Os rapaces e rapazas de 5º queremos compartir con todos vós as nosas riquísimas receitas.
A idea era que compartísemos cos nosos pais a elaboración dunha receita e logo desfrutar desa comida na clase cos compañeiros, despois de explicar en público o proceso de elaboración.
Con esta actividade queriamos participar no proxecto integrado deste curso PAPACONTOS ZAMPALIBROS, centrado no tema da gastronomía; traballar un tipo concreto de texto: a receita; mellorar a nosa expresión oral; e tamén aprender a falar diante dun público.
O de falar diante dos compañeiros e que te estean gravando cunha cámara de vídeo era unha experiencia totalmente nova para nós e a algúns costounos máis que a outros, porque a vergoña, ás veces, podía con nós; outras veces tamén nos entraba a risa floxa.
Aquí tedes o resultado.
SEDE COMPRENSIVOS CON NÓS!!
É moi difícil falarlle á cámara!
Ningún comentario:
Publicar un comentario