luns, 25 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ

O vindeiro día 30 celebraremos o Día da Paz. Neste 2021 tamén queremos unirnos á proposta de Save The Children, a ONG que colabora con países que se atopan en situacións peores que as que estamos vivindo nos países chamados desarrollados. Nesta ocasión, adican a "Carreira de Solidaridade" á República Democrática do Congo, así que durante estes días trataremos de coñecer máis algúns datos sobre este país africano.


Mentras tanto, cóntovos que no Google sites adicado ao proxecto tedes un texto sobre a ave que eliximos este curso como símbolo da paz: a grúa. Premendo aquí podedes lelo e acceder a algúns vídeos. 

E mentras non chega o venres, seguiremos facendo grúas de papel... Chegaremos ás 1000? Cumpriranse os nosos soños?

Unha aperta enorme!!!!


 

 



O "DÍA DA EDUCACIÓN" NA AULA DE 3 E 4 ANOS DE INFANTIL

Bos días!!!! As nenas e nenos de 3 e 4 anos, coa súa mestra Elena, resumiron no seguinte vídeo algunhas das actividades que realizaron durante a semana pasada, moitas das cales adicaron á celebración do "Día Internacional da Educación". Enviáronmo para que puideramos compartilo con todas as persoas do cole, así que aquí volo deixo, ao tempo que quero felicitalas e felicitalos por este fermoso agasallo:

Unha aperta enorme,



luns, 18 de xaneiro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

O 24 de xaneiro celébrase o "Día Internacional da Educación", unha data proclamada pola Organización das Nacións Unidas (ONU) co obxectivo de concienciar a todo o mundo sobre a importancia deste dereito humano. Ademais, é tamén un dos Obxectivos de Desarrollo Sostible (ODS), creados tamén pola ONU no ano 2015 co fin de erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todas as persoas. O prazo para acadalos estaba marcado en 15 anos, polo que tamén se lles coñece como Axenda 2030.

A educación é esencial para acadar con éxito eses 17 obxectivos, e o número 4, ademais, establece unha Educación de Calidade. Polo tanto, debe garantir unha educación de calidade inclusiva e equitativa e promover oportunidades de aprendizaxe para todas as persoas.

Por este motivo quería convidarvos a falar sobre isto nas aulas, e reflexionar sobre a importancia da educación como a base para unha sociedade xusta, igualitaria e autosuficiente, influíndo directamente na felicidade das persoas.

Convídovos a ver este vídeo que amosa que con esforzo e amor todo se pode conseguir:

Ademais, nestes tempos de pandemia que obrigou a pechar escolas, universidades e outros centros educativos é importante colaborar para colocar a educación no centro da recuperación e da transformación hacia sociedades mellores, non vos parece? Aínda que se fixeron grandes esforzos, en moitos lugares foi imposible unha educación de calidade a distancia. Nalgúns xa o era antes da covid, así que é a situación complicouse aínda máis. Se queredes ver como van á escola noutros lugares do mundo, convídovos a ver a película-documental "Camino a la escuela". Seguro que despois de vela valoraredes moito máis o afortunadas que somos!!!

Unha aperta enorme,