martes, 20 de decembro de 2011

A NOSA CARTA PARA OS REIS MAGOS: GUIA DE LECTURA 2011

        Aínda non escribiches a carta para os Reis Magos??? De verdade?? Pero a qué estás esperando??
Bueno, como de seguro, xa oiches na tele ou na casa, estamos en tempos de CRISE; así que tes que facer peticións con moito sentidiño e pensar que aos Reis tamén lles afecta a crise.
Non podemos pedir todo o que queiramos pero sí podemos elixir cousas que non son moi caras e que, sen embargo, nos van a facer pasar momentos moi divertidos.
Eu suxírovos que elixades aquí algún dos vosos regalos para Reis. Podo asegurarvos que todos serán do voso gusto.
Xa ten forma de carta así que se a imprimides tan só tedes que rodear o que queredes.

luns, 19 de decembro de 2011

NADAL 2011

    Estes días andamos todos a tope no cole, atarefados co Nadal: postais, actuacións, festival, obras de teatro, cancións, ...
    Lembrarvos que tedes a vosa disposición unha recompilación de recursos moi completa sobre o Nadal elaborada pola COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACION DA LINGUA GALEGA á que podedes acceder dende aquí:

Tamén contades coa recompilación de Recursos sobre o Apalpador elaborada dende a nosa biblioteca. Non esquezades visitala.!!!

O CARBALLO CON BOTAS

O venres 15 recibimos a visita do Contacontos Anxo Moure por xentiliza do Consorcio Editorial Galego.
Co Carballo con Botas viaxamos ao país dos contos sen saír sequera da nosa biblioteca. Coñecimos a Tio Teixo, ao Peixeiro Martiño e ao Trasniño do lixo abrazamonos ás árbores e escoitamos moitos contiños


CONTACONTOS O CARBALLO CON BOTAS from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.

sábado, 10 de decembro de 2011

10 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS


63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!


Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.


Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)

martes, 6 de decembro de 2011

CHARLA NO COLE: " Achegamento ao mundo do cogomelos"

        O luns 7 de novembro recibimos no cole a unha técnica do CEM s.coop.galega: unha cooperativa pioneira no traballo profesional no ámbito da educación ambiental en Galicia. Esta especialista ofreceu aosrapaces de 2º e 3º ciclo e aos seus profes, unha charla arredor do mundo dos cogomelos.
        Os cogomelos son un producto do outono moi prezado por todos. Cada ano máis persoas buscan, recollen, cociñan e comen cogomelos silvestres. O mundo destes fungos silvestres é tan interesante como complexo e perigoso. Para comprender un pouquiño mellor a estes "seres dos bosques", dende a nosa Biblioteca decidimos organizar esta charla dentro das actividades deseñadas en torno ao PROXECTO INTEGRADO deste ano: SEMENTANDO BOSQUES DE PALABRAS, proxecto este, que xira, como ven sabedes, en torno ao tema dos bosques.

Aquí vos deixamos os vídeos por si alguén quere lembrar todo o que aprendemos ese día.






Tamén queremos achegarvos unha páxina web elaborada dende o C.E.I.P. de Pedrouzos de Brión cunha chea de xogos e actividades sobre os cogomelos. Pincha na imaxe e disfrútaos:


domingo, 4 de decembro de 2011

CONCERTO DE SON+D2 NA PICOTA

    O xoves 17 de novembro acudimos á Casa da Cultura da Picota para asistir, xunto cos outros dous centros educativos do concello (o CEIP Pino de Val e o CPI da Picota), ao concerto didáctico de grupo SON+D2.
    SON+D2 é un trío acústico no que unha guitarra, dúas voces e a percusión ademais doutros sons da nosa vida cotiá mextúranse dun xeito tradicional e experimental. 
   O su obxectivo do seu concerto foi mostrar aos rapaces e rapazas os diferentes instrumentos contando a súa historia particular e facelos participar nun concerto-xogo interactivo para que disfrutasen da música e coñecesen as diferentes músicas do mundo.
Aquí tedes o algunhas imaxes do concerto:



Pasámolo pipa verdade?
AQUÍ atoparedes tamén a letra das súas cancións.

MAGOSTO 2011

O primeiro de todo, pedirvos desculpas polo retraso. Estiven un pouquiño liada estas últimas semanas, pero agora xa están aquí as vosas fotos do Magosto. Este ano tivemos que comelas debaixo do patio cuberto porque o tempo non nos deu moita tregua. 
De paso que as vedes podedes ir cantando a canción que cantamos ese día ¿lembradela?
Titúlase "Arao" e é do disco Pelo Gato 24.
No vídeo tamén salen os nosos ex-alumnos de 6º do curso pasado que quixeron acercarse ao cole a disfrutar connosco do Magosto. Desde aquí enviámoslles un bico enorme e moitos ánimos para esa nova etapa da súa vida que comezaron en setembro.