Amosando publicacións coa etiqueta recursos violencia de xénero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recursos violencia de xénero. Amosar todas as publicacións

venres, 25 de novembro de 2016

CLAVES CONTRA A VIOLENCIA Á MULLER

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller foi aprobado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas no ano 1999. A proposta para celebrar esta data realizouna a República Dominicana.
Durante esta semana, no cole estivemos falando das distintos ámbitos nos que se pode presentar a violencia contra as mulleres: física, sexual, psicolóxica, económica... A violencia contra as mulleres afecta á súa saúde, pero vai moito máis alá, xa que as súas familias e as comunidades nas que viven tamén sofren este ataque contra os dereitos da muller.
No cole reflexionamos moito sobre isto, e pensamos que era unha boa idea aportar algo feito por nós. Xa que a nosa Musiteca está en pleno funcionamento, pensamos que estaría ben pensar nalgunhas claves para amosar o noso rexeitamento á violencia cara as mulleres. Esta mañá expoñerémolas no corredor do cole durante a "Hora de Ler", cando falaremos tamén desta data todos xuntos.
Mentras tanto, tamén vos recordamos que na Biblioteca temos varios libros que tratan este tema, e podedes lelos nas aulas ou levalos para as vosas casas.
https://drive.google.com/file/d/0B4hTHqLU5nrXbWFTZmQ4LVY5cXM/view?usp=sharingAdemais das actividades recollidas no blog para traballar a violencia cara a muller (preme AQUÍ), tamén podedes consultar unha guía de lectura infantil e xuvenil editada pola Deputación de Granada. Titulada "La mochila violeta", nela poderás atopar moitas recomendacións por idades, algunhas das cales tamén están publicadas en galego. 

luns, 25 de novembro de 2013

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

Outo ano máis o noso blogue volve a sumarse á celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. Loitamos porque desapareza unha lacra social que non é senón a consecuencia do machismo e dunha regresión social que cada día nos preocupa máis.
Aquí volvemos a compartir con todos vos esta recompilación de recursos relacionados con este día para que lles saquedes todo o proveito que podades.






Tamén vos queríamos recomendar un libro que acaba de publicar Kalandraka. Trátase da HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES de Adela Turín.



   Esta é a historia da tribo dos Bonobos. Unha tribo moi singular de chimpancés pigmeos que vivían nun bosque moi frondoso e no cal se pasaban días e días ocupados mascando os froitos e as bagas, pebidas,  sementes e raícesque as bonobas recollían durante todo o día para eles.
Mentres elas traballaban os bonobos pasábanse todo o día sen facer nada e molestaban coas súas charlas e ruídos a todo o mundo. Afortunadamente os bonobos decidiron deixar a súa preguiza e facer algo máis proveitoso e entre todos decidiron instruírse e aprender inglés. Deste modo os catro bonobos máis guapos e fermosos emprenderon a súa viaxe a Belfast. 

Á súa volta trouxeron consigo uns estupendos lentes e unha maleta negra repleta delas. Comezaron a instruír a toda a tribo coas súas ensinanzas e a cada un dos bonobos que aprendía a lección lles regalaban uns preciosos lentes

Pero e as bonobas?....¿Ellas non eran merecedoras deses lentes?. Pero tamén elas escoitaban e aprendían a lección, e aprendían igual ou mellor ca eles esas palabras tan estrañas que trouxeran de Belfast. E así foi como os bonobos decidiron que as bonobas non eran dignas deses lentes de nin aprender as leccións xa que debían estar ocupadas na recolección de froitos para os demais.

Pero un bo día, as bonobas cansáronse desta idea tan absurda e decidiron cambiar algo máis que ese precioso bosque frondoso onde vivían...

Esta preciosa historia de Adela Turín é todo un clásico ilustrado que reivindica o papel de loita e superación da muller nunha sociedade machista, a cal impón límites e establece cales son ou deben ser os roles que debe desempeñar o home e a muller na sociedade na sociedade na que vivimos

Adela Turín e Nelia Bosnia, escritora e ilustradora do conto, foron fundadoras en 1970 da editorial "A favor de las niñas", que se creou en Italia co obxectivo de reivindicar os dereitos das mulleres a través da Literatura Infantil. Adela Turín investiga e denucia dende os seus inicios os casos de sexismo nos materiais educativos, ademáis de xerar mecanismos de sensibilización dirixidos ao sector editorial. Os seus libros "Rosa Caramelo", "Arturo e Clementina" e "A historia dos bonobos con gafas" foron pioneiros en traballar os temas da igualdade e a coeducación para o público infantil. 

domingo, 25 de novembro de 2012

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

   Hoxe, 25 de novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 
    A violencia contra as mulleres e nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis xeneralizada no mundo. Para crear conciencia cada ano conmemoramos esta data en todo o mundo
     Elixiuse esta data para lembrar a morte das irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa), activistas políticas dominicanas asesinadas o 25 de novembro de 1960 a mans da policía secreta do dictador Rafael Trujillo por denunciar a súa violencia hacia as mulleres.

A escola non é un espazo neutral. Nela transmítense valores, modelos, esteriotipos e convírtese nun lugar ideal  onde sementar a erradicación das desigualdades. De ahí xorde a necesidade de contar con materiais didácticos que nos axuden a acabar coa lacra social do maltrato ás mulleres.
       A nosa biblio quixo contribuir a esta causa e o curso pasado elaborou e puxo a vosa disposición unha recompilación de materiais e recursos dirixidos a mestres e alumnos que faciliten o traballo sobre estes valores agora que celebramos este día tan importante. Pinchade sobre o logo de abaixo para acceder a eles.


           Este ano ademáis, queremos propoñervos algo máis. Os mestres que acudimos este ano ás Xornadas de Bibliotecas Escolares tituladas "Ler para Ver", estivemos aprendendo moitas cousas sobre a importancia da Lectura de Imaxes. Por iso, hoxe queremos propoñermos uns videos para traballar na aula nestes días:

            Comezamos polo 3º Ciclo, para o que propoñemos o video Beauty Pressure (A presión da beleza) da marca DOVE. 
Desde a Biblioteca do CEIP de FRIANS (Teis), propoñen as seguintes preguntas para debatir despois de visualizar o vídeo:
    • Que papel ten a muller nos anuncios publicitarios?
    • En que tipos de anuncios aparece a imaxe dunha muller?
    • Cres que é imprescindible a imaxe da muller na meirande parte dos anuncios?
    • Coñeces algún anuncio no que apareza a imaxe do home en situacións similares ás vistas neste vídeo?
    • Non cres que a presión dos medios e da publicidade co tema da beleza, do peso, da cirurxía estética... é un sofisticado xeito de maltrato contra a muller?

             Para o 2º Ciclo, para o que propoñemos o video Dove Evolution (A presión da beleza) da marca DOVE. Para este vídeo  a Biblioteca do CEIP de FRIANS (Teis), propoñen estas outras preguntas para debatir despois de visualizar o vídeo:


    • Que función ten a muller na publicidade...? 
    • Que ferramentas ten a publicidade para deformar a realidade?
    • E nós, temos criterio propio para ser nós mesmos, ou queremos ser o que se nos mostra como exemplo?
    • A importancia da imaxe... non é tamén unha forma de maltrato para a muller?
               
              Para o 1º Ciclo, para o que propoñemosvos dous contos que podedes traballar desde estas presentacións:
                                - O LIBRO DOS PORCOS de Anthony Browne.




                                - UNA FELIZ CATÁSTROFE de Adela Turín.



              Con estas presentacións tratase de traballar o tema do tema do reparto das labores do fogar para que non sexa un traballo "de mulleres"
               Esperamos que os debates e as reflexións a partir de todas estas imaxes axuden a mellorar o noso xuizo crítico arredor desta triste temática.

martes, 22 de novembro de 2011

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A escola non é un espazo neutral. Nela transmítense valores, modelos, esteriotipos e convírtese nun lugar ideal  onde sementar a erradicación das desigualdades. De ahí xorde a necesidade de contar con materiais didácticos que nos axuden a acabar coa lacra social do maltrato ás mulleres.
A nosa biblio quere contribuir a esta causa poñendo a vosa disposición unha recompilación de materiais e recursos dirixidos a mestres e alumnos que faciliten o traballo sobre estes valores agora que se acerca este día tan importante. Pinchade sobre o logo de abaixo para acceder a eles.