martes, 27 de abril de 2010

CONTACONTOS CON IAGO



O luns 26, para rematar as celebracións do Día do Libro, tivemos o pracer de escoitar ao Contacontos Iago (por xentileza da Editorial Xerais) que veo a contarnos a historia de Leocadio, o león. Con este conto tratáronse temas como a amizade, o respeto á diferencia e o valor dos soños e a fantasía como base da convivencia no mundo. Pasámolo xenial.

Todos estamos desexando ler o libro.
Aquí tes máis información sobre as aventuras de Leocadio, o león que non quería cazar. Unha vergoña para a súa familia!!!

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO NO NOSO COLE

O venres 23 celebramos no cole o DÍA DO LIBRO coas seguintes actividades:
  1. Exposición PARA QUE LES?. Iniciativa do Clube de lectura da ONG Implicadas no Desenvolvemento e recollida por un gran número de bibliotecas escolares galegas que contribuiron na elaboracion e montaxe desta exposición na que moitas persoas pertencentes a diferentes eidos da cultura explican as súas razóns para ler e o que a lectura proporciona ás súas vidas. Todo este traballo foi coordinado polo CEIP de Malpica, o IES de Fene e o IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Vaian, dende aquí, nosas felicitacións e recoñemento á todas as persoas que fixeron este posible este fermoso traballo. Ver galería de imaxes da exposición no noso centro.
  2. Exposición PARA QUE LEN OS NOSOS MESTRES? Os profes do noso cole tamén quixeron participar na iniciativa anterior e animáronse a explicar as razóns polas que lles gusta ler e as súas recomendacións. Queres velos?
  3. Exposición PARA QUE LEN OS NOSOS ALUMNOS? Os nenos e nenas do cole nos quixeron explicar por que lles gusta ler e incluso nos recomendaron os seus libros favoritos. Fotos da exposición.

  4. Presentación oficial do BLOGUE DA NOSA BIBLIO. Os profes da biblio explicaron aos rapaces o manexo do noso blogue e todos os seus contidos.


  5. Lecturas en honor a CERVANTES. Álgúns profes leron e dramatizaron para os rapaces un conto no caso dos máis pequenos ou un fragmento do Quixote no caso dos máis veteranos. Mira ás fotos.
  6. Entrega dos MARCAPÁXINAS que nos enviou a nosa Rosiña para conmemorar este fermoso día. Queres un?

martes, 20 de abril de 2010

RECURSOS DÍA DO LIBRO

Aquí vos deixamos a vosa disposición un listado de recursos para traballar sobre a conmemoración do Día do Libro. Pincha no debuxo:


GÚSTAME LER

Ola rapaces!!!! Son Rosiña!!! Que tal? Como xa está moi pretiño a celebración do Día do Libro quero deixarvos este pequeno regaliño. Trátase dun vídeo fermoso que reflicte todo o que para min significa ler. Seguro que vos gusta. E a vos? Gústavos ler?

luns, 19 de abril de 2010

MITOLOXIA GALEGA

Agora que xa coñecedes a todos esos personaxes que bulen polas lendas galegas, deixámosvos aquí o video que elaboramos como presentación dos Seres Míticos Galegos para que os teñades a todos xuntiños. Lembrade consultar o "Diccionario de Seres Míticos Galegos" e a "Pequena Mitoloxía de Galicia" de Reigosa, Miranda e Cuba se queres saber máis sobre eles.

xoves, 15 de abril de 2010

23 DE ABRIL DÍA DEL LIBRO

O Día do Libro está á volta da esquina e nos queremos celebralo convosco ao longo de todos estes días.
Desde o Blogue da biblioteca do CEIP Mestres Goldar de Vigo chamado O Recanto de Mik recollemos esta fermosa colección de fermosas ilustracións da literatura infantil e xuvenil que nos evocan os praceres da lectura, enriquecennos e contribuen á formación do criterio artístico.



(Imaxes de diferentes autores/as recollidas en Pinzellades al mon)

mércores, 14 de abril de 2010

EXPOSICIÓN LENDO LENDAS

O luns 12 de abril púxose a disposición de profesores e alumnos unha exposición cos fondos da biblioteca relacionados ca Campaña de Animación á Lectura Lendo Lendas. Os libros de momento non se poden levar para a casa pois queremos que estén a total disposición de alumnos e profesores que, ata o 7 de maio, estarán elaborando traballos relacionados cas lendas.
Os nosos rapaces e rapazas, primeiro coñeceron aos seres máxicos dos que se fala nas lendas galegas; despois, convertíronse neles polo Entroido e finalmente convertiranse en escritores, ilustradores e editores das súas propias lendas, que logo pasarán a formar parte dos fondos da nosa biblioteca.

luns, 12 de abril de 2010

ENTROIDO DE LENDA

Este ano tivemos un Entroido de lenda. Dado que a Campaña de Animación á Lectura que puxemos en marcha este curso xira arredor das lendas tradicionais galegas e dos seres miticos galegos, decidimos disfrazarnos de meigas, trasnos, diaños bulreiros, santa compaña, nubeiros, mouras, lavandeiras, sereas, homes mariños,... Aquí vos deixamos unha presentación cas nosas fotos para lembrar ese día tan especial para nós. A música é de Gwendal e o tema chámase "An dro nevez"

AS NOSAS EXPOSICIÓNS

Para dar a coñecer os fondos da noso biblia organizamos ao longo do curso varias Exposicións de libros con diferentes temáticas. Se non tiveches a ocasión de visitalas podes ver as súas fotografias aquí. (Tamén podes acceder dende o menú da dereita)

domingo, 11 de abril de 2010

GUIAS DE LECTURA

Xa tedes á vosa disposición no blog as nosas Guias de Lectura. Accede a elas dende aquí ou busca no menú da túa dereita. Se queredes podedes descargalas e imprimilas:
Guía Samaín
Guia Nadal
Guía Namorados

luns, 5 de abril de 2010

LENDO LENDAS

Á volta das vacacións de Nadal, comezamos os traballos para por en marcha a nosa primeira Campaña de Animación á Lectura titulada "LENDO LENDAS". Agora que os contos e os cantos se van apagando con cada vello que morre, resulta de vital importancia rescatar os derradeiros testemuños da nosa riquísima tradición oral.
O noso obxectivo é transmitir aos nosos rapaces/zas a literatura popular galega e darlles a coñecer aos "habitantes do lusco-fusco, afeitos a medraren entre sombras e facer delas a súas aliadas; personaxes que nos fan tremer, que nos fan raiar, que nos encantan, que nos desencantan, que namoran, que enredan e mesmo chegan a causar desgrazas..." (Gloria Sánchez en Fadamorgana nº1, 1999)
Queremos que os nosos rapaces/zas aprendan a "tratar cos mouros, cos ananos, coa xente cativa que habita nos castros, nos pazos soterrados, que voen coas meigas por riba das silveiras e por baixo das carballeiras, que rouben o peite da moura, que sufran con paciencia a trasnos, diaños e tardos, que se durman con Pedro Chosco e que recollan carbóns que se convintan en tesouros". (Pequena Mitoloxía de Galicia, 2001)
Aquí vos presentamos o cartel e o lema da nosa campaña. Gústavos?

Se queredes coñecer todos materiais desta campaña, están a vosa disposición no seguinte enlace LENDO LENDAS (2009/2010). Tamén podes chegar se buscas nos accesos da dereita do blog, onde pon Campañas de Animación á Lectura.