Ola!!!
Premede para ver máis fotos do espectáculo. |
Apertas,
Rosiña
Ola!!!
Premede para ver máis fotos do espectáculo. |
Apertas,
Rosiña
Un ano máis, o Meco convidounos a desfrutar do Entroido animándonos a vestirnos de xeitos diferentes ao longo da semana. Coma noutras ocasións, tivo en conta o tema do proxecto deste curso, polo que cada día ía anunciando algún complemento que estivera relacionado co universo. Estivo ben bonito vervos entrar no cole cheas de estrelas, con gafas enormes, con capas, vestidos de branco e negro e con gorros moi orixinais! Grazas pola vosa participación e creatividade!!!
Premendo aquí podedes ver todas as fotos desta semana. |
Apertas e FELIZ ENTROIDO!!!! Vémonos o próximo xoves, 3 de marzo!
Rosiña
No cole sabemos moi ben que Rosalía é unha muller moi importante na nosa cultura, que a través da literatura amosou os seus sentimentos, os seus desexos, que valorou a natureza escribíndolle versos moi fermosos, que actuou defendendo os dereitos das mulleres nunha época na que o tiñan aínda máis difícil que agora, etc. Por iso, no cole propuxemos unha actividade relacionada co tema do proxecto deste curso: o universo. Nesta ocasión era doado unilos, xa que como ben sabedes, ata unha estrela leva o seu nome (TEXTO HORA DE LER). Tendo iso en conta, así como a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega -que consistía en centrarse nos pensamentos, as súas flores preferidas-, cada aula realizou unha actividade baixo o título "Lanza o teu pensamento con forza ao firmamento". Despois de varios días adicados a Rosalía, esta tarde saímos ao patio e, baixo o castiñeiro, compartimos co resto do cole as nosas creacións, que así de bonitas quedaron. Estou segura de que neste grupo de rapaciños e rapaciñas hai máis dun e dunha poeta!!!
Premendo na imaxe podedes ver diferentes momentos do acto. |
Unha aperta,
Rosiña
Ola!!!
Entre as actividades programadas para homenaxear á nosa gran escritora Rosalía de Castro estaba a de cantar os seus poemas, musicados nesta ocasión por Marcos Truque Matruque, que nos fixo pasar un rato moi entretido. Acompañado pola guitarra, o ukelele, unha turuta e diferentes bases rítmicas, a voz de Marcos animounos a cantar con el versos de Rosalía, algúns en estilos tan modernos coma o reggae ou hip hop. Podedes ver as fotos premendo sobre a imaxe.
O día estivo estupendo para cantar ao aire libre! |
Rosiña
Ola!!!!
O alumnado de 5º e 6º estrena un novo programa en "Radio Rosiña". Chámase "Rosiña DJ" e, como podedes imaxinar, vai de música. Se queredes descubrir cales son os temas que soan no cole durante o mes de febreiro, aquí tedes o enlace para comezar a mover o esqueleto:
En hora boa, rapaciños e rapaciñas!!! Quedouvos un programa moi xeitosiño e marchoso!!!!
Apertas,
Rosiña
Hoxe tivo lugar un concerto no cole estupendo con Paco Nogueiras. Xa que onte foi o "Día Mundial da Radio", pensamos que celebralo cantando as cancións do disco "Radio Bule Bule" era unha idea fantástica. E así foi!!! Pasámolo moi ben, bailamos, saltamos, cantamos, e recordamos algúns temas de Paco que nos gustan moito, e outros descubrímolos en vivo e en directo, que é como máis mola.
Grazas, Paco!!! E a toda a rapazada, por participar na actividade amosando a enerxía que vos caracteriza.
Premede aquí para ver as fotos e os vídeos desta mañá. |
Non está nada mal comezar así de forte a semana, eh?
Apertas,
Rosiña
Onte, 13 de xaneiro, celebrouse o "Día Mundial da Radio". Un ano máis, sumámonos á proposta de Rede Espora, que nesta ocasión se centraba na responsabilidade que supón o facer que os medios de comunicación sexan fontes veraces de transmisión de información e coñecemento. Só cun uso responsable dos medios, tanto sendo emisores como receptores, poderemos contribuír a desenvolver unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Partindo desta idea, o alumnado de 3º e 4º de Primaria representou ao noso cole emitindo unha noticia moi interesante, pero... real? Escoitade atentamente o programa, no que tamén participan os centros de O Rosal (CPI Manuel Suárez Marquier), de Teis (CEIP Frián), Bueu (CEIP da Torre Cela), Sober (CEIP Virxe do Carme), A Pobra do Brollón, Lugo (CEIP Rosalía de Castro), Moaña (CEIP Seara de Moaña),Seixo, Marín (CEIP Manuel Masdías) e Ribeira (CEIP de Olveira).
Moitísimas grazas ao equipo de Espora pola súa implicación nesta celebración que tanto nos gusta, e o seu esforzo para montar este fantástico programa!!!!
Apertas,
Rosiña
Nun curso adicado ao espazo, a visita ao planetario era unha das máis desexadas polo alumnado do cole. Aínda que houbo que cancelar un dos grupos a última hora (que irán máis adiante porque o virus non entende de excursións), o resto do centro viaxamos ata A Coruña para visitar un dos seus estupendos museos: a Casa das Ciencias e o Planetario. Fixemos dúas quendas: mentras un grupo entraba no planetario, o outro descubría as exposicións sobre astronomía, realizaba experimentos de física ou observaba o movemento do péndulo de Foucault.
A xornada foi fantástica!!! Premede para ver as fotos. |
Aperta grande,
Rosiña
Se queredes acceder á recompilación de materiais que realizamos en cursos anteriores, premede aquí.
Apertas,
Rosiña
Bos días!!!
Hoxe, en "Radio Rosiña" as protagonistas son... as vacas!!! Si, en 3º e 4º seica estiveron traballando moito sobre elas nas clases de Ciencias Naturais, polo que neste programa cóntannos cousas moi interesantes sobre estes animais que tan ben coñecemos en San Cosme. Escoitádeo atentamente porque ao mellor pensabades que o sabiades todo sobre elas...
En hora boa, rapaciñas e rapaciños!!!
Rosiña
Bos días!!!
As nenas e nenos de 5º e 6º anunciáronme hoxe unha noticia estupenda: realizaron un programa en "Radio Rosiña" falando do Día da Paz. Seguro que estades desexando escoitalas e escoitalos!!! Eu xa o fixen, e o certo é que me encantaron!!! Aquí vai o enlace para que poidades tamén facelo vós:
Apertas,
Rosiña