luns, 30 de xaneiro de 2012

PARA REFLEXIONAR

luns, 23 de xaneiro de 2012

Unha peli para traballar no DÍA DA PAZ

Dende o blogue TRAFEGANDO RONSEIS do que somos seguidores, suxírennos a película CUANDO EL VIENTO SOPLA para que traballemos co gallo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E A NON VIOLENCIA.
Está basada nun cómic do mesmo nome publicado no ano 1983 de Raymond Briggs publicado pola Editorial Debate na versión de Rosa Montero.
Película e libro narran a historia de dous avós que asisten impotentes ao comezo dunha guerra nuclear, dende a inxenuidade e a sinxeleza loitan pola súa propia supervivencia provocando que ao lector ou ao espectador se lle encolla o corazón.
Podedes ver a película en 7 fragmentos que están subidos a youtube e que vos deixamos a continuación:

Os profes tedes orientacións didácticas para traballar esta película aquí

domingo, 22 de xaneiro de 2012

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebraremos, como cada ano, no noso colexio o DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi. Durante esta semana, iremos realizando todo tipo de actividades na aulas para conmemorar este día.
Dende a biblioteca, coma a sempre, tratamos de facilitarvos as cousas proporcionándovos unha  extensa recompilación de recursos para traballar nas aulas.

O Seminario Galego de Educación para a Paz ofrece a todo o profesorado, moi diversos materiais e recursos didácticos que poden baixarse gratuítamente da rede.

Charla no noso cole: ACHEGAMENTO AO MUNDO DAS AVES

O pasado venres día 20 de xaneiro, veo a visitarnos FRAN BREA, un dos técnicos do CEM s.coop.galega: unha cooperativa pioneira no traballo profesional no ámbito da educación ambiental en Galicia.
Nós xa coñecíamos a Fran pois foi o noso guía o curso pasado cando visitamos a Lagoa de Baldaio dentro das actividades organizadas dende a biblioteca entorno a campaña "Mergúllate nun mar de libros". Podedes ver o vídeo da nosa excursión si pinchades na páxina da campaña. 
Fran ofreceu aos rapaces de 2º a 6º curso e aos seus profes, unha charla sobre AS AVES que poblan os nosos bosques.
En principio ía a ser unha charla de hora e cuarto pero estabamos todos tan interesados no tema que, ao final, Fran falounos de paxaros durante dúas sesións e medio recreo. Foi todo un éxito!!
Os rapaces e rapaces estaban entusiasmados, e como son rapaces do rural galego, amosaron os coñecementos que xa tiñan sobre as aves.
Para que poidades lembrar sempre esta charla, ou se non poidestes asistir, ou se eres un papá ou mamá interesado en coñecer as cousas que aprende o teu fillo /a no cole, aquí vos deixamos os vídeos.
Queremos enviar dende aquí, un forte apreta a Fran polo seu bo facer e agracerlle a paciencia e o tempo que nos dedicou.




Charlas no cole: "OS NOSOS BOSQUES" e "DESCUBRINDO A NOSA NATUREZA"

O mércores 19 de Outubro recibimos no cole a unha técnica do CEM s.coop.galega: unha cooperativa pioneira no traballo profesional no ámbito da educación ambiental en Galicia. Esta especialista, que se chamaba Charo, ofreceu aos rapaces de 2º e 3º ciclo e aos seus profes, unha charla sobre OS NOSOS BOSQUES. A continuación, ofreceu outra charla titulada "DESCUBRINDO A NOSA NATUREZA" dirxida ao alumando de Educación Infantil e de 1º Ciclo de Educación Primaria.
Dende a nosa Biblioteca decidimos organizar esta charla dentro das actividades deseñadas en torno ao PROXECTO INTEGRADO deste ano: SEMENTANDO BOSQUES DE PALABRAS,proxecto este, que xira, como ven sabedes, en torno ao tema dos bosques.
Como xa fai un par de mesiños desta charla, colgamos os vídeos aquí para que os vexades e lembredes todo o que aprendimos aquel día sobre os bosques.

1ª parte da Charla: "Os nosos bosques" CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.

2ª parte da Charla:"Os nosos bosques" CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.

3ª parte da Charla:"Os nosos bosques" CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.

Charla: " Descubrindo a nosa natureza" CEIP VÍCTOR SÁENZ from ceipvictorsaenz on Vimeo.
Envíamoslle dende aquí un saúdo á nosa amiga Charo. As súas explicacións foron para nós moi interesantes y agradecémolle moito a súa paciencia e agarimo.

mércores, 11 de xaneiro de 2012

O SEGREDO MELLOR GARDADO DAS BIBLIOTECAS E LIBRERÍAS

Vouvos contar un segredo...
Sabedes o que pasa nunha biblioteca ou nunha librería cando pechamos as súas portas, apagamos as luces e marchamos para as nosas casas??
Nunca se vos ocurriu pensar que fan os libros mentres nós durmimos??
Pois aquí tedes o segredo mellor gardado de librerías e bibliotecas...






LEMBRADE !!!
É UN  SEGREDO!!
NON SE VOS OCURRA CONTARLLO A NINGUÉN!!

luns, 9 de xaneiro de 2012

O RATO PÉREZ

Hoxe, cúmprensen 161 anos do nacemento de LUIS COLOMA, escritor, xornalista e xesuída español, especialmente coñecido polo seu labor como autor de literatura infantil e moi en especial por crear ao popular RATONCITO PÉREZ.
Luis Coloma naceu o 9 de xaneiro de 1851 en Jerez de la Frontera. Aínda que se licenciu en Dereito mantivo unha clara vocación cara á escritura durante toda a súa vida, colaborando desde moi novo con publicacións como El Tiempo, Xornal político da tarde de Madrid e El Porvenir de Jerez, onde deixou claro o seu apoio á restauración dos Borbóns.
Foi precisamente o Rei Alfonso XIII o destinatario da súa creación máis famosa: o Ratoncito Pérez. O personaxe é un pequeno rato que deixa agasallos a cambio dos dentes que os nenos depositan debaixo das súas almofadas, algo que se converteu en tradición en España e Latinoamérica. O conto orixinal foi escrito por petición da corte, despois de que ao rei, que entón tiña 8 anos, se lle caese  un dente.
A fama do Ratoncito Pérez de Luís Coloma mantívose ata os nosos días, chegando ata a protagonizar a película "PEREZ, EL RATONCITO DE TUS SUEÑOS" en 2006 e "PEREZ, EL RATONCITO DE TUS SUEÑOS 2" en 2008. Luís Coloma é ademais autor de numerosos contos curtos e biografías.













Podedes atopar a historia do Ratoncito Pérez nestes libros:

- "El ratoncito Pérez".Olga Lecaye. Editorial Corimbo.
- "La noche del ratoncito Pérez". Caroline Pistinier. Editorial Corimbo.
- "El ratoncito Pérez y sus amigos". Olga Lecaye. Editorial Corimbo.