O xoves 19 recibimos, como estaba prevista a Visita da escritora, contacontos e actriz CHARO PITA.
Charo ofreceunos dúas sesións de contacontos. Unha para Infantil e 1º Ciclo e outra para 2º e 3º Ciclo.
As sesións foron financiadas polo centro e pola Asociación de Pais e Nais colaboradores do Comedor a partes iguais. Dende aquí queremos agradecerlles a súa colaboración.
Charo estivo espectacular!!! Encantáronos os seus contos. Os nosos rapaces xa coñecían os libros que ela ten publicados pois temoslos na biblio.
Foi un día cheo de maxia para nós. Un gran honor contar con ela nesta ocasión.
Charo!!! Queremos que volvas!!!! Esperámoste!!!
O luns 23 de abril para conmemorar o Día do Libro puxemos en práctica por primeira vez a experiencia dos APADRIÑAMENTOS LECTORES. Foi un momento moi especial para todos nós. Os Padriños e Madriñas lectores (alumnos de 2º e 3º ciclo) buscaron o lugar que máis lles gustou por todo o colexio para lerlles un conto aos seus afillados.
E aquí os tedes!!!
LÉNDOLLES AOS PADRIÑOS: A continuación, os profes Guille e Xavi agasallaron aos Padriños Lectores con lecturas escollidas para a ocasión. A todos nos gustan que nos lean. Non é verdade??
EXPOSICIÓN: "O MEU LIBRO ESPECIAL": Durante estes días no corredor do colexio disfrutamos dunha fermosa exposición sobre os libros máis especiais para nós: alumnos/as e profes. Podedes vela aquí. Pulsade nas flechiñas para ver o traballo de cada un de nós.