luns, 29 de abril de 2013

Concerto privado de Haruna Tabeke para o noso alumnado

O venres 26 Haruna Tabeke, a concertista de piano xaponesa que nos deu unha charla no noso cole para acercarnos a cultura do pobo xaponés, ofreceunos, tal e como nos prometera, un concerto privado no Auditorio de Galicia. 
Cando estivo no noso cole Haruna ensinounos moitísimas costumes e tradicións do seu país pero todos quedamos con ganas de vela tocar o piano. No cole non temos piano, só un teclado eléctrico na aula de música, así que ela prometeu atopar unha data axeitada na súa axenda para que a poidésemos escoitar ao piano.
O colexio e Haruna negociaron co Auditorio de Galicia para que nos prestaran unha das súas salas de concertos e, por fín, chegaron a un acordo e prestáronnos a Sala Mozart para nós exclusivamente.
O venres, para alá marchamos, emocionadísimos, e escoitamos a Haruna tocar 3 pezas:  unha de Wolfgang Amadeus Mozart, outra de  Franz Liszt e outra de Claude Debussy.
Cando saímos do concerto Andrea de 2º díxolle á profe Susi que o piano de Haruna tocaba máis rápido co dela!!  Que simpática!!!


Concerto privado de Haruna Tabeke para o CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.




venres, 26 de abril de 2013

VOLTA CICLISTA JUNIOR

O xoves día 25 de abril, os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º recibiron a visita de Gustavo Rodríguez Iglesias, ciclista profesional e na actualidade monitor da Volta Ciclista Junior. Gustavo ofreceulles unha actividade consistente nunha sesión teórica e dúas prácticas. Al final das sesións os rapaces recibiron 4 invitacións, unha para cada curso participante, para asistir ao día 27 de agosto, coincidindo coa chegada da Volta Ciclista, a unha mini carreira ciclista no concello de Fisterra. Despois os rapaces poderán disfrutar en directo da chegada da Volta a dita localidade xunto cos seus pais nunha zona vip. Os gañadores da minicarreira subirán al podio xunto co gañador da etapa. As entradas serán sorteadas entre o alumnado participante.
Aquí vos deixamos as fotos da xornada:



Aproveitamos a ocasión para recomendarvos uns libriños relacionados coas bicicletas






A miña bicicleta testalana
Mariasun Landa
Editorial Tambre












Un paseo en bicicleta
Juan Guinea Día
Editorial AFortiori















Los tres amigos
Helme Heine
Editorial Anaya











La bicleta es mía
Carlos Perrano
Editorial Alfaguara








Doña Eremita sobre ruedas
Quentin Blake
Ediciones Ekaré





El código de cirulación
Mario Ramos
Editorial Corimbo













Mi hermana Clara y la bicicleta
Inkiow Dimiter
Editorial Everest


xoves, 25 de abril de 2013

O DÍA DO LIBRO EN IMAXES

E por fin temos dispoñibles a imaxes da celebración do DÍA DO LIBRO no noso cole!!
Comezamos polos APADRIÑAMENTOS LECTORES. 
Lembramos, para os nosos seguidores, que os Apadriñamentos Lectores son unha actividade que xa puxemos en marcha o curso pasado para celebrar este día e que nos gustou tanto que decidimos repetir. Consiste en que a metade do alumnado do cole (os de máis idade) se convirten en padriños e madriñas lectoras e a outra metade (os máis pequenos) son os apadriñados. Así, cada neno ou nena maior ten asignado un pequeno/a. Cada padriño debe escoller un libro na nosa biblioteca que lle pareza adecuado para lerlle ao seu apadriñado. Prepará a lectura ao longo da semana e pode recibir asesoramento do seu titor/a para que lle axude a atopar a mellor maneira de contalo e dramatizalo. 
A lectura tería lugar o Día do Libro pola tarde, as 3 da tarde.
O martes amenceu soleado e bonito así que decidimos que os padriños e madriñas lectoras decidirían individualmente onde levarían a cabo a súa lectura. Poderían ler en calquera lugar do centro, dentro do edificio ou fóra. Cando tocou o timbre, cada padriño e madriña dirixíronse á clase do seu apadriñado/a a recollelo e invitalo á súa lectura no lugar escollido. 
E aquí están as imaxes:




CONCURSO DE CARTEIS DE FOMENTO DA LECTURA
Durante estes días, a biblioteca organizou un Concurso de Carteis de Fomento da Lectura que trataba de animar aos nenos e nenas a deseñar un slogan que animase a todo o mundo a ler e logo a ilustralo e poñelo bonito.
Todos os carteis están expostos no corredor do centro pero tamén queremos amosárvolos aquí para que todos vexades os estupendos traballos que fixeron e para que podades descargar nos vosos ordenadores os que máis vos gustan.


Despois dos Apadriñamentos Lectores, cantamos a canción "NUN LIBRO" de Paco Nogueiras cuxo video podedes volver a ver aquí ou na entrada anterior do blogue. A profe Susi escolleu está fermosa canción e ensaiouna moito con todos os rapaces, aínda que no vídeo non se lles oiga moito. Daralles vergoña a cámara de video??
Cando rematamos de cantar entregamos o premio do gañador do concurso de carteis: Daniel Antelo de 5º curso. FELICIDADES DANI!! BO TRABALLO!!!
Aquí o tedes co seu premio!!


E o seu cartel gañador!!

Todos os nosos rapaces recibiron un agasallo dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación: un marcapáxinas conmemorativo deste día cun pequeno texto de Paula Carballeira (narradora oral, escritora, actriz e directora de teatro). Paula escribiu un texto no que destaca as potencialidades do libro para atraer aos lectores máis novos, mesmo a aqueles que (en principio) ofrecen máis resistencias.
 Se pinchades sobre calquera das súas partes poderedes descargalo e imprimilo.



E xa para acabar. Este ano montamos un PHOTOCALL da lectura. Os nosos rapaces trouxeron un libro da casa. Pedímoslles que trouxeran un que lles gustara moito!! E parece que Gerónimo Stilton gañou por goleada!! Aínda que na nosa biblio, os rapaces len e coñecen sobre todo Literatura Infantil e Xuvenil Galega que é do mellorciño do país.
Xa veredes que guapos están todos no Photocall !! Como os famosos!!


Photocall do Día do Libro2013 no CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.

mércores, 24 de abril de 2013

FELÍZ DÍA DO LIBRO!

Á espera de poder amosarvos as imaxes das actividades que fixemos no noso cole para celebrar este día tan importante, deixámosvos aquí o vídeo da canción que preparamos para celebrar este día. Trátase dun tema de PACO NOGUEIRAS  e titúlase "Nun libro". Esperamos que vos guste!


DÍA DO LIBRO 2013 NO CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.

luns, 22 de abril de 2013

Xa queda menos!!!

Queda un día para para esa data tan especial que todos estamos esperando!!  
Deixámosvos aquí uns vídeos para aliviar a espera!!!




Cómo se hace un libro. from Eujoa Artes Gráficas on Vimeo.
La fábrica de libros posee todos los materiales para construir tu libro.

mércores, 17 de abril de 2013

HOXE, SAÍMOS OUTRA VEZ NO PERIÓDICO

Hoxe a Voz de Galicia volveu publicar unha noticia da que somos de novo protagonistas e na que informan da visita de Vadim Yukhnevich ao noso cole.

CONCURSO DE CARTEIS PARA O DÍA DO LIBRO

Ola rapaces!!! Como vai iso!!!
Eu estou feliz con este bo tempo que estamos disfrutando despois de tantos días de chuvia sen poder saír a xogar ao patio e vós??

Veredes! O martes que vén é 23 de abril e celebraremos o DÍA DO LIBRO no noso cole. 
Este ano repetiremos a experiencia dos APADRIÑAMENTOS LECTORES que tanto éxito tivo o curso pasado.

Pero eu quero propoñervos algo máis!
Tratáse dun concurso.
Imos facer de publicitarios!!! Queremos facer entender á xente do boa que é a lectura  e polo tanto temos que convencelos de que ler ten moitísimos beneficios.
Que vos parece???
Tedes que facer un cartel ilustrado e cun slogan!!

E para que poidades ter máis clariño o que tedes que facer, pareceume boa idea buscar pola rede outros carteis que promocionan a lectura e ensinárvolos aquí. Quizais vos sirvan de inspiración.



Os carteis terán un tamaño DIN-4 como máximo e os slongans deben estar en galego. As ilustracións deben estar rotuladas. Tedes ata o martes 23 para entregalos!!!
Sorte!!  O gañador ten premio!!

sábado, 6 de abril de 2013

VISITA DO ACORDEONISTA BIELORRUSO VADIM YUKHNEVICH,

Onte recibimos unha visita moi especial na nosa biblioteca de VADIM YUKHNEVICH, un marabilloso acordeonista bielorruso!! 
Vadim veunos a falar sobre a cultura do seu país, BIELORRUSIA dentro do programa de actividades organizado desde a biblioteca para o Proxecto Integrado deste ano "Onde os libros te leven"
Vadim Yukhnevich recorreu varios lugares de Europa (Alemaña, Francia...) tocando na rúa con outros instrumentistas. Ademáis de impartir clases de acordeón, forma parte de numerosos proxectos relacionados coa escena: participa tocando en directo en diversas obras de teatro (Berrobambán, Mago Teto...); realiza gravacións e espectáculos didácticos (Boas Noites, O camaleón musical...), forma parte de varios grupos musicais (Stranniki, Xúa Kibitka, Banda Crebinsky...)
Leva 12 anos vivindo en Galicia, así que xa coñece moi ben a nosa cultura, e nós queriamos saber da súa: cómo é a vida cotiá en Bielorrusia, que similitudes e diferenzas ten coa nosa... E sobre todo, queriamos saber sobre a música e a danza bielorrusa.... e, por suposto, escoitar o seu acordeón!!!
Aquí tedes a fotos da súa visita: 



E tamén podedes disfrutar do vídeo por si non poidestes estar presentes ou por si o queredes volver a ver.

Charla Vadin Yukhnevich no CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Charla de Vadin Yukhnevich, acordeonista bielorruso no CEIP VÍCTOR SÁENZ dentro do programa de actividades do PROXECTO INTEGRADO 2012-13 "Onde os libros te leven" dedicado ás culturas do mundo. Venres 5 de abril de 2013

O DOCE MUNDO DO MEL

O venres 5 de abril de 10:00 a 10:30, Beatríz Rios, impartiu aos alumnos aos alumons de Educación Primaria unha actividade que levaba por título "O doce mundo do mel en Galicia", unha campaña divulgadora do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. Os rapaces visionaron imaxes e atenderon as explicacións de Beatriz que lles ensinou o proceso de obtención do mel así como os materiais que utilizan os apicultores para extraela e ata lles permitiu probar un traxe de apicultor. Como remate da sesión, os nenos probaron o mel, e levaron para a casa, un tarriño de mel como agasallo.
Aquí vos deixamos as fotos da actividade:





E aqui vos deixamos algunhas recomendacións lectoras que nos achegan ao mundo das abellas







El fascinante mundo de las abejas
Editorial Parramón









                                        





Las abejas
Susanna Aránega
Editorial La Galera













O mel 
Teresa Sabaté e Carme Solá
Baía Edicións















Dez  abellas na laranxeira
Marilar Aleixandre
Editorial Xerais











Descubre las abejas
Alejandro Algarra
Editorial Edebé









Quizá tamén é conviniente que lle botedes unha ollada á este reportaxe: