luns, 28 de marzo de 2011

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR






Mariña e Luís, unha cociñeira e un mariñeiro moi divertidos, estiveron hoxe no noso cole para presentarnos unha nova campaña da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR , para fomentar o consumo de peixe fresco.


Na representación rimos moito e coñecimos a Os arroases, un grupo de nenos e nenas con poderes especiais, grazas a todo o peixe que comen. Queres ler o súa historia:

Mariña e Luis centráronse especialmente en algunhas especies: o lirio, a troita, o xurelo, a sardiña, a pescada, o mexillón e o rodaballo e comentaronnos os principais nutrientes que nos aportan.


Podedes colorear aos seus personaxes ou xogar ao Xogo das preguntas.

Ao final déronnos uns regaliños a todos: unhas gorras moi chulas, moitas pegatinas e unhas unidades didácticas para os profes.

venres, 18 de marzo de 2011

19 DE MARZO: DÍA DO PAI

                Hoxe celebramos o Día do Pai e queremos facelo como sempre: recomendándovos algunhas lecturas:

Podemos empezar cun fermoso libro da fotógrafa francesa Anna Lauprête. Titúlase Papás del mundo (Editorial La Galera) e trátase de un viaxe polos cinco continentes a través de imáxenes de gran beleza para demostrarnos que a paternidade e os sentimentos polos fillos non entenden de fronteiras e están por enriba de calquera outra diferenza xeográfica, económica ou cultural. Disfrutade das numerosas imáxenes que nos falan de como os pais sempre se preocupan por os seus fillos en todos os recunchos do planeta. Pais e fillos amósannos a súa cultura, as súas costumes, a súa forma de vestir... a través dunhas fotografías espectaculares.

A ver quen non pensa que ten o mellor pai do mundo!!!
Para os máis pequenos recomendámosvos o libro Meu pai é estupendo de Nick Butterworth publicado pola Editorial Xerais de Galicia.  De seguro vos vai encantar.


A Editorial Corimbo ten publicado outro libro que de seguro vos vai interesar. Chámase Catálogo de padres para niños que quieran cambiarlos escrito por Claude Ponte .
Todos dexesamos, nalgún momento da nosa infancia, cambiar de pais por calquer motivo, así que agora tedes a oportunidade de facer realidade os vosos desexos de cambio si é que atopades neste extenso catálogo algún que sexa do voso agrado. Ánimo!! Que teñas sorte e atopes o que che guste!

Na Editorial Edelvives atopamos tamén outro fermoso libro titulado Un papá a la medida escrito por David Calí e ilustrado por Anna Laura Cantone. Nai e filla queren atopar un papá á medida e para elo deciden poñer un anuncio no xornal. Pero este conto tamén o podes ver en vídeo co teu pai.


Un papá a la medida from Los Animantes on Vimeo.
E xa para rematar algúns debuxiños para colorear ou para inspirarvos na elaboracións de regaliños para os vosos papás.

xoves, 17 de marzo de 2011

LIPDUP DO IES FONTEM ALBEI DA FONSAGRADA

Aquí temos o primeiro Lipdup das Bibliotecas Escolares Galegas.
O Equipo de Dinamización da Biblioteca do IES FONTEM ALBEI, contando coa colaboración do alumnado e profesorado do centro, intervén na construcción da seguinte historia: Un libro esquecido enriba dun contenedor de lixo, despois de ser atopado por unha persoa, inicia un periplo viaxeiro polas distintas dependencias do centro ata chegar á Biblioteca, o seu sitio natural. De paso repasamos a C.D.U (Clasificación Decimal Universal) asociando imaxes, números e cores, o que se chama formación de usuarios.
Vaía dende aquí a nosa noraboa!!

mércores, 16 de marzo de 2011

EXPOSICIÓN O PATRIMONIO MARÍTIMO DE GALICIA

Chegou ao noso cole a exposición "O patrimonio marítimo de Galicia" propiedade do C.E.I.D.A. (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Estará no noso cole dende o 10 ao 23 de marzo. Esta exposición, que foi producida pola Federación galega pola Cultura Marítima e Fluvial, quere facernos reflexionar sobre a urxente necesidade de conservación do rico e inmeso patrimonio cultural, histórico, arquitectónico, etnográfico,... que atesoura a nosa beiramar. DISFRUTÁDEA!!!



martes, 15 de marzo de 2011

VISITA AO ACUARIO DA CORUÑA E A TORRE DE HÉRCULES

O día 10 de febreiro todo o noso cole se desprazou a Coruña a visitar o Acuario e a Torre de Hércules nunha actividade programada dentro da Campaña da Campaña de Animación á lectura "Mergúllate nun mar de libros" na que estamos traballando este curso é que nos leva a traballar todo o que ten que ver co mar.




martes, 8 de marzo de 2011

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA.

Hoxe fai 100 anos que se celebrou por primeira vez o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLODORA.
Esta celebración tivo lugar en varios países europeos e reuniu a máis dun millón de mulleres que reclamaban, entre outras cousas, o seu dereito ao voto e a non ser discrinadas profesionalmente por razóns de xénero.
A editorial Anaya quixo render homenaxe ás mulleres coa publicación de estes dous libros:

 
-"Ellas hicieron historia" (a partir de 8 anos)
-" Mi primer libro sobre ellas" (a partir de 5 anos)
Ambos escritos por Marta Rivera de la Cruz e ilustrados por Cecilia Varela.

Nestos dous libros, Marta Rivera de la Cruz acercanos a unha serie de mulleres, algunhas moi coñecidas e outras inxustamente esquecidas, que xogaron un papel importante na loita por conseguir a igualdade de dereitos. Cunha linguaxe asequibel e unha prosa fluida, a autora mostranos o longo camiñoo que as mulleres iniciaron para que ninguén fose discriminado por razóns de xénero. Un camiño que aínda no está rematado e que, grazas a mulleres admirabels como as que protagonizan este libro, conduciranos a un mundo máis xusto.
Coñeceredes a mulleres da talla de: a Condesa de Benavente (ilustrada e amante das artes), Clara Campoamor (loitadora sufragista), María Moliner (pioneira universitaria), Maria Zambrano (filósofa), Matilde Montoya (primeira universitaria mejicana) Anäis Napoleón (pioneira da fotografía en España), María Guerrero (actriz recoñecida internacionalmente) ou a nosa Rosalía de Castro, escritora.

A Editorial Thule proponnos un fermoso album ilustrado: ¿Hay algo máis aburrido que ser un princesa rosa? da ilustradora sevillana Raquel Díaz.
Contanos a historia de Rosa, unha pequena princesa inconformista que soña con outra realidade distinta á que lle ven dada pola tradición dos contos.

Edicións Embora publica O país dos mandóns de Paloma Rodríguez e Cristina Justo. No País dos Mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas, xoguen, saian ou traballen fóra das súas casas. O cambio destas normas tan inxustas para crear o novo país da igualdade conmemórase o día internacional das mulleres.

A Editorial Kalandraka publicou O libro dos porcos, un fantástico álbum ilustrado que nos presenta unha nai como tantas, cun home e uns fillos que, compracidos e esixentes, estomballados no sofá, teiman en convertela cada día nun ser invisíbel e sen rostro que traballa sen descanso. Ata que decide marchar. Disfrutádeo!!!

O libro dos porcos from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.