Amosando publicacións coa etiqueta Guias de lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Guias de lectura. Amosar todas as publicacións

venres, 18 de decembro de 2020

GUÍA DE LECTURA NADAL 2020

Aquí vos traigo a segunda GUÍA DE LECTURA do curso, que nesta ocasión chega con algunhas novidades que podedes pedir aos Reis Magos, ao Apalpador ou a Papá Noel... Nela van recomendacións para idades diferentes, incluíndo tamén adultas, e unha pequena selección de cousiñas que podedes compartir en familia. Espero que vos guste e, se algunha destas ideas se converte nun agasallo, non dubidedes en contarme que vos pareceu!!! 

Unha aperta enorme:





domingo, 21 de xuño de 2020

GUÍA DE LECTURA PARA O VERÁN

Ola, familias!!!!
Hai xa tempo que non vos escribo, porque esta situación tívome un pouco fóra de combate... Estes días toca despedir un curso moi diferente ao que estamos acostumadas, pero antes de escribirvos para desexarvos unhas felices vacacións prepareivos unha guía de lectura con algunhas ideas para este verán. Xa que non é aconsellable imprimila para entregárvola, pensei que era boa idea cambiar de formato, así que a fixen en formato vídeo... Aquí vola deixo:


Unha aperta enorme!!!

xoves, 31 de outubro de 2019

GUÍA DE LECTURA SAMAÍN 2019

Aquí tedes a primeira guía de lectura do curso, na que eliximos algunhas lecturas para estes días de outono no que, xunto aos primeiros lumes, podemos compartir tamén momentos en compañía das persoas que nos rodean. Neses ratos podemos pasar tamén algún tempiño lendo, así que aquí tedes un feixe de boas lecturas, para pasar medo... ou non!!!! Premede AQUÍ ou sobre a imaxe para ver a guía completa:

https://issuu.com/tirititraun/docs/gu_a_de_lectura_sama_n_2018_71bcea4e85bf60


xoves, 20 de xuño de 2019

GUÍA DE LECTURA E SANCOSMEIRO Nº 32

Mañá remata o curso, e como é habitual, no noso cole o día anterior facemos entrega das notas e de dúas cousiñas que nos fan especial ilusión: a guía de lectura para o verán e a revista escolar. Tamén nesta ocasión foi así, polo que imaxino que en moitos dos vosos fogares xa pasastes a tarde léndoas e comentándoas. Espero que vos gustaran moito, e que vos animedes a ler algúns dos libros que con tanta ilusión vos recomendo. En canto á revista, desexo tamén que sexa motivo para compartir bos momentos de parola coas vosas familias, amigos/as, veciños/as, etc. Tamén no blog podedes facer os comentarios que creades oportunos...

Premendo AQUÍ podedes descargar a GUÍA DE LECTURA.


Unha aperta enorme,

mércores, 19 de decembro de 2018

POSTAIS DE NADAL E GUÍA DE LECTURA

Alba, Pablo, Luzdivina e Olalla recollendo os premios.
Un ano máis, as postais de Nadal decoraron o noso corredor, e participaron todas no Concurso convocado polo centro. De todas elas, seleccionouse unha en cada aula: a de Olalla en Infantil, a de Luzdivina en 1º e 2º, a de Alba en 3º e 4º e a de Pablo en 5º e 6º. Destas catro finalistas, a que recibiu máis votacións por parte das nenas e nenos do cole foi a de Alba, polo que esa é a postal que neste Nadal se envía ás familias para desexar unhas felices festas dende o noso cole. Premendo sobre a imaxe podedes ver as fotos da entrega de premios que tivo lugar esta tarde.
E se premedes AQUÍ podedes ver todas as postais presentadas ao concurso. 

A postal de Alba cos nosos mellores desexos para este Nadal e o vindeiro 2019 podedes vela aquí:



Tamén vos deixo a Guía de Lectura que elaboramos dende a biblioteca, por se os Reis Magos ou o Apalpador vos queren agasallar con algunha desas recomendacións:







xoves, 1 de novembro de 2018

GUÍA DE LECTURA PARA SAMAÍN

Aquí tedes a Guía de Lectura que preparamos para este Samaín 2018. Aínda que vola entregamos onte, tamén vola deixo aquí para que a consultedes cando queirades. 




xoves, 21 de xuño de 2018

O SANCOSMEIRO Nº 31 E UNHA GUÍA DE LECTURA PARA O VERÁN

Desta maneira rematamos hoxe a xornada: entregando o último número da nosa revista escolar "O Sancosmeiro", que xa vai polo número 31. Esperamos que guste moito a todas as familias e que sexa un bo recurso para compartir lembranzas, conversas, sorrisos... Déixovola tamén no blog:



E a guía de lectura para o verán tamén:




mércores, 20 de decembro de 2017

POSTAL DE NADAL E GUÍA DE LECTURA

Esta tarde, despois de entregar os premios aos nenos e nenas que gañaron o concurso de postais neste 2017, tamén repartimos a Guía de Lectura para o Nadal, con novidades editoriais que podedes incluír na vosa carta aos Reis Magos, ao Apalpador ou a Papá Noel.



E tamén entregamos a postal de Ángel Grille Calvelo, que felicita as festas navideñas en nome do cole, cun poema de MANUEL MARÍA elixido polo profesorado:


 


mércores, 1 de novembro de 2017

GUÍA DE LECTURA

Con motivo da celebración do Samaín, os Equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega do cole elaborou unha guía de lectura que incorpora novidades literarias de diferente tipo: obras que falan de viaxes, de medo, de personaxes fantásticos...

venres, 23 de xuño de 2017

O SANCOSMEIRO E A GUÍA DE LECTURA DE VERÁN

Pois aquí vos presentamos "O Sancosmeiro" nº 30, a nosa revista anual. Hoxe levástela para os vosos fogares, pero tamén queremos que poidades acceder a ela desde o blogue da biblioteca, e así tamén poden vela as persoas que poidan estar interesadas nela: alumnado que comezou en Secundaria, mestres e mestras que marcharon para outros centros, persoas que nos visitaron ao longo do curso, etc. 



Xunto coa revista tamén se entregou a Guía de Lectura para o verán, na que ademais de libros podedes atopar CD's ou libros con CD. Espero que vos guste moito!!!!


martes, 20 de decembro de 2016

GÚIA DE LECTURA NADAL 2016

Xunto coa postal e as notas, tamén levades para casa unha guía de lectura, na que atoparedes algunhas recomendacións literarias para pedir aos Reis, ao Apalpador ou a Papá Noel este Nadal. Algunhas delas, ademais, están moi relacionadas coa música!!! Seguro que algunha delas atrae a vosa atención!!!

xoves, 17 de decembro de 2015

POSTAIS DE NADAL E GUÍA DE LECTURA

Antes de comezar as vacacións, despedimos o 1º trimestre coa celebración do Concurso de Postais de Nadal. Nesta ocasión, sorprendéronnos moitísimo as vosas olímpicas ilustracións! Mira que lle dades á cabeciña... Reis Magos subidos ao podio olímpico, árbores de Nadal ou nubes construídas a base de aros olímpicos, xogos inventados por vós ("despluma-pavos", "come-turrón"), e mesmo o "Discóbolo" transformado en Papá Noel participaron nun concurso no que se entregaron 5 medallas de ouro: 
-en Educación Infantil o premio foi para TODA A CLASE;
-en 2º de Educación Primaria houbo dous agasallados: NEREA OZÓN OTERO e ALEJANDRO VILLAR NEGREIRA, quen obtivo a medalla especial do xurado;
-en 4º, a medalla foi para IRIA BLANCO DEL RÍO;
-en 6º, para DIEGO COUSO NIETO.
E como seguro que queredes velas, aquí tedes as cinco premiadas:

E, de todas elas, seleccionouse unha para imprimir e enviar ás familias, felicitando as festas do Nadal e o vindeiro ano 2016. E así de fermosa luciu a postal de Alejandro, a elixida para adornar os nosos fogares durante estes días. Acompañámola cun poema sobre o ano novo do escritor recentemente falecido Xosé Neira Vilas:

A continuación podedes ver o resto de postais expostas no corredor:

E, para rematar, tamén elaboramos unha guía de lectura na que atoparedes libros, xogos, películas ou CD's que podedes incluír nas vosas cartas ao Apalpador ou aos Reis Magos!

venres, 24 de abril de 2015

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Con motivo dun día tan especial coma o de hoxe, 23 de abril, celebramos a "Hora de ler" dunha maneira especial: os rapaciños e rapaciñas de 3º, 4º, 5º e 6º curso léronlles un ou varios contos ao resto dos meniños e meniñas do cole despois do recreo, elixindo a zona do cole que máis atractiva lles resultase para dita actividade. Así foi como se encheron os diferentes recunchos, patio incluído, de lectores e oíntes que desfrutaron moitísimo con esta actividade que, desde que se iniciou no cole, repetimos cada "Día do Libro". Aquí tedes as imaxes:

Tamén quedaron moi bonitos os marcapáxinas que cada un/unha de vós elaborou para o taboleiro que colocamos ao lado da exposición de libros. Aquí podedes ver as vosas versións de carteis xa publicados ou as vosas creacións máis orixinais. En calquera caso, o certo é que con estes marcapáxinas tan ben feitos seguro que non hai quen vos deteña nas vosas lecturas... Fixádevos ben onde se atopa o voso para recollelo a vindeira semana!

Ademais, dende a Biblioteca elaboramos unha Guía de Lectura na que vos recomendamos películas que inclúen escenas que teñen lugar en bibliotecas moi diferentes!!! Coñécelas todas?

venres, 19 de decembro de 2014

CARTA AO APALPADOR

Pois como non podía ser doutra maneira, pensei que nesta ocasión as peticións literarias tiñan que estar relacionadas co cine. Así é como decidín escribir unha cartiña con películas baseadas en obras literarias!! É esta unha guía especial, unha guía con recomendacións para ler, ver e escoitar...


xoves, 13 de febreiro de 2014

BICOS DE LIBRO

Algo pasa!!! 
Notáse xa no ambiente!! 
A xente anda algo nerviosiña estes días...!!
Ahhh!!
Claro!!
Mañá é o DÍA DOS NAMORADOS!! 
Un día moi importante! Non si ?
Pola biblio tamén estábase "cocendo" algo.
E vos diredes...Claro!! Como esta ano andamos a voltas co tema da gastronomía, de seguro que algo "cociñan" tamén pola biblio. A Rosiña está preparando algunha receita caseira...

Pois si!!! Estabamos cociñando BICOS!

BICOS DE LIBRO!

Estamos seguros de que vos van a encantar. Están riquísimos!

Botádelles unha ollada xa veredes como vos van a apetecer unha chea deles!

Que aproveite!

domingo, 15 de decembro de 2013

GUÍA DE LECTURA NADAL 2013

Velaí van as nosas recomendacións lectoras para este Nadal. Podedes ir botándolle un ollo para anotalas para as vosas cartas ao Apalpador, a Papá Noel ou aos Reis Magos. Seguro que atopades algún título que vos guste.
Escollede ben !!!


mércores, 12 de xuño de 2013

GUÍA DE LECTURA VERÁN 2013

Cando publicamos a nosa guía é sinal de que as merecidas vacacións están á volta da esquina!! 
O verán está a piques de comezar aínda que con este tempo que temos non o pareza. Chega o tempo para o ocio e nós como sempre vos lembramos que os libros son a vosa mellor compañía.
Esperamos que vos guste a nosa selección para este verán e que disfrutes a tope da lectura en calquera dos seus formatos!!!
Bo verán a todas e todos!!!

sábado, 9 de marzo de 2013

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe celebraremos no centro o Día Internacional da Muller Traballadora. Será durante a Hora de Ler. Xuntaremos todos para amosar aos demáis os traballos preparados nas aulas e para colgalos no corredor do centro.
Vémonos alí, logo!!
A semana que ven poderedes ver aquí as fotos da celebración.
Mentras tanto deixámovos aquí un par de cousiñas:
Unha é unha Guía de Lectura que elaboramos con libros que contan historias emocionantes protagonizadas por mulleres que reivindican a súa condición feminina para vivir intensamente, que toman as rendas das súas vidas seguindo a súa vocación e desafiando os camiños establecidos para elas. Esperamos que vos guste.
E agora unha sorpresiña para todos vos. Un dos libros recomendados nesta guía   e que podedes atopar na nosa biblio, podémolo ver neste outro formato. Esperemos que  vos guste.

domingo, 16 de decembro de 2012

CARTA AO APALPADOR: a nosa Guía de Lectura Nadal 2012

Ola a todos!!!
Estamos a piques de comezar as vacacións de Nadal e como sempre andamos estresadísimos coas avaliacións, os concursos de postais, as actuacións para o festival....
Pero a biblioteca, como todos os anos, non se olvida de que tamén tedes présa por escribir esa carta tan importante que faga realidade os vosos desexos, non sí??
Este ano pensamos en escribirlle unha carta ao noso bequerido APALPADOR. Lembrádesvos del???

Pensamos que ao mellor non está tan ocupado como os Reis Magos e como Papá Noel, é pode cumprir mellor os nosos desexos. Que vos parece?
Pois aquí tedes a carta xa preparada. Tan só tedes que marcar nela os vosos "pedidos". Escollede ben porque ahí están as lecturas máis especiais para este nadal. Ah!! Tamén vai un pouquiño de música!!!

                              Open publication - Free publishing
Se a queredes imprimir facédeo desde aquí

Tamén os deixamos aquí un folleto para que lembredes quen é o Apalpador:

                             Open publication - Free publishing - More nadal


E por último, acaban de chegarnos estes VÍDEOS:







DISFRUTÁDEOS DE TODOS ESTES RECURSOS!!!

mércores, 18 de abril de 2012

OS LIBROS NOS LIBROS: EXPOSICIÓN E GUÍA

Co gallo da celebración do DÍA DO LIBRO o vindeiro luns 23 de abril, o Equipo de Biblioteca organizou unha Exposición de fondos titulada "OS LIBROS NOS LIBROS".    
       Os libros, ás veces, fanse unha homenaxe a sí mesmos converténdose nos protagonistas das súas narracións. É coma se os libros dixesen: agora imos falar de nós : de como nos fan, de quen nos escribe e nos ilustra, dos lectores que nos devoran, de quen nos coida e ordena... Incluso, as veces, ata deciden mesturar aos personaxes das súas páxinas e colocalos noutras historias para, así, sorprender aos lectores e facernos pensar que aínda hai miles de historias por escribir e as mesmas por ler.
Pincha na foto para ver más imaxes.
Ademáis tamén elaboramos unha pequena GUÍA DE LECTURA co mesmo título OS LIBROS NOS LIBROS que vos axudará a coñecer mellor todos estes libros que falan de si mesmos.
 Disfrutádeos moito!! Son pequenas xoias