xoves, 8 de maio de 2014

APRENDENDO A FACER QUEIXOS

Hoxe, 8 de maio, os alumnos de Educación Infantil visitaron coas súas titoras a Fábrica de Queixos Pérez Olveira, para coñecer en directo o proceso de fabricación destes queixos tan ricos que fabrican aquí moi cerquiña do noso cole. Ao remate da visita os rapaces deron boa conta destes riquísimos queixos.

Estaban moi bos e enchamos o bandullo!!!
 

 Esta actividade está enmarcada dentro do programa do noso PROXECTO INTEGRADO deste ano PAPACONTOS ZAMPALIBROS que xira entorno ao tema da gastronomía.

E falando de queixos aquí tedes algúns libros que falan deso: do queixo.



Este queixo, queixolán
Colección Dediños
Antón Cortizas Amado
Editorial Tambre.


 O queixo
Colección os Minilibros de Galaxia
Editorial Galaxia










Falou un queixo
Heidi Kühn-Bode
Editorial Galaxia
Quererás comelo dun bocado, pero hache saír antes unha gargallada tan grande coma un queixo. Con este libro abrirás a boca!!










Para rematar unha cantiga galega sobre queixos:

Este queixo queixolán.
Esta boca pide pan.
Este “narís” pis, pis.
Estes ollos revirollos.
Esta testa “testaruda”...
¡e este peliño de burra!

Este queixo, queixoán.
Esta boca pide pan.
Este “narís”, naricete.
Este ollo, reberete.
Este outro, seu irmán, 
e aquí arriba, aquí arriba, “ghabilán”.

Este queixo queixolán.
Esta boca pide pan.
Este "narís narisán”,
Este ollo, pimpinete.
Tírate do cabalo, cabalete...

Queres saber como segue???

Pincha AQUÍ  e poderás lela completa e tamén escoitala.

Ningún comentario:

Publicar un comentario