Pois xa temos aquí os vídeos do festival de fin de curso!!!! Así poderedes lembrar cada unha das actuacións, ou velas por primeira vez se non puidestes asistir á festiña.
A primeira actuación foi a "Barcarola" de "Os contos de Hoffman", que compuxo Offenbach e que interpretaron as clases de 5º e 6º acompañados por Óscar ao piano:
A continuación subiron "Once damas atrevidas", canción que compuxo Óscar para 1º e 2º, baseándose no conto escrito por Oli e publicado por Kalandraka. E con todas as damas, o grupo de ukeleles e guitarras!!!
Chegou despois o grupo de Infantil, cunha canción tamén baseada nun conto sobre un gatiño. Composta por Susa Herrera, "Coñezo un gatiño" interpretárona co acompañamento de Óscar á guitarra:
A continuación poderedes ver un baile que prepararon por libre Yanira (6º curso), con nenos e nenas de 1º , 2º e 3º (Paula López, Paula Pereira, Brais Capelo, Alba e Joel). Aquí tedes "La bicicleta":
A seguinte actuación foi unha das máis aplaudidas e das que máis ilusión nos facía. Trátase dunha adaptación da historia de "Os músicos de Bremen", que a profe Chus fixo tras a insistencia de Alejandro Villar por representala no festival. Alejandro liounos a todas as persoas que puido para escenificala no escenario, e isto foi o que pasou:
Non hai máis que ver a seguinte actuación para saber que no cole temos un montón de artistas!!! Así nolo cantan as meniñas e meniños de Infantil, "Eu son un artista":
A seguinte actuación foi a de 5º e 6º, cunha coreografía dunha danza polaca: a "Danza da cruz":
Tamén houbo algunha actuación individual. A primeira delas foi a de Andrea Labandeira (6º), que nos interpretou o coñecido tema "Let it be" coa guitarra:
Os seguintes en aparecer foron os nenos e nenas de 3º e 4º, que representaron a canción "Paco Papán", que compuxo Almudena Janeiro sobre o conto do mesmo título escrito por Patacrúa e publicado por OQO. Para poder velo preme AQUÍ.
En 6º quixeron facer participar ao público, e ocorréuselles que unha boa maneira de facelo era a través do coñecido xogo "Simon says". E sucedeu isto:
Outro tema preparado por libre. Nesta ocasión, as protagonistas son Andrea Labandeira (6º), Soraya e Paula Maneiro (4º), quenes elixiron "Súbeme la radio" para bailalo así:
En 5º e 6º tocaron un arranxo nos instrumentos de placa da canción "Imagine". E para interpretala no festival liaron aos profes Óscar (piano) e David (cantando). E soou así de ben:
A seguinte actuación foi toda unha sorpresa: un monólogo de Rubén (6º) que nos fixo rir a todas as persoas alí presentes. Aquí tedes a este artista:
Continuamos despois cunha canción que é case un himno no noso cole: "Outra coma a de antes", de Héctor Lorenzo. Ademais de admirar a este músico, a canción tamén ten un significado especial para as persoas de 5º e 6º que viaxamos este curso á Ribeira Sacra. E así de bonito o cantaron no festival, acompañadas das guitarras de Rubén e Óscar:
3º e 4º preparou un baile moi moderno: "Uptown funk".
Despois chegou a última inspiración sobre contos: "O corazón do xastre". Baseada no conto do mesmo título de Txabi Arnal e publicado por OQO, a canción compúxoa a mestra Susi e interpretárona as nenas e nenos de 5º e 6º acompañados por Óscar ao piano:
Tamén o profesorado preparou unha canción coa que quixo mencionar unha das cousas que máis practicamos e valoramos no centro: abrazarnos!!! Por iso elixiu este fermoso tema de Magín Blanco, que cantaron acompañados de Óscar á guitarra, a "Rumba das apertas":
E rematou o festival cunha canción moi divertida a cargo dos grupos de 1º e 2º: "Estou na lavadora", para marchar moi contentos/as, sacudir todas as morriñas, rockandrollear e desfrutar do verán.
Esperamos que vos gustara tanto como a nós. BO VERÁN A TODAS AS PERSOAS QUE NOS VISITAN!!! VÉMONOS EN SETEMBRO!!!!