Amosando publicacións coa etiqueta pintores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pintores. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de febreiro de 2021

NOITE ESTRELADA EN "RADIO ROSIÑA"


Ola!!! Este título ao mellor vos confunde... Non pensedes que as nenas e nenos de 3º e 4º pasaron a noite en "Radio Rosiña"!!! O que fixeron foi investigar sobre un dos pintores máis destacados do chamado postimpresionismo, estilo caracterizado por darlle moito protagonismo á cor: VINCENT VAN GOGH. O cadro elixido para facer o traballo de investigación foi "A noite estrelada", por iso anunciei a entrada da noticia dese xeito.

Mural realizado en 3º e 4º sobre Van Gogh e "A noite estrelada".

Despois de buscar información na aula de informática, redactar o texto e facer un mural para expoñer, no que incluíron unha representación do cadro en equipos, quixeron contárnolo en "Radio Rosiña", así que aquí vai o novo programa deste fantástico grupo:

EN HORA BOA!!!




luns, 1 de abril de 2019

DÍA DAS ARTES GALEGAS

Hoxe comeza abril, e inaugurámolo coa celebración do "Día das Artes Galegas". Nesta ocasión, a Real Academia Galega de Belas Artes (Ragba), decidiu adicarlle a xornada do 1 de abril a Luís Seoane López, recoñecendo así unha das figuras artísticas máis importantes de Galicia. Luís Seone, que naceu en Bos Aires (Arxentina) no ano 1910 e morreu en A Coruña en 1979 , desarrollou facetas moi diversas: teórico da arte, creador, deseñador, caricaturista, debuxante ou pintor.
A Rede do Patrimonio Cultural de Galicia súmase a esta celebración a través de carteis que resaltan a figura do artista, con texto elaborado pola experta Rosa Espiñeira Pan.




 Premendo AQUÍ tamén tedes a Unidade Didáctica elaborada no CEIP "Juan Fernández Latorre" de A Coruña.
Anímovos a coñecer a obra desta grande figura da nosa cultura.
 

mércores, 11 de abril de 2018

EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA

Este martes foi un día atípico no noso cole, xa que os grupos de 3º a 6º foron de excursión a Santiago, e o centro quedou coas rapaciñas de Infantil, 1º e 2º, e os mestres Patricia, Óscar e David. A saber o que farían mentras estabamos de viaxe... Pero eu vouvos contar o ben que o pasamos na capital galega. A primeira parada fixémola na Praza do Toural, onde visitamos a Fundación Eugenio Granell. A través dunha visita guiada puidemos coñecer un pouquiño máis a obra deste destacado pintor surrealista. Ademais, este artista galego viaxou e viviu en moitos outros lugares (Madrid, República Dominicana, Guatemala, Puerto Rico e Nova York entre eles), o que influíu moito na súa obra. E non só na pictórica, xa que entre os óleos tamén descubrimos algunhas esculturas, debuxos, colaxes e mesmo obxectos persoais do artista.
Ademais, tivemos a oportunidade de pisar unha das terrazas máis espectaculares do casco histórico de Compostela, xa que o museo atópase no Pazo de Bendaña, que ademais de ser un edificio fermosísimo, amosa unha vista pouco coñecida da cidade. 
Despois camiñamos ata o Teatro Principal para asistir ao espectáculo de danza "Emoticores", interpretado por "Las Tricotouses", onde as emocións toman forma a través das cores e o movemento, unido ao son e ás proxeccións audiovisuais.
Ao rematar, subimos camiñando ata a Praza de Abastos, onde aínda tivemos tempo para visitar algúns dos seus postos (carnizarías, peixarías, panadarías e froitarías), nalgúns dos cales nos detivemos para facer preguntas sobre aquelo que máis nos chamou a atención ou para escoitar aos vendedores que, amablemente, nos contaron cousas moi interesantes. 
Desde logo, pasámolo pipa!!!!! Podedes comprobalo vendo as fotos que fixemos se premedes AQUÍ.

E se queres aprender máis sobre a Fundación Eugenio Granell, premendo sobre a imaxe podes visitar a súa páxina web.

http://www.fundacion-granell.org/actualidad/index.php


martes, 16 de decembro de 2014

ANIVERSARIO DE WASSILY KANDINSKY

Xa sei que estades a mil por hora preparando o festival de Nadal, rematando os últimos traballos do trimestre, pensando nas vacacións... Pero quería contarvos: coñecedes a Wassily KANDINSKY? Foi un pintor ruso considerado o precursor da abstracción. Seguro que viches algún dos seus cadros! Pois Kandinsky cumpriría hoxe 148 anos, así que lendo un ratiño por Internet atopei parte dunha película adicada a el, no que se ve ao pintor traballando directamente sobre un lenzo. A película foi gravada no ano 1926, nunha galería de arte de Berlín (Alemania), e o director da mesma foi un pioneiro na realización de documentais de arte: Hans Cürlis. Así que aquí volo deixo, para que imitedes os trazos xeométricos dun dos maiores artistas do século XX. Quen sabe se algún/algunha de vós seguirá os seus pasos e se converte nun artista do século XXI...

venres, 21 de febreiro de 2014

IMOS DE CONCERTO: PEDRO E O LOBO

Hoxe, venres 21 de febreiro, os alumnos e alumnas de Educación Infantil e 1º Ciclo viaxamos a Santiago para asistir ao concerto PEDRO E O LOBO de Sergei Prolofiev no Auditorio de Galicia. Na obra participaron a REAL FILARMONÍA DE GALICIA e o grupo de títeres PERC POC.

Tamén visitamos a exposición "Maside en Compostela" no Centro Cultural Novacaixagalicia, onde participamos nunha actividade para nenos titulada "Sons dunha campá chamada Berenguela"

Aquí podedes ver as fotos da saída :


Agora que xa coñecedes a historia de Pedro e o lobo que tal se agora a lemos??



Pedro y el lobo
Pepe Maestro
Editorial Edelvives

















Pedro y el lobo
Miguelanxo Prado
Norma Editorial














Pedro y el lobo (libro +CD)
Colección La mota de polvo
Editorial Agruparte.


  E para rematar... que vos parece ver a historia agora en debuxos animados