xoves, 24 de novembro de 2011

ESCOLA DA PAIS: primeira sesión. CINE-FORUM


Continuando coas charlas para familias organizadas dende o Departamento de Orientación en colaboración co Servicio de Prevención de Drogodependencias da Asociación Neria, convocamos aos pais e nais do noso alumnado, a unha primeira sesión de CINE-FORUM o venres 25 ás 12:30. Co gallo da celebración do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, visionaremos o documental "AMORES QUE MATAN" da directora Iciar Bollaín.

Trátase dunha curtametraxe de 20 minutos de duración que nos acerca á idioloxía machista e permítenos explicar algúns dos valores sobre os que se constrúe esta idioloxía. Aproxímanos tamén a "outra" forma de ser home, a de aqueles que se relacionan coas mulleres nun plano de igualdade e fan pública a súa oposición aos malos tratos ás mulleres e ao seu rexeitamento ao uso da violencia contra a súa parella. Esta curta é unha invitación a reflexionar sobre si é posibel a rehabilitación dos homes maltratadores.

Papis, mamis... esperámosvos!

martes, 22 de novembro de 2011

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A escola non é un espazo neutral. Nela transmítense valores, modelos, esteriotipos e convírtese nun lugar ideal  onde sementar a erradicación das desigualdades. De ahí xorde a necesidade de contar con materiais didácticos que nos axuden a acabar coa lacra social do maltrato ás mulleres.
A nosa biblio quere contribuir a esta causa poñendo a vosa disposición unha recompilación de materiais e recursos dirixidos a mestres e alumnos que faciliten o traballo sobre estes valores agora que se acerca este día tan importante. Pinchade sobre o logo de abaixo para acceder a eles.

luns, 14 de novembro de 2011

CARTEL PUBLICITARIO "SEMENTANDO BOSQUES DE PALABRAS" E AGASALLO DE NACHO CARRIQUÍ

Ola rapaces e rapazas!!

POR FIN!!!

Por fin temos rematado o cartel para a nosa campaña-proxecto de este ano: SEMENTANDO BOSQUES DE PALABRAS
Busquei un bosque fermoso e vestinme adecuada para a ocasión!! Espero que vos guste!!


Que vos parece??? Gústavos??? Saín guapa, verdade???

Imos pasalo en grande este ano traballando e aprendendo infinidade de cousas sobre os BOSQUES. 

Lembrade que todos os recursos que recollamos sobre os bosques e tamén todas as actividades e traballos nos que parcipemos estarán colgados na páxina do proxecto. Pincha nela para botarlle unha ollada!!

Tamén podes acceder a esta páxina buscando o Cartel no lateral dereito do blogue: no apartado de Campañas de Animación.

Atopáchelo???

Agora teño unha sorpresiña máis para vós!!!

É un agasallo dun poeta.
Chámase Nacho Carriquí e foi compañeiro de colexio da profe Asun cando tiña a vosa idade.
De pequeno era un pouco traste, como moitos de vós! Pero tiña unha aficción secreta, moi secreta.
Unha afición preciosa: gustáballe moito a poesía.
Tanto que gañou algún concurso por terras catalanas.
Fai mes e medio prometeulle a Asun escribir algo especial para todos vos, os nenos e nenas de Mazaricos.
E cumpriu a súa promesa. 
É un poema que fala do bosque dende a mirada dun neno.


Open publication - Free publishing - More bosques

Verdade que é fermoso??

Enviámoslle desde aquí o noso agradecemento a Nacho Carriquí por este agasallo tan especial para nós.

luns, 7 de novembro de 2011

CANTOS CONTOS CONTAS TI?

Este ano volvemos a por en marcha esta actividade que tan bos resultados nos deu o curso pasado:  rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º baixan a Infantil a lerlles contos aos máis pequerrechos do centro na Hora de ler.
Trátase dunha actividade totalmente voluntaria onde cada lector escolle a lectura que lle gusta e preparaa para agasallar aos máis pequenos.
Xa fixemos unha primeira sesión: alumnos de 4º leron e representaron o conto LUCAS E O OSO.
Aquí tedes fotos da sesión:

venres, 4 de novembro de 2011

XA PODEDES VOLVER A VER A VIDEOCONFERENCIA

Aquí podedes volver a ver a Videoconferencia ofrecida por vídeoconferencia de Dª Mª Isabel Fraga Vila sobre os bosques como parte integrante do desenvolvemento sostible do planeta e os seus beneficios económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan contribuíndo á erradicación da pobreza e o logro dos obxectivos de desenvolvemento, acordados internacionalmente, incluídos nos obxectivos de desenvolvemento do Milenio.




xoves, 3 de novembro de 2011

MAÑÁ: VIDEOCONFERENCIA SOBRE OS BOSQUES

 Como ben sabedes, durante este curso estamos a traballar o tema dos bosques e participaremos en todas aquelas actividades complementarias nas que se nos presente oportunidade e que estén relacionadas con esta temática. 
 É por ista razón pola que mañá, venres día 4, participaremos nunha vídeoconferencia de Dª Mª Isabel Fraga Vila sobre os bosques  como parte integrante do desenvolvemento sostible do planeta e os seus beneficios económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan contribuíndo á erradicación da pobreza e o logro dos obxectivos de desenvolvemento, acordados internacionalmente, incluídos nos obxectivos de desenvolvemento do Milenio.

 
Mª Isabel Fraga Vila é a directora do Museo de Historia Natural e profesora de Botánica da Facultade de Bioloxía da USC. Publicou, entre outros traballos de investigación e divulgación no ámbito da botánica, a Guía Verde de Santiago de Compostela (Alvarellos 2010), un traballo que recolle información sobre todos os parques e zonas verdes da capital galega, ademáis dunha guía botánica con fotos, debuxos e comentarios de 150 especies arbóreas presentes na cidade.

Esta videoconferencia está organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e dirixida ao alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria.

REFRÁNS DE OUTONO

Dende a Biblioteca do C.E.I.P. Esteiro de Ferrol chéganos esta fermosa recolleita de REFRÁNS DE OUTONO que comparten con todos nós. Botádelle un ollo, xa veredes que traballo máis interesante.


Enviámoslles desde aquí o noso agradecemento por compartir connosco o seu traballo.