Amosando publicacións coa etiqueta textos para Hora de Ler. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta textos para Hora de Ler. Amosar todas as publicacións

mércores, 6 de outubro de 2021

TEXTO 1 do PROXECTO DOCUMENTAL 2021-22

Xa estou aquí de novo co primeiro texto do Equipo de Biblioteca, no que nos contan algo moi interesante sobre o universo. Para lelo só tedes que premer AQUÍ. A partir deste texto, propoñereivos unha actividade para conmemorar o Día da muller rural, que se celebrará o vindeiro 15 de outubro, así que estade atentas a todas as novidades que vaia publicando!!! 

Rosiña

luns, 28 de outubro de 2013

NOVOS TEXTOS PARA A HORA DE LER

Dende a biblioteca xa se prepararon novos textos relacionadas coa temática do proxecto deste ano para que poidades ler na HORA DE LER. Os tres últimos tédelos aquí e tamén na páxina do proxecto.

venres, 11 de outubro de 2013

Selección de textos do proxecto para a Hora de Ler

Ola mozos e mozas!!!

Como sabedes doutros anos, a biblioteca escolle e prepara unha selección de textos relacionados coa temática do proxecto que estemos traballando para ler, aprender e disfrutar na HORA DE LER.

Este ano a biblioteca  propúxolle ás vosas profes que escollesen uns cantos textos axeitados para ofrecernos a todo cole.

E xa nos chegaron os primeiros textos!!

Aquí tedes o primeiro deles que nos envían desde o 1º Ciclo: titúlase "A hamburguesa que non querçia ser comida basura". É unha historia que estamos seguros de que vos vai a encantar e que da para falar de moooooitas cousas, sobre todo, de alimentación sa. 

Esperamos que a disfrutes!!

Desde aquí, e de parte de todos, lle damos as grazas ao 1º Ciclo por compartila con todos nós.

martes, 7 de febreiro de 2012

Un contiño do lobo para os nenos e nenas de Infantil

Os nenos e nenas de Infantil están preparando coa súa profe un proxecto sobre os lobos e a biblio quere enviarlles un contiño para traballar na HORA DE LER. Titúlase: O estufado do lobo.
Enviámoslles o texto para que lean coa súa profe e tamén un video para ver despois.
Esperamos que o disfrutes moito.

A profe Ana pode consultar aquí unha secuencia didáctica para traballar este conto.