todos cantamos e bailamos a canción "Arao" no patio do colexio. E despois de tanta actividade física xa era hora de probar as castañas, un dos froitos máis característicos desta época do ano. Que boas estaban!!!
    Nas seguintes fotos podedes ver o ben que o pasamos:

    mércores, 6 de novembro de 2013

    ENTREGA DE PREMIOS NO IV CONCURSO DE RELATOS DE MEDO NO SAMAÍN 2013

    Tal e como prometemos o pasado 30 de outubro, aquí tedes os relatos gañadores neste Samaín 2013! Aproveitamos para felicitar a todas as persoas participantes no mesmo, agradecéndovos tamén o esforzo por tratar de idear historias que xirasen ao redor do tema gastronómico. Sodes, xunto coas vosas mestras, uns auténticos artistas!
    Desfrutade moito coas historias gañadoras!!!

    En EDUCACIÓN INFANTIL elaboraron conxuntamente este relato, que titularon O dragón lambón:

    No 1º Ciclo de Educación Primaria o premio foi para ÁNGELO DAMIÁN GÓMEZ DOMÍNGUEZ (2º curso) polo relato O plátano asasino:

    No 2º Ciclo de Educación Primaria O hamburgueseiro tolo, de GABRIEL ROMERO VECINO (4º curso) foi o relato premiado:

    No 3º Ciclo de Educación Primaria, o relato de SANDRA LÓPEZ PEÓN (6º curso) foi o máis votado. O seu título, A maldición da pantasma:

    E aquí aparecen retratados os gañadores coas súas mestras e os seus agasallos:

    martes, 5 de novembro de 2013

    EXPOSICIÓN E CONCURSO DE CABAZAS NO SAMAÍN 2013

    Un ano máis, o corredor do colexio encheuse por estas datas de cabazas decoradas por todo o alumnado. De tamaños diferentes, a inspiración nas familias participantes deu resultados moi creativos, algúns dos cales estaban tamén relacionados coa gastronomía e a alimentación. Así de orixinais se expuxeron no colexio:



    E houbo premios!!! Pero nesta ocasión os encargados de elixir as cabazas gañadoras nos diferentes ciclos foron os propios nenos e nenas do colexio. Tratando de que a elección fose o máis obxectiva posible, o alumnado non votou as cabazas do seu ciclo. E así quedou o podio:

    -Cabaza gañadora en Educación Infantil: PAULA BARCIA BLANCO (Infantil 5 anos)

    Paula recolle o agasallo entregado pola súa mestra Ana.

    -Cabaza gañadora no 1º Ciclo de Educación Primaria: AINHOA CAL CURRAIS (2º curso)

    Ainhoa recibe o premio pola súa mestra Isabel.

    -Cabaza gañadora no 2º Ciclo de Educación Primaria: ÁLEX ÍNSUA MOLDES (4º curso)

    Álex recibe o premio da súa mestra Cruz.

    -Cabaza gañadora no 3º ciclo de Educación Primaria: DANIEL ANTELO REY (6º curso)

    Daniel recollendo o premio entregado pola súa mestra Patricia.

    OBRADOIRO DE COMIDAS TERRORÍFICAS NO SAMAÍN 2013

    Para celebrar a festa do Samaín, este curso argallamos unha actividade diferente. Xa que o noso proxecto xirará en torno á gastronomía, pensamos que estaría ben elaborar unhas tapiñas para degustar no recreo o 30 de outubro. Claro que nesta ocasión, os ingredientes destas sinxelas receitas amosaban a súa cara máis terrorífica:

    -VASOIRAS DE MEIGAS e PANTASMAS, con pan, xamón cocido, queixo, chourizo e olivas negras.
    -DOCES PANTASMAS e CABACIÑAS, con plátanos, mandarinas e chocolate. 

    -MANS DE MOMIA, con pan, fiambre, salchichas, tomate (natural e en salsa) e aceitunas.

    -RATIÑOS, con queixo, galletas, salchichas e aceitunas, e ARAÑAS, con ovos cocidos e olivas negras.


    Unha vez rematamos todo, cantamos a canción Samaín, de Jesús Pareja. E despois chegou o mellor momento: degustar as nosas propias elaboracións! E certamente, todo estaba boísimo e non deixamos migalla de nada!!! Que chefs tan larpeiros!!!