Amosando publicacións coa etiqueta citas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta citas. Amosar todas as publicacións

domingo, 28 de febreiro de 2010

BENVIDA


“Todos os libros do mundo
non che dan felicidade
pero condúcente en segredo
ata ti mesmo.

Ali encontras todo o que necesitas,
o sol, as estrelas e a lúa
pois a luz que ti buscas
habita en ti mesmo.

A sabedoría que buscaches
nas librerías
reluce en cada páxina…

E agora é túa.”


Con esta cita de Hermann Hesse traducida ao galego o Equipo de Biblioteca quere darvos a benvida ao blogue da nosa biblioteca. Disfrutadeo e participade !!!