mércores, 14 de maio de 2014

"MI MADRIÑA!" QUE VISITA!!!



Esta mañá visitounos Palmira, unha rapaza marabillosa dun pequeno pobo da Costa da Morte: Sardiñeiro, no concello de Fisterra. Palmira veu ao cole para contarnos moitas cousas relacionadas co mar, esa enorme masa de auga salgada que tantas cousas boas nos agasalla: ondas para xogar, paisaxes para contemplar, tesouros para descubrir, historias para soñar e, tamén, peixiños para alimentarnos. 
Así foi que, despois de contarnos como se inspirou na paisaxe do seu pobo para comezar a realizar barquiños de papel, coa ilusión de encher con eles a praia, iniciamos unha viaxe en barco a través de diferentes contos. Algúns deles xa os coñeciamos, pero outros foron unha novidade, así que para que non nos esquezamos de ningunha desas fermosas historias, aquí quedan recollidas. Empezamos?

A primeira delas foi un poema do libro Patente de corso, escrito por Rafa Villar, que tamén é da Costa da Morte.
Despois chegou o turno de La ola, un libro de Suzy Lee que coñecemos moi ben porque o temos na nosa biblioteca.
O seguinte foi El arenque rojo, un libro do escritor de Palabras de Caramelo: Gonzalo Moure. Este conto é especial porque non parece un conto... Non hai letras, non hai palabras... Pero se segues o camiño do arenque, darache unha ENORME SORPRESA! Se pinchas na imaxe poderás ver un vídeo do conto:

https://www.youtube.com/watch?v=WSs1W7mP29MA continuación chegou a historia do libro de Jimmy Liao titulado El pez que sonreía ...
Se pinchas sobre a portada do libro podes desfrutar desta fermosa historia en vídeo.

E non deu tempo para máis, xa que tras un breve descanso iniciamos a segunda parte do obradoiro, que consistía na elaboración de figuras con papeis de cores, esa arte de orixe xaponés coñecida co nome de ORIGAMI. E para facer a introdución ao mesmo, a nosa invitada contounos por que era tan especial a figura da grulla, que en Xapón é o símbolo da Paz. Do mesmo xeito que ocorre aquí coa pomba, na illa asiática elixiron esoutra ave. Recordades por que? Se pinchades na imaxe do conto As 1000 grullas de papel podedes coñecer esta impresionante historia:

Palmira tamén nos contou que ten un blogue: chámase mimadriña.com e seguro que queredes visitalo!!!

 
E aquí podedes ver as fotos desta mañá tan axetreada de historias de barcos, peixes, piratas, raqueiros, figuriñas en origami...

Ningún comentario:

Publicar un comentario