Amosando publicacións coa etiqueta Formación de Usuarios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Formación de Usuarios. Amosar todas as publicacións

venres, 18 de setembro de 2020

ABRIMOS A BIBLIOTECA!!!!

Bos días!!!

Estou moi contenta porque hoxe traigo unha nova estupenda: ABRIMOS A BIBLIOTECA!!!! Durante estes días mantivémola pechada porque había que reorganizala tendo en conta as novas normas que estamos adoptando no cole debido ao coronavirus... Xa rematamos o protocolo e queremos presentárvolo aquí para que o coñezades moi ben e respectedes todas as decisións que se tomaron:

 

Ademais, repartín nas vosas aulas unhas actividades para que poidades comprobar que o sabedes todo!!! Podedes repasalas tamén desde o blog. Premendo AQUÍ atoparedes as seleccionadas para Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria.

Para o alumnado de 3º a 6º atoparédelas premendo AQUÍ.

Isto é todo por hoxe. Non sabedes que alegría me dá saber que ides visitar de novo a biblioteca!!!! Que ganiñas de que os libros comecen a voar de novo...

Unha aperta enorme e, xa sabedes, espérovos na biblioteca a partir da semana que vén!!!!


 

venres, 29 de marzo de 2019

FORMACIÓN EN RADIO ROSIÑA

"On air" estivo prendida durante toda a mañá do 28 de marzo.
Este xoves regresou Luís a "Radio Rosiña", para adicar unha nova xornada de formación ao alumnado de Primaria. O horario repartímolo entre os diferentes grupos para que todas e todos puideran gravar algún programa. E aquí está o resultado!!! Foi unha mañá estupenda na que as nenas e nenos do cole demostraron que son auténticas/os profesionais da radio, así que estou encantada de poder compartir con todas as persoas que nos siguen a través das ondas os programas que emitiron coa axuda de Luís, a quen queremos agradecer de corazón a súa colaboración!!! Foi un pracer abrir o noso estudio para compartilo contigo, Luís!!!!
En 5º e 6º gravaron o programa "Somos millonarios", porque están convencidos de que quenes falamos galego temos un tesouro que debe enchernos de orgullo. A primeira quenda deste programa realizárona Paula Barcia, Pablo, Jorge Lema e María José, que saíu así de ben:



A segunda quenda correspondeulles a Paula Maneiro, Joel, Alejandro e Samuel, que o fixeron así de ben:


E a terceira quenda sentou nos micrófonos de "Radio Rosiña" a Nerea, Jorge Otero, Daniela e Miguel, que tamén se esforzaron moito:


En 1º e 2º prepararon o conto de Eva Mejuto "Maruxa", que dramatizaron para "Radio Rosiña" Alicia, Íker, Ángel, Lucía, Soraya, Luzdivina, Guille, Pablo, Anxo e Uxía. Non vos perdades esta historia tan interesante:
 
 

Enadicaron a sesión a un medio de transporte que nos gusta moito no cole: o tren. Nesta ocasión, dirixe o programa Luís, e participan as nenas e nenos de 4º: Paula López, Brais Carreira, Alba e Andrea.
 
 
Por último, a participación de , que marabillou a Luís por todo o que lle contaron relacionado cun poema de Antonio García Teijeiro adicado ao tren e coa canción de Andrés do Barro que o curso pasado aprenderon co profe Óscar Brais Capelo, Mai, Sara, Martina, Aroa, Xoel e Paula Pereira, quen non puido participar na gravación do programa. Sen embargo, seguro que lle encantará escoitalo, como ao resto das persoas que tivemos xa a sorte de facelo. Dádelle ao play:
 
 
NORABOA A TODAS AS PERSOAS QUE PARTICIPASTES CON TANTO ENTUSIASMO NESTA SESIÓN TAN ESPECIAL, E MOITÍSIMAS GRAZAS A LUÍS POLA SÚA APORTACIÓN PARA QUE "RADIO ROSIÑA" SIGA MEDRANDO!!!
 
Ademais dos podcast, podedes ver as fotos que fixemos no estudio premendo sobre a imaxe ou AQUÍ.

luns, 15 de outubro de 2018

COMO ESCRIBIR UNHA BIOGRAFÍA

Ola!!!
Como xa sei que nalgúns cursos andades investigando sobre a vida dalgunhas persoas que se adicaron á ciencia, seguro que vos interesa ter a man "COMO ESCRIBIR UNHA BIOGRAFÍA", que elaborei coa axuda do Equipo de Biblioteca. Esperamos que vos sexa útil!!!




venres, 13 de abril de 2018

RECIBIMOS A JAVIER EN "RADIO ROSIÑA"

https://photos.app.goo.gl/Rtt5lldnrb5JvUP13
Agora si que non hai marcha atrás, rapaciños e rapaciñas!!! "Radio Rosiña" xa está inaugurada por todas e todos vós!!! Aínda que desde que recibimos e colocamos todo o equipamento necesario xa fostes moitas as persoas que por ela pasastes, onte foi un día moi especial, xa que recibimos a visita dun auténtico profesional: Javier Prado. Javier pasou con nós toda a mañá, dándonos moitos consellos para aproveitar ao máximo posible este medio de comunicación que nos enche de ilusión, explicándonos como se manexan a mesa de mezclas e o programa de gravación, como controlar os micrófonos e mesmo descubrimos como podemos incluír música para as sintonías dos nosos programas!!! Tivestes a oportunidade de gravar as primeiras entrevistas, narrar un conto, deseñar un programa para convencer ás oíntes de que o noso é o mellor cole do mundo, etc.
Para a vindeira semana xa vos contaremos como tedes que facer para descargar os podcast que vaiamos gravando, pero ata entón, aquí vos deixo as fotos que fixemos durante esta xornada radiofónica na que queremos agradecer a Javier o esforzo por viaxar ata San Cosme e o seu entusiasmo e paciencia para explicarnos o funcionamento da radio. Javier, foi todo un pracer coñecerte. MOITÍSIMAS GRAZAS!!!
(Para ver as fotos, premede sobre a imaxe ou AQUÍ)




venres, 23 de marzo de 2018

A SEMANA DA PRENSA

Dende o ano 1989, moitos centros educativos galegos veñen celebrando a "Semana da Prensa". A edición deste ano é xa a número 30, e no calendario aparece sinalada entre os días 5 e 9 de marzo. No noso cole estivemos analizando as noticias, e quixen tamén darvos algúns consellos para que, á hora de ler as noticias que aparecen nas diferentes páxinas de Internet, non vos traten de enganar: "COMO DETECTAR NOTICIAS FALSAS EN INTERNET" é un vídeo elaborado polo Equipo de Biblioteca para que vos fixedes moito en todo aquelo que aparece nese inabarcable mundo. Aquí volo deixo, esperando que vos sexa de gran utilidade:




xoves, 31 de outubro de 2013

ATOPA O TEU LIBRO

¿Estás aburrido ???    

Non sabes que facer ???

xoves, 7 de xuño de 2012

MÁiS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE USUARIOS

Aquí vos deixamos tamén as actividades para traballar a Formación de Usuarios en papel!!!
O curso que ven practicaremos moito con ellas. Profes!! Estará a vosa disposición na paxina de recursos de Formación de Usuarios a que tedes acceso dende a barra lateral!


E aquí tedes unhas presentacións para traballar o tema da Educación Documental

luns, 4 de xuño de 2012

BIBLIOTEQUEANDO

Para traballar a FORMACIÓN DE USUARIOS elaboramos dende a biblioteca un libro LIM con actividades interactivas que poden facilitarán a labor dos titores e a aprendizaxe dos rapaces de un xeito divertido.
Para xogar pinchade na pantalliña da esquina superior dereita e así poderedes facelo a pantalla completa.
Ánimo e a divertirse!

mércores, 21 de marzo de 2012

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE USUARIOS

Dende o CEIP MESTRES GOLDAR de Vigo chéganos este libro de actividades Lim para traballar a Formación de Usuarios da biblioteca escolar.
Trátase dun estupendo traballo da coordinadora da súa biblioteca: a profe Julia González, a quen enviamos un abrazo dende aquí e lle agradecemos que comparte o seu traballo connosco.
GRAZAS JULIA !!