Lembrádesvos do Apalpador???
Coñecímolo o ano pasado pero se non te lembras ou aínda non o coñeces, direivos que o Apalpador e un vello corpulento e bondadoso que viste sempre con roupas gastadas e remendadas e leva boina. Dedícase ao antigo oficio de facer carbón vexetal e frecuenta as zonas do Courel, os Ancares e o Cebreiro. A noite do 31 de decembro, baixa da súa solitaria cabana no cumio dun dos montes máis altos, cargado cun enorme saco cheo de castañas e visita todas as aldeas galegas. Mentres todos dormen, el entra nas casas para apalpar as barriguiñas dos nenos e nenas e comprobar se están ben alimentados e deixarlles unha boa presada de castañas para que non pasen fame.
Hoxe en día, como non atopa moitos ventres baleiros, acostuma a deixar tamén un pequeno xoguetiño de construcción artesanal cheo de agarimo.
Se queredes coñecer mellor ao Apalpador AQUÍ atoparás máis recursos.
Hai quen di que desaparecerá de Galicia se a xente non lle presta a atención que recibiu durante séculos e se Papá Noel segue roubándolle o seu traballo. E bo, polo tanto, que fales del e llo presentes a toda a xente que coñezas sobre todo aos máis cativos, para lograr que non nos abandone e siga visitándonos todos os anos.
Queres ler o Conto do Apalpador agora?