Amosando publicacións coa etiqueta mochilas viaxeiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mochilas viaxeiras. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de setembro de 2018

ROSIÑA ANUNCIA O NOVO PROXECTO

Esta tarde Rosiña deixou unha carta en todas as clases da escola, para anunciar o tema do Proxecto Documental Integrado deste curso: a CIENCIA!!!! Carai, coa de cousas que podemos incluír dentro desa temática... 
Deixámosvos aquí a carta para que poidades lela de novo e para que vaiades tamén inspirándovos e presentedes o voso lema!!!



Por outra parte, tamén vos queremos recordar, de parte de Rosiña, que as Mochilas Viaxeiras están listas para partir aos seus primeiros fogares neste curso, así que estade ben atentos e atentas á foto que estará o venres no peto correspondente da mochila do corredor. Desexamos que desfrutedes moito dela en todas as familias!!!!

Unha aperta!!!

domingo, 9 de outubro de 2011

AS MOCHILAS VIAXEIRAS VOLVEN A EMPRENDER VIAXE

    O venres, as nosas Mochilas Viaxeiras, volveron a saír do cole cargadas para viaxar por Mazaricos visitando os fogares dos nosos nenos e nenas.
   De novo, unha morea de contos, poesías, comics, libros de coñecementos, revistas, discos, películas, lecturas para papás e mamás.... escollidos polos titores especialmente para cada un dos seus alumnos marchan para para convivir coas súas familias durante 15 días.
    As Mochilas voltarán con moito que contar nos seus cadernos viaxeiros nesta experiencia que xa vai co terceiro curso en funcionamento.
     Rosiña continua, moi atenta dende a biblio, asegurándose de que todo funcione correctamente e de que ningunha mochila se retrase na chegada ao seu destino.


¡BOA VIAXE E BOAS LECTURAS!

luns, 4 de outubro de 2010

AS MOCHILAS XA VOLVEN A ESTAR DE VIAXE

O venres 1 de outubro as nosas queridas MOCHILAS VIAXIERAS saíron de novo de viaxe por unha chea de lugares de 3 concellos diferentes aos que pertencen os nosos alumnos: Mazaricos (San Cosme de Antes, Alborés, As Maroñas e San Fins de Eirons), Santa Comba (A Pereira) e Zas (Brandomil e Brandoñas).
Rosiña encheunas de sorpresas para que os/as nosos/as nenos/as compartan coas súas familias preciosos momentos de encontro para ver, ler e comentar o seu contido.
Coidadeas moito e escribídelle a Rosiña nos Cadernos Viaxeiros a vosa opinión sobre todos os materiais que vos prestou.
QUE AS DISFRUTEDES MOITO!!!
(Aquí podes ver os inventarios de todas as mochilas. Pero lembra que ó inventario cambia en función do rapaz/a que a leve.)