mércores, 28 de xuño de 2017

OS VÍDEOS DO FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Pois xa temos aquí os vídeos do festival de fin de curso!!!! Así poderedes lembrar cada unha das actuacións, ou velas por primeira vez se non puidestes asistir á festiña. 
A primeira actuación foi a "Barcarola" de "Os contos de Hoffman", que compuxo Offenbach e que interpretaron as clases de 5º e 6º acompañados por Óscar ao piano:


A continuación subiron "Once damas atrevidas", canción que compuxo Óscar para 1º e 2º, baseándose no conto escrito por Oli e publicado por Kalandraka. E con todas as damas, o grupo de ukeleles e guitarras!!!


Chegou despois o grupo de Infantil, cunha canción tamén baseada nun conto sobre un gatiño. Composta por Susa Herrera, "Coñezo un gatiño" interpretárona co acompañamento de Óscar á guitarra:


A continuación poderedes ver un baile que prepararon por libre Yanira (6º curso), con nenos e nenas de 1º , 2º e 3º (Paula López, Paula Pereira, Brais Capelo, Alba e Joel). Aquí tedes "La bicicleta":


A seguinte actuación foi unha das máis aplaudidas e das que máis ilusión nos facía. Trátase dunha adaptación da historia de "Os músicos de Bremen", que a profe Chus fixo tras a insistencia de Alejandro Villar por representala no festival. Alejandro liounos a todas as persoas que puido para escenificala no escenario, e isto foi o que pasou:


Non hai máis que ver a seguinte actuación para saber que no cole temos un montón de artistas!!! Así nolo cantan as meniñas e meniños de Infantil, "Eu son un artista":


A seguinte actuación foi a de 5º e 6º, cunha coreografía dunha danza polaca: a "Danza da cruz"


Tamén houbo algunha actuación individual. A primeira delas foi a de Andrea Labandeira (6º), que nos interpretou o coñecido tema "Let it be" coa guitarra: 


Os seguintes en aparecer foron os nenos e nenas de 3º e 4º, que representaron a canción "Paco Papán", que compuxo Almudena Janeiro sobre o conto do mesmo título escrito por Patacrúa e publicado por OQO. Para poder velo preme AQUÍ.

En quixeron facer participar ao público, e ocorréuselles que unha boa maneira de facelo era a través do coñecido xogo "Simon says". E sucedeu isto:


Outro tema preparado por libre. Nesta ocasión, as protagonistas son Andrea Labandeira (6º), Soraya e Paula Maneiro (4º), quenes elixiron "Súbeme la radio" para bailalo así:


En 5º e 6º tocaron un arranxo nos instrumentos de placa da canción "Imagine". E para interpretala no festival liaron aos profes Óscar (piano) e David (cantando). E soou así de ben:


A seguinte actuación foi toda unha sorpresa: un monólogo de Rubén (6º) que nos fixo rir a todas as persoas alí presentes. Aquí tedes a este artista:


Continuamos despois cunha canción que é case un himno no noso cole: "Outra coma a de antes", de Héctor Lorenzo. Ademais de admirar a este músico, a canción tamén ten un significado especial para as persoas de 5º e 6º que viaxamos este curso á Ribeira Sacra. E así de bonito o cantaron no festival, acompañadas das guitarras de Rubén e Óscar


3º e 4º preparou un baile moi moderno: "Uptown funk".


Despois chegou a última inspiración sobre contos: "O corazón do xastre". Baseada no conto do mesmo título de Txabi Arnal e publicado por OQO, a canción compúxoa a mestra Susi e interpretárona as nenas e nenos de 5º e 6º acompañados por Óscar ao piano:


Tamén o profesorado preparou unha canción coa que quixo mencionar unha das cousas que máis practicamos e valoramos no centro: abrazarnos!!! Por iso elixiu este fermoso tema de Magín Blanco, que cantaron acompañados de Óscar á guitarra, a "Rumba das apertas"


E rematou o festival cunha canción moi divertida a cargo dos grupos de 1º e 2º: "Estou na lavadora", para marchar moi contentos/as, sacudir todas as morriñas, rockandrollear e desfrutar do verán. 


Esperamos que vos gustara tanto como a nós. BO VERÁN A TODAS AS PERSOAS QUE NOS VISITAN!!! VÉMONOS EN SETEMBRO!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario