mércores, 26 de xaneiro de 2011

EXPOSICIÓN DE LITERATURA POLA PAZ

Dende onte tamén tedes á vosa disposición unha selección de libros pola Paz. Libros fermosos con mensaxe importante. Disfrutade e aprendede moito coas súas historias!
Tamén temos unha exposición elaborada por unha das Asesoras de bibliotecas escolares da Consellería de Educación: Pilar Sampedro. Podedes vela máis de cerca pinchando aquí.



WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ

Como xa queda menos para celebrar o DÍA DA PAZ queremos que disfrutedes dunha fermosa historia basada nun feito real. É a historia de Wangari Maatahi que recibiu o premio Nóbel no ano 2004 pola súa contribución á paz no mundo.
A traducción ao galego foi feita pola Escola Unitaria de Vide nas Neves. O noso agradecemento para eles dende aquí.

martes, 25 de xaneiro de 2011

CHEGARON OS MOBLES DA CONSELLERÍA

Antonte ás 3 da tarde chegou o mobiliario que nos enviou a Consellería. A gran maioría eran mobles para a nosa biblio. Ás 4:30 algúns profes estaban xa desembalando e colocando mobles.
Di o noso dire que nunca se desenbalara tan rápido o material que nos manda a Xunta. Algunha profe estaba tan emocionada que non quería marchar sen velos todos. Mandáronnos unha mesa para os ordenadores dos rapaces, outra para "as bibliotecarias", as cadeiras para estas mesas, un moble multimedia para os CDs e os DVDs, un revisteiro, catro estanterías e 4 colchonetas que nos cedeu o profe de Educ. Física.
Como os carpinteiros xa remataron de por a madeira no chan, e as paredes xa están pintadas comezamos a colocar os mobles dos que dispoñemos e por suposto tamén os libros.

Os libros deben estar xa un pouco mareados de tanto paseo. A literatura, por fin, volve estar no seu sitio.

Este é o moble multimedia. É chulo eh???

Pero aínda hai moitos libros polo chan. Imos con paciencia pero traballando sen parar.
O avó de Paula volveu a botarnos unha man para colocar as estanterías. Aquí o tedes con José en acción. Grazas Lino!!!

domingo, 23 de xaneiro de 2011

RECOMPILACIÓN DE RECURSOS PARA PAZ

O día 30 de xaneiro celebraremos o DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA.
Dende aquí queremos agradecer a xenerosidade de todos os centros educativos e institucións que permitiron a elaboración deste traballo a través da aportación desinteresada dos seus traballos.
Ao longo da semana levaremos actividades nas aulas pero tamén disfrutaremos de outras máis colectivas.
Rosiña ten preparada unha exposición de libros sobre este tema que vos van encantar.
Queremos agradecer tamén dende aquí a colaboración da Biblioteca Pública de Bertamiráns.
E aínda disfrutaremos de máis sorpresas que vos ten preparadas Rosiña !!!

xoves, 20 de xaneiro de 2011

TODOS A TRABALLAR

A nosa biblioteca é de todos os membros da nosa comunidade educativa: profes, alumnos, pais e conserxe, así que todos temos que arrimar un pouquiño o ombreiro para que a súa transformación a converta no "NOSO RECUNCHO ESPECIAL".
Rosiña está traballando moito pero había tanto traballo que pediunos axuda a todos e alá estivemos todos botando unha man....
Tiñamos que mover TODOS OS LIBROS para a parte da biblio que xa ten a madeira posta para poder pintar e poñer a madeira na outra parte. Os rapaces e rapazas de 3º ciclo e os profes fixeron todo o traballo coa axuda de José o noso conserxe. Tivemos que inventarnos un sistema de numeración que elaboraron Juanjo, Raúl e Josiño polo cal os nenos e nenas acarrexaban os libros de forma ordenada e os mestres iban distribuindo nas estanterías e no chan para non descolocar a colección.
Tamén tivemos que tivemos que rascar unhas pegatinas moi antigas das ventás que nos deron moito traballo. Aquí temos a Noa e a Araceli concentradas no traballo.

Non pensabamos que tíñamos tantos libros. Cando están colocadiños nas súas baldas parece que son menos pero cando hai que acarretalos dun lugar para outro, ay!!! entón parecía que non íamos a rematar nunca. O peor era pensar que cando teñamos a outra parte pintada e ca madeira posta imos ter que movelos outra vez!!! As profes andan medio tolas !!! E os rapaces morren coa risa...!!!
Dende aquí tamén queremos agradecer a colaboración do avó de Paula que nos botou unha man coas estanterías cando veu a buscar a súa neta.

luns, 17 de xaneiro de 2011

PINTANDO MÚSICA

A nosa profe de música, Susi recoméndanos este fermoso vídeo no que poderedes comprobar cómo a música non só se pode oír, escribir se non tamén "pintar" e, como non, disfrutar. Así que, xa sabedes, disfrutádeo !!!

HOXE CHEGARON OS CARPINTEIROS

Hoxe chegaron os carpinteiros e comezaron a colocar o chan novo. Está quedando chulísimo verdade??? Estamos supercontentos.
Rosiña sacou unhas fotos para que vírades o que fixeron hoxe.
Primeiro colocaron unha espumiña nunha das partes da biblio (a que José nos pintou de azul).
E por enriba comezaron a colocar o chan de madeira... taboíña a taboíña...

Ao mediodía xa chegaron á parte que José pintou de amarelo. Fáltalles poñer o rodapé.

Agora imos ter que mover todos os libros que están almacenados na parte amarela para o outro lado da biblio para que poidan seguir poñendo a madeira. Rosiña vai necesitar a axuda de todos. Estades preparados???

A NOSA BIBLIOTECA EN OBRAS

Os Reis Magos este ano decidiron que a nosa biblio necesitaba uns arranxiños para que lucira máis bonita. Non sabemos moi ben como fixeron (poida que os camelos colaborasen dándolle uns pequenos empurróns á parede) pero o caso é que cando chegamos faltábanos un cachiño de parede. Agora a nosa biblio é o dobre de grande.
Rosiña está feliz pois o seu fogar agora é moito máis espacioso e collen moitas máis cousas!!!
Pero xa postos, Rosiña pensou que non lle viña nada mal unha manciña de pintura e falou con José, o noso conserxe, convenceuno e está quedando moi chula.
Logo pensou que o chan estaba moi vello e que, aos nosos rapaces e rapazas, cando ían visitala, enfríabaselles o cuíño cando se sentaban nel.
Decidiu ir a falar co carpinteiro, e este vainos poñer un chan novo e máis quentiño esta semana. Estamos desexando velo rematado. Verdade??
O peor das obras é que a nosa biblio está pechada pero pensamos que antes de que acabe o mes poderemos reiniciar as súas actividades.
Mentres, xa sabedes, paciencia... e sobre todo moita ilusión pola nosa nova biblio.
Podedes seguir dende aquí os progresos das obras.
Rosiña manteravos informados de todo.

O NOSO CALENDARIO 2011

Todos o tedes na casa xa pero por si algún de vós o quere imprimir aquí tendes o noso calendario para o ano que agora comezamos. Esta vez o tema son os faros de Galicia xa que neste curso estamos dedicándonos a traballar todo o relacionado co mar. A que quedou chulo?? Esperamos que vos guste...


mércores, 5 de xaneiro de 2011

NOITE DE REIS

Xa quedan poucas horas.... Estades nerviosos, verdade??? Lembrade ir cedo para a camiña e non tardar en quedar durmidos... Ahhhh !!! E non olvidedes facer pipí antes de deitarvos, non vaia ser que vos pase o mesmo que a Martiño, o do conto...



Antes de ir ver os Reis na Cabalgata recomendámosvos esta película. Buscadela e sobre todo, disfrutádela!!!


FELIZ 2011 A TODOS!!!

Comezamos un novo ano co ilusión e alegría e para celebralo... un regaliño!!! Este fermoso calendario do ilustrador Poly Bernatene.
(Pincha sobre a imaxe para velo máis grande e, se queres, imprimilo.)