Hoxe xoves, 2 de febreiro recibimos unha charla no centro titulada O MONTE VIVO no marco do proxecto LIFE “O monte vivo”, que promoven a Xunta, a Asociación Profesional de Silvicultores (SILVANUS) e a Asociación Sectorial Forestal Galega (ASEFOGA). Con esta iniciativa procurase, entre outros fins, fomentar a toma de conciencia da poboación en xeral e dos máis pequenos en particular sobre o necesario coidado, conservación e posta en valor da nosa riqueza forestal. O proxecto céntrase en concreto na redución do número de incendios no monte de orixe intencionada ou neglixente.
O programa LIFE é o instrumento financeiro da Unión Europea destinado a apoiar proxectos relacionados coa conservación da natureza e o respecto ao medio ambiente. Neste caso concreto, o proxecto “O monte vivo” ten como principal obxectivo cambiar determinados comportamentos da poboación en relación cos incendios forestais, mediante a participación activa e responsable dos cidadáns na protección dos bosques. E permitir, ao tempo, que tomen conciencia do seu uso sostible, contribuíndo á protección da biodiversidade, co fin último de acadar unha redución do número de lumes de orixe intencionada ou neglixente.
A campaña céntrase en incrementar a concienciación sobre os incendios forestais e a súa influencia sobre o equilibrio ecolóxico, as perdas que supón en canto diminución da biodiversidade, da capacidade produtiva do monte, da calidade das augas ou do ocio. Explícanse cales son as principais causas dos incendios, as medidas de prevención, a regulación do uso do lume e a necesidade da participación dos cidadáns na conservación do medio natural.
Concienciación
As accións que se levan a cabo dentro deste proxecto se centran en campañas para incrementar a concienciación, dirixidas por unha banda á poboación escolar dos centros educativos de Galicia, a través de actividades presenciais, traballos do alumnado con ferramentas web e a participación en concursos de debuxo e redacción, caso dos que se veñen de convocar agora.
CHARLA: O monte vivo (Infantil + 1º, 2º e 3º de Primaria from
bibliotecavictorsaenz on
Vimeo.
CHARLA: O MONTE VIVO (4º, 5º e 6º curso) from
bibliotecavictorsaenz on
Vimeo.