Hoxe 12 do 12 do 2012 ás 12:00 da mañá tiñamos unha cita na biblioteca. Estabamos de celebración!
Hoxe cumpríase o centenerio do nacemento do poeta celanovés CELSO EMILIO FERREIRO, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX.
Desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) propuxéronos, a todos os centros educativos de Galicia, renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolizase toda a forza e enerxía que transmmite a súa palbra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.
O obxectivo central era manter viva a memoria dun dos grandes poetas galegos do século XX a través da posta en valor dun dos seus poemas máis emblemáticos "DEITADO FRENTE AO MAR"; así mesmo, desexabamos manifestar, dun modo lúdico e masivo, o noso compromiso cívico cara a língua galega, porque sí, porque nos peta.
E aquí está a nosa aportación grabada dende a nosa biblioteca. Disfrutádea!!
Queremos dar as grazas dende aquí á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) por facernos esta fermosa proposta e por coordinar todas as actividades da homenaxe.
Tamén queremos dar as grazas á profe Susi por coordinar esta actividade no noso centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario