xoves, 28 de maio de 2015

O NOSO CONTO VIAXEIRO

Pois aquí temos xa o resultado final dun conto que comezou a súa viaxe en 6º, e despois de pasar uns días en cada unha das aulas do colexio, rematou en Infantil, onde o ilustraron de xeito ben fermoso. A Rosiña encantoulle a historia, as ilustracións, e considera que é un dos agasallos máis fermosos que recibiu a biblioteca!!! Así que PARABÉNS A TODAS E TODOS!!!!
Aquí o tedes para ler unha e outra vez:

venres, 22 de maio de 2015

"THE KID" de CHARLES CHAPLIN

Rematamos a semana asistindo a unha espectáculo moi especial no Centro Cultural de A Picota: o visionado da película "The Kid" con interpretación da súa banda sonora en directo!!! Ao tratarse dun filme mudo (foi rodada no ano 1921), naquela época empregaban música en directo para acompañar as proxeccións, conseguindo con iso que o ruído que facía o proxector non se percibira tanto, ademais de conseguir efectos sonoros que incrementaban os sentimentos que transmitían as diferentes escenas (alegría, tristeza, ira, etc.)
E así ocorreu co "Cuarteto Ancestral", un grupo de músicos creado no ano 2007. A película de Charles Chaplin acompañada por teclado, violín, viola e violoncello fixo que desfrutaramos moitísimo dunha historia que a todos nos marabillou.
Se queredes saber máis sobre este grupo e sobre a película, premede sobre a imaxe e poderedes traballar a Unidade Didáctica elaborada polo "Cuarteto Ancestral" para esta actividade:



venres, 15 de maio de 2015

CELEBRAMOS OS MAIOS E O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe foi un día de celebracións!!! 
-Construímos o Maio con todas as flores, follas e herbas que trouxestes ao cole durante estes días.
-Lemos o Conto Viaxeiro que comezamos polo "Día do Libro" e que agora teñen que rematar na aula de Infantil, ilustrando o que será a súa portada. Lembrade que tedes que ir deixando as vosas propostas para o título do mesmo no buzón de Rosiña.
-Cantamos o "Maio de As Nogais" con moita alegría.
-Entregamos os premios do Concurso Literario das Letras Galegas.

Que ben o pasamos!!! As fotos de hoxe tamén reflexan ese sentimento de alegría, así que desfrutade véndoas:

CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS 2015

Xa temos aquí os gañadores do Concurso das Letras Galegas deste ano. Despois de varios días coñecendo a obra de Filgueira Valverde, inspirámonos nos seus textos para crear os nosos propios, e o resultado foi moi bo. Rosiña quere agradecervos que todos e todas participarades neste concurso; gustáronlle moito as vosas narracións, os vosos poemas, as vosas ilustracións... Estivo moi entretida durante esta semana. E aquí tedes as creacións premiadas, para que todos poidades lelas e desfrutalas!!!

xoves, 14 de maio de 2015

LETRAS GALEGAS 2015

Con motivo do Día das Letras Galegas, dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística propoñénnos difundir unha mensaxe positiva de orgullo do noso idioma que vaia máis alá dunha efeméride puntual coma o 17 de maio e que chegue a toda a sociedade: "PRESUME DE GALEGO".


Tamén dende a revista Ollos de aula nos propoñen 17 cousas que podemos facer pola lingua: