luns, 29 de novembro de 2010

UN POUQUIÑO DE ARTE

Ola rapaces !!!!
Atopei este vídeo navegando por internet que é unha verdadeira obra de arte. Trátase dun Morphing que recolle a evolución da figura da muller na pintura ao longo da historia.
O Morphing é un efecto dixital de transición entre dous planos mediante cal o primeiro deles transfórmase gradualmente no segundo, a unha velocidade que ven determinada por o número de fotogramas intermedios e mediante un sutil fundido encadeado.
O vídeo titúlase "500 anos de Retratos femininos no Arte Occidental" e trátase dun traballo do creador norteamericano Philip Scott Johnson nominado ao mellor vídeo creativo nos premios anuais que concede o portal Youtube. Comeza co "Arcángel" da Escola rusa de Nowgord datado na segunda metade do século XII e remata co "Retrato de Françoise" de Pablo Picasso que data de 1946. A peza musical que se escoita é a Sarabande da "Suite para cello No. 1 en G Maior" de Johann Sebastian Bach. A lista completa de cadros e autores podedes consultala aquí.
Disfrutádeo!!


E agora outro regaliño máis para que coñezades un pouco a algúns dos pintores máis recoñecidos do mundo. Pincha neste enlace e pídelle a túa profe que che fale deles.
Rosiña

xoves, 25 de novembro de 2010

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES



Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Elixiuse esta data para lembrar a morte das irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa), activistas políticas dominicanas asesinadas o 25 de novembro de 1960 a mans da policía sec
reta do dictador Rafael Trujillo por denunciar a súa violencia hacia as mulleres.



Loitar para acabar coa violencia contra as mulleres é responsabilidade de todos. Comecemos por concienciar aos nosos pequenos.


E despois de reflexionar con este conto, podemos aprender un pouco de Cooeducación con esta Webquest sobre COOEDUCACIÓN dirixida aos alumnos de Infantil e 1º Ciclo:


O CEIP MESTRES GOLDAR de Vigo elaborou unha excelente recopilación de recursos para traballar a Cooducación e a Igualdade de Xénero. Consulta o seu traballo AQUÍ e visita o seu blogue O recanto de Mik.
Rosiña recoméndavos a lectura dun libro moi especial: Xela volveuse vampira escrito por unha autora moi especial: Fina Casalderrey que nesta ocasión atrévese a tratar o tema da violencia contra as mulleres. Vide a Biblio a pedilo!!!

martes, 23 de novembro de 2010

CARREIRA SAVE THE CHILDREN POR HAITI

Os nenos e nenas de Haití viviron unha catástrofe que a duras penas poderán esquecer e que provocou un cambio nas súas xa complicadas vidas, no seu futuro, nas súas oportunidades, recortando aínda máis os seus dereitos.
Haití era antes do terremoto un país moi pobre e os seus habitanes tiñan grandes dificultades para sobrevivir. A infancia de Haití carecía nunha alta porcentaxe de alimentación adecuada, atención sanitaria, acceso á educación e a vivenda digna. Os dereitos da Infancia estaban xa vulnerados e agora somos todos nós os que debemos traballar para que os nenos e nenas de Haití vexan respectados os seus dereitos e vivan nunha situación de igualdade.
Este ano a Carreira Solidaria SAVE THE CHILDREN está dedicada a recaudar fondos para axudarlles. O día 3 imos correr por os nenos de Haití. E tamén imos aprender unha canción. Chámase "Ay Haití". Tratase dunha canción que grabaron varios artistas españois e latinos co obxectivo de recaudar fondos para a reconstrucción de Haytí.
Aquí tendes a letra para ir apréndendoa:

luns, 22 de novembro de 2010

EL CAZO DE LORENZO

El cazo de Lorenzo o é un libro que fala das dificultades dun neno diferente, Lorenzo. Un neno que cada día carga cun cazo, o seu cazo. Esta circunstancia chama a atención dos demais. O cazo dificúltalle as súas tarefas cotiás. Pero a verdade é que todos cargamos cun cazo, más grande ou máis pequeno, que nos acompaña, nos limita e condiciona...Algunhas persoas son conscientes delo e aceptan esta diferenza, a fan súa para medrar máis e mellor e para comprender aos demais.
O libro está escrito por Isabelle Carrier e está recomendado por FEAPS (Federación Española de Organizaciones en favor de la Personas con Discapacidad Intelectual).
Pregunta por el na nosa biblio!!!

domingo, 21 de novembro de 2010

20 DE NOVEMBRO: DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS


O 20 de novembro celebramos o DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS.
Nós este ano decidimos aplazar esta celebración ata o día 3 de decembro, día en que tamén celebraremos de forma adiantada o DÍA DOS DEREITOS HUMANOS.

Unificamos estas celebracións nun só día e facémolas, dende hai uns anos, ca organización e participación na VII CARREIRA SOLIDARIA da ONG SAVE THE CHILDREN dedicada este ano aos nenos e nenas de Haití.

Ata chegar ao día 3 traballaremos nas aulas os Dereitos dos Nenos e os Dereitos Humanos.

A biblioteca organizou unha exposición de fondos sobre este tema e tamén elaborou unha recompilación de recursos que poñemos a vosa disposición. Pincha AQUÍ para acceder a ela.
Deixámosvos con esta bonita de animación, "Yo quiero", do maestro uruguayo Walter Tournier, na que lembramos cales son as reivindicacións da nosa infancia.



venres, 12 de novembro de 2010

RECOMENDÁMOSCHE...

Resulta que temos unha profe-amiga en Vigo que se chama Loly Rial, que tamén é escritora de contos para nenos e nenas e témolos todos na nosa biblio. Son moi divertidos porque a Loly encántalle facer rimas divertidas.Son pequenas "lambonadas" para os nosos golosos lectores!
Buscádeos na nosa biblio e a disfrute con eles!!!

Editado pola Editorial Ir Indo.
Este conto foi representado no ano 2007 pola Compañía de Teatro Cachirulo no Palacio da Ópera da Coruña no programa de Concertos en Familia que cada ano organiaza a Orquesta Sinfónica de Galicia.




tamén editado en Ir Indo






Editorial Ir Indo







Edito
rial Ir Indo

PRACTICA O TEU INGLÉS

Dende a biblioteca do C.E.I.P. A Magadalena das Pontes recoméndannos esta páxina de EducaMadrid na que podemos practicar o noso inglés lendo unha chea de contos neste idioma en formato flash.
Disfrutade deles!!!
Preme AQUI

domingo, 7 de novembro de 2010

TEMPO DE MAGOSTOS

Rematou o Samaín e agora adentrámonos no tempo dos Magostos: tempo de ir ao monte, buscar un souto e coller castañas; tempo de xuntarnos para asalas e comelas coa familia, cos amigos e cos veciños. Momentos especiais de charla e de carreiriñas para tisnarnos a cara uns aos outros cun cun puño de cinza.

E para celebralo pincha aquí para dunha recompilación de recursos para o Magosto.

sábado, 6 de novembro de 2010

O NOSO SAMAÍN EN IMAXES

Aquí tedes un resumo en imaxes de todas as actividades que se levaron a cabo no noso cole o día da celebración do SAMAÍN 2010. (29 de outubro).
  • Lecturas para tremer: Exposición de fondos da biblioteca.
  • Concurso-Exposición de cabazas
  • 1º Concurso de Historias de Medo (convocado pola Biblioteca)
  • Obradoiro de Música
  • Obradoiro de Decoración
  • Obradoiro de Modelado
  • Obradoiro de Papiroflexia
  • Entrega de Premios de cabazas gañadoras
  • Entrega de Premios de Historias de Medo
  • Tarde de cine:
  1. Infantil + 1º Curso: Tom y Jerry en "Noche de Brujas" e "Los murciélagos son lo que más me gusta"
  2. 2º Curso + 2º Ciclo: "El pequeño vampiro"
  3. 3º Ciclo: "Kika Superbruja "El libro de hechizos"

xoves, 4 de novembro de 2010

GAÑADORES DO 1º CONCURSO DE HISTORIAS DE MEDO


Por fin coñecemos aos gañadores do 1º Concurso de Historias de Medo Samaín 2010:

-En Educación Infantil gañou un conto colectivo elaborado por todo o alumnado deste etapa:



- En 1º Ciclo a cousa estivo tan reñida que Rosiña optou por premiar os dous contos presentados:
O de 1º Curso:


E o de 2ª Curso:



No 2º Ciclo o gañador foi Daniel Nieto Martínez de 4º curso



E finalmente, a gañadora de 3º ciclo foi Lucía Castiñeiras Ramos de 6º Curso.



NORABOA A TODOS POLOS VOSOS TRABALLOS!!!