xoves, 20 de decembro de 2012

CALENDARIO 2012-2013

Xa está rematado o noso novo calendario elaborado con traballos feitos por os nenos e nenas sobre as culturas dentro do proxecto integrado deste ano sobre as culturas do mundo.
Esperamos que vos guste!!


domingo, 16 de decembro de 2012

CARTA AO APALPADOR: a nosa Guía de Lectura Nadal 2012

Ola a todos!!!
Estamos a piques de comezar as vacacións de Nadal e como sempre andamos estresadísimos coas avaliacións, os concursos de postais, as actuacións para o festival....
Pero a biblioteca, como todos os anos, non se olvida de que tamén tedes présa por escribir esa carta tan importante que faga realidade os vosos desexos, non sí??
Este ano pensamos en escribirlle unha carta ao noso bequerido APALPADOR. Lembrádesvos del???

Pensamos que ao mellor non está tan ocupado como os Reis Magos e como Papá Noel, é pode cumprir mellor os nosos desexos. Que vos parece?
Pois aquí tedes a carta xa preparada. Tan só tedes que marcar nela os vosos "pedidos". Escollede ben porque ahí están as lecturas máis especiais para este nadal. Ah!! Tamén vai un pouquiño de música!!!

                              Open publication - Free publishing
Se a queredes imprimir facédeo desde aquí

Tamén os deixamos aquí un folleto para que lembredes quen é o Apalpador:

                             Open publication - Free publishing - More nadal


E por último, acaban de chegarnos estes VÍDEOS:







DISFRUTÁDEOS DE TODOS ESTES RECURSOS!!!

xoves, 13 de decembro de 2012

12-12-12 # recitandocelsoemilio

       Hoxe 12 do 12 do 2012 ás 12:00 da mañá tiñamos unha cita na biblioteca. Estabamos de celebración!
      Hoxe cumpríase o centenerio do nacemento do poeta celanovés CELSO EMILIO FERREIRO, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX.
     Desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) propuxéronos, a todos os centros educativos de Galicia, renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolizase toda a forza e enerxía que transmmite a súa palbra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.
       O obxectivo central era manter viva a memoria dun dos grandes poetas galegos do século XX a través da posta en valor dun dos seus poemas máis emblemáticos "DEITADO FRENTE AO MAR"; así mesmo, desexabamos manifestar, dun modo lúdico e masivo, o noso compromiso cívico cara a língua galega, porque sí, porque nos peta.
E aquí está a nosa aportación grabada dende a nosa biblioteca. Disfrutádea!!

Queremos dar as grazas dende aquí á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) por facernos esta fermosa proposta e por coordinar todas as actividades da homenaxe. 
Tamén queremos dar as grazas á profe Susi por coordinar esta actividade no noso centro.

martes, 27 de novembro de 2012

Os rapaces de Mazaricos loitan polo seu futuro

Hoxe os gandeiros galegos iniciaron unha folga para esixir un prezo xusto porque agora se lles está pagando o leite por debaixo dos costes de producción o que está levando a moitas explotacións á bancarrota.
A gran maioría dos nosos alumnos e alumnas son fillos e fillas de GANDEIROS.

Eles tamén quixeron unirse á loita das súas familias porque o seu futuro está en xogo.


Todos xuntos deseñamos un cartel e fixemos uns lemas que queremos compartir con todos vós.
E agora un pouquiño de humor porque sempre é necesario. Verdade??



domingo, 25 de novembro de 2012

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

   Hoxe, 25 de novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 
    A violencia contra as mulleres e nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis xeneralizada no mundo. Para crear conciencia cada ano conmemoramos esta data en todo o mundo
     Elixiuse esta data para lembrar a morte das irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa), activistas políticas dominicanas asesinadas o 25 de novembro de 1960 a mans da policía secreta do dictador Rafael Trujillo por denunciar a súa violencia hacia as mulleres.

A escola non é un espazo neutral. Nela transmítense valores, modelos, esteriotipos e convírtese nun lugar ideal  onde sementar a erradicación das desigualdades. De ahí xorde a necesidade de contar con materiais didácticos que nos axuden a acabar coa lacra social do maltrato ás mulleres.
       A nosa biblio quixo contribuir a esta causa e o curso pasado elaborou e puxo a vosa disposición unha recompilación de materiais e recursos dirixidos a mestres e alumnos que faciliten o traballo sobre estes valores agora que celebramos este día tan importante. Pinchade sobre o logo de abaixo para acceder a eles.


           Este ano ademáis, queremos propoñervos algo máis. Os mestres que acudimos este ano ás Xornadas de Bibliotecas Escolares tituladas "Ler para Ver", estivemos aprendendo moitas cousas sobre a importancia da Lectura de Imaxes. Por iso, hoxe queremos propoñermos uns videos para traballar na aula nestes días:

            Comezamos polo 3º Ciclo, para o que propoñemos o video Beauty Pressure (A presión da beleza) da marca DOVE. 
Desde a Biblioteca do CEIP de FRIANS (Teis), propoñen as seguintes preguntas para debatir despois de visualizar o vídeo:
    • Que papel ten a muller nos anuncios publicitarios?
    • En que tipos de anuncios aparece a imaxe dunha muller?
    • Cres que é imprescindible a imaxe da muller na meirande parte dos anuncios?
    • Coñeces algún anuncio no que apareza a imaxe do home en situacións similares ás vistas neste vídeo?
    • Non cres que a presión dos medios e da publicidade co tema da beleza, do peso, da cirurxía estética... é un sofisticado xeito de maltrato contra a muller?

             Para o 2º Ciclo, para o que propoñemos o video Dove Evolution (A presión da beleza) da marca DOVE. Para este vídeo  a Biblioteca do CEIP de FRIANS (Teis), propoñen estas outras preguntas para debatir despois de visualizar o vídeo:


    • Que función ten a muller na publicidade...? 
    • Que ferramentas ten a publicidade para deformar a realidade?
    • E nós, temos criterio propio para ser nós mesmos, ou queremos ser o que se nos mostra como exemplo?
    • A importancia da imaxe... non é tamén unha forma de maltrato para a muller?
               
              Para o 1º Ciclo, para o que propoñemosvos dous contos que podedes traballar desde estas presentacións:
                                - O LIBRO DOS PORCOS de Anthony Browne.




                                - UNA FELIZ CATÁSTROFE de Adela Turín.



              Con estas presentacións tratase de traballar o tema do tema do reparto das labores do fogar para que non sexa un traballo "de mulleres"
               Esperamos que os debates e as reflexións a partir de todas estas imaxes axuden a mellorar o noso xuizo crítico arredor desta triste temática.

luns, 19 de novembro de 2012

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFIAS DA PROFE PILI COMO COOPERANTE EN GUATEMALA

A profe Pili Grille trouxo ao centro a súa colección de fotografías de cando, fai uns anos, viaxou a Guatemala para permanecer alá durante 2 meses e medio de cooperante da ONG Los Patojos. Con ela puidemos acercarnos e coñecer un pouquiño a cultura guatemalteca.

sábado, 10 de novembro de 2012

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Hoxe, venres 9 de novembro celebramos o Magosto no noso cole. Estaba unha tarde soleada e fantástica así que saímos ao patio a cantar e a bailar mentres se asaban as castañas. 
Tivemos a gran sorte de contar coa visita dun HOME ORQUESTA:          que nos fixo cantar e bailar como tolos toda a tarde. Pasámolo xenial e gustounos moito. Despois enchimos ben o bandullo de castañas asadas. Comimos tantas que xa non fixo falta merendar cando chegamos á casa. 
Tarde de festa estupenda!!!

luns, 5 de novembro de 2012

ENTREGA DE PREMIOS DO III CONCURSO DE RELATOS DE MEDO SAMAÍN 2012

O mércores 31 entregáronse os premios do III CONCURSO DE RELATOS DE MEDO SAMAÍN 2012 convocado pola biblioteca. E aquí están os traballados premiados e os gañadores:

Relato gañador de Educación Infantil: 
"A SERPE MALA"
 (Traballo conxunto de todo o alumnado desta etapa)


E aquí temos aos gañadores recibindo o premio de máns da súa titora: Ana Barral


Relato gañador de 1º Ciclo: 
" A CABACIÑA"
Ainhoa Cal Currais (1º de Primaria)


Ainhoa recibe o premio de máns da súa titora: Isabel Barrientos


Relato gañador de 2º Ciclo: 
" O CEMITERIO DA VELLA ÁRBORE MORTA"
 Uxía Dacunha París (4º de Primaria)

Uxía recibe o premio de máns da súa titora: Asun García


Relato gañador de 3º Ciclo: 
" A NOITE MISTERIOSA"
 Paula Germil Calo (5º de Primaria)


Uxía recibe o premio de máns da profe de música: Susi Doel



NORABOA A TODOS OS PREMIADOS!!   BO TRABALLO!!
 Aquí están xuntiñas as gañadoras de Primaria

ROSIÑA QUERE DARVOS AS GRAZAS A TODOS LOS NENOS E NENAS PARTICIPANTES!!

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO DE CABAZAS SAMAÍN 2012

E aquí temos os premiados do CONCURSO DE CABAZAS SAMAÍN 2012:

Cabaza Gañadora de Educación Infantil: Jorge Lema Zamora


Recibe o Premio de mans da súa titora: Ana Barral


Cabaza Gañadora de 1º ciclo de Educación Primarial: Andrea Carballo Pombo


Recibe o Premio de mans da profe de P.T.: Ana Escariz


Cabaza Gañadora de 2º Ciclo: Adrián López Castiñeira


Recibe o Premio de mans da súa titora: Cruz García


Cabaza Gañadora de 3º Ciclo: Xabier París Moledo


Recibe o Premio de mans da súa titora: Pilar Grille


 E agora, para acabar a foto de familia dos gañadores e das súas cabazas. Noraboa a todos eles!!!





Representacións de historias de medo na biblioteca

O día do Samaín alumnos de 4º e 6º representaron dúas historias relacionadas co medo:
- O reloxo (4º) historia cantada
- A bruxa regañadentes (6º) representación do conto.

Aquí vos deixamos os vídeos:

Samaín O reloxo from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.

 
Representación A bruxa regañadentes from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.


mércores, 31 de outubro de 2012

A LENDA DO ESPANTAPAXAROS

E agora un pequeno regaliño!!

Trátase dunha curtametraxe moi especial!! Titúlase A LENDA DO ESPANTAPAXAROS

O director de esta curta chámase Marco Besas, un cineasta madrileño que estudou en Nueva York e que traballou xa con directores tan importantes como Almodovar como operador de cámara.

Esta curtametraxe recibiu unha mención de honor á mellor curta de animación no Festival de Cine de Animación de Cleveland (Estados Unidos), o premio de plata á mellor curtametraxe fantástica europea en Fatasporto (Portugal), o premio á mellor animación no Festival de Curtametraxes de Os Anxeles, un premio no Festival de Cine de Leed (Gran Bretaña) e ademáis foi preseleccionado na 78º Edición dos Premios Oscar e nominado aos premios Goya.

Esta curta apórtanos unha interesante lección para as nosas vidas: non debemos deixarnos nunca levar polas apariencias e os prexuicios que temos sobre alguén.

A historia está narrada polo recentemente falecido actor Sancho Gracia, que coa súa penetrante voz otorgalle un impresionante carisma de melancolía á historia.

Disfrudadea!!

RECOMENDACIÓNS CINEMATOGRÁFICAS PARA ESTE SAMAÍN

 Hai que ir ao cine rapaces!!!
Neste Samaín imos recomendarvos dúas pelis.
Estas van a gustarvos de seguro. Mirade os trailers!!!

HOTEL TRANSILVIANIA. Director: Genndy Tartakovsky



FRANKENWEENIE. Director: Tim Burton

martes, 30 de outubro de 2012

EXPOSICIÓN DE CABAZAS PRESENTADAS A CONCURSO

Aquí podedes ver tódalas cabazas presentadas a concurso este ano. Están chulísimas verdade???




A nosa Rosiña colouse na exposición!!!! Vístedela???? Chulísima!!!


mércores, 24 de outubro de 2012

E PARA DESPEDIR ESTE DÍA.....

Un regaliño antes de que remate este día tan especial. Trátase de imaxes capturadas de un fermoso blogue do que somos fieles seguidores PINZELLADES AL MÓN, todas elas relacionadas ca biblioteca.
A ver se vos gustan!!!

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

  Todo o mes de outubro foi declarado MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES  e hoxe, 24 de Outubro celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA .
O lema proposto desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia para este ano é  "A Biblioteca escolar, unha chave para o pasado, o presente e o futuro"
      Desde 2008, a Consellería de Educación ven editando, a comezos de cada curso escolar, un cartel para difundir o modelo de biblioteca escolar que se está a traballar, uníndose desta forma á celebración do DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR no convencemento de que, aínda sendo unha biblioteca específica (cunha misión clara dentro do centro educativo, e uns servicios e actividades acordes á súa definición como " centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe"), non deixa de ser unha BIBLIOTECA; máis aínda, é a ÚNICA biblioteca pola que pasa toda a poboación en idade escolar dun país: todos os nenos e todos os mozos teñen no seu centro (ou deberían ter) unha biblioteca escolar. (Texto extraido da páxina de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación da Xunta de Galicia)

    Para conmorar con vosco esta data a nosa biblioteca quere compartir tres lecturas preciosas da Editorial Juventud, que nos contan tres historias reais de bibliotecarios e bibliotecarias que nos lembran a importante labor que realizamos e o para que o realizamos. Con elas queremos rendirlles unha sentida homenaxe.


 LA BIBLIOTECARIA DE BASORA 
 Jeanette Winter 
É a historia real da loita dunha bibliotecaria, Alia Muhammad Baker, por salvar o valioso fondo da biblioteca de Basora durante a guerra de Irak que nos lembra a todos que no mundo enteiro, o amor pola literatura e o respecto polo coñecemento non coñecen fronteiras.



BIBLIOBURRO
Heather Henson
Luis, mestre en Colombia, un día decide cargar os seus dous burros, Alfa e Beto, con libros, para levarllos aos nenos e nenas que, por vivir en lonxanas zonas rurais, non teñen acceso a eles. Desde entón percorre o país na súa biblioteca ambulante


LA SEÑORA DE LOS LIBROS
Jeanette Winter                                     
Este libro tamén está basado nunha historia real, a valerosa labora das bibliotecarias a cabalo, coñecidas como "as señoras dos libros" nos Apalaches de Kentucky. O proxecto da biblioteca a cabalo fundouse nos anos 30 do século XX co fin de achegar os libros ás zonas ailladas onde había poucos colexiose ningunha biblioteca. A lomos dun cabalo ou unha mula, as bibliotecarias percorrían a mesma árdua ruta cada dúas semanas cargadas de libros chovese, tronase ou afogase coa calor.     

    Tamén queriamos compartir convosco, un novo recurso do Centro Internaional del Libro Infantil y Juvenil de Salamanca (CILIJ) da Fundación Germán Sánchez Ruiperez dirixido a todos aqueles que non podemos acudir aos seuscentros onde son habituais as sesións de contacontos.
TV-CUENTOS é un canal de televisión por internet no que a través de numerosos vídeos pódense apreciar as diferentes técnicas para "contar un conto e non morrer non intento".
     Os especialistas de CILIJ, que levan máis de 25 anos ensinando a moitos profesionais da lectura e a pais e nas cómo contar un conto, crearon este recurso coa convicción de que a narración é unha porta de entrada hacia o hábito da lectura.
    Din os expertos que contar contos é unha actividade moi gratificante, non só para quen escoita senón tamébn para quen narra. A cotio esta práctica asóciase ás primeiras idades e, se ben aos máis pequenos lles gusta que lles conten historia, os maiores tamén son un bo público.
   Agora tedes dispoñibles 25 TV-Contos. O CILIJ seguirá completando con outras narracións esta biblioteca de TV-Contos.
      Pinchade na imaxe para acceder:


   E por último, unha nova proposta para que fagades hoxe. Como estamos celebrando o DÍA DA BIBLIOTECA e ademáis estamos xa metidos ata o fondo nas celebracións do SAMAÍN,  propoñémosvos a elaboración dun fantástico MARCAPÁXINAS MONSTRUOSO.


Están chulísimos verdade???  Pois aquí vos deixamos os pasos para facelos




E para que non teñades ninguna dificultade, aquí vos deixamos tamén á PLANTILLA

FELIZ DÍA A TODOS!!!!

martes, 23 de outubro de 2012

SAMAÍN 2012: CONVOCADO O III CONCURSO DE RELATOS DE MEDO

Bueno, pois xa empezou o outono e de seguida estaremos facendo Magostos.
Lembrade que atoparedes moitos recursos para traballar o Outono e o Magosto aquí:
 

O outono tamén nos trae a primeira festividade do curso: o SAMAÍN. Lembrade que tedes unha morea de recursos para traballar e disfrutar estas datas aquí:
Onte envieivos a todas as clases unha carta animándovos a participar no III Concurso de Historias de Medo que organizamos desde a Biblioteca para conmemorar esta festa.
O CARTEL do concurso é este e xa está colgado nos corredores do colexio. Gústavos?
 
Aquí tedes a miña carta coas bases do concurso. Animádevos todos!! Espero que o día 30 o meu buzón esté cheo cos vosos traballos. Sorte a todos!!
  

venres, 28 de setembro de 2012

Visita ás Fragas do Eume

Hoxe, venres 28 de setembro, por fin, visitamos as Fragas do Eume e queremos compartir aquí as fotos desta visita que tantas veces tivemos que aplazar por culpa da meteoroloxía e que en realidade queriamos ter feito en xuño como broche final ao Proxecto Integrado "Sementando bosques de palabras" que desenvolvimos o curso pasado.

mércores, 26 de setembro de 2012

O venres 28 visitaremos ÁS FRAGAS DO EUME.

Trátase dunha visita programada o curso pasado dentro do Proxecto Integrado: "Sementando bosques de palabras" promovido dende a biblioteca do centro. Durante todo o ano traballamos a temática dos bosques e quixemos pechar o curso visitando este Parque Natural tan importante en Galicia. Pero o mal tempo estragou os nosos plans a pesares de cambiar a data da visita varias veces.
Non queríamos comezar este curso sen realizar esta visita tan especial para nós; así que, o venres, alá imos: a admirar as nosas queridas Fragas do Eume.

Para saber un pouquiño máis das Fragas deixovos aquí algúns VÍDEOS que, de seguro, vos gustará ver para demostrar alá todo o que xa sabemos sobre este parque, a súa fauna e a súa flora.














Aquí tamén vos deixo algunhas GUÍAS para os que queiran aprender máis cousas sobre as Fragas:


Reportaxes en revistas:

 REVISTA GALICIA 10 (ver páxina 8)

REVISTA PAZOS DE GALICIA  (Ver páxina 5)

martes, 25 de setembro de 2012

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

Ola a todos: nenos, nenas, familias e seguidores!!!


Aquí estamos todos de novo outra vez!!! Remataron as vacacións e empezamos un novo curso. Dende a nosa biblioteca queremos darvos a benvida e desexarvos un estupendo curso 2012/2013.

E diredes vós.....!!! Pero que tarde, nos saúda Rosiña este ano!!!
Pois si!! Tardei un pouco porque estiven de viaxe polo mundo adiante coñecendo outras xentes e outras maneras de vivir. E cando cheguei á nosa biblio había tanto que facer que non tiven tempo para asomarme ao blogue e mandarvos un agarimo!! 
Tiven que poñerme a:
  • ordenar a biblio, 
  • a preparar os Caixóns de Lectura para as vosas clases, 
  • explicarlles aos profes novos como funciona o das Mochilas Viaxeiras, 
  • axudarlles a preparalas, 
  • convocar novos Axudantes de Biblioteca
  • ensinarlles cales eran a súas obrigas e preparlles os seus contratos para que firmasen
  • decidir cos profes temática para o proxecto integrado de este ano
  • argallar cousas divertidas para vos...
Pufff !!!! Xa vedes! Estiven moi atarefada!!

A partir de agora, verémonos por aquí!!
Estade atentos, axiña teredes noticias miñas!




mércores, 20 de xuño de 2012

GUIA DE LECTURA VERÁN 2012

Dous días rapaces!! Dous días e xa estaredes de vacacións!!
Moito traballo, moitos exámenes, moito estudar.... pero tamén moitas experiencias divertidas, moitos coñecementos novos, moitas saídas, moitas historias que contar...
Rematamos un curso intenso cheo de lembranzas para as nosas vidas: nenos, nenas, profes, nais e pais... todos marchamos de vacacións cun sorriso e o corazón cheo de alegrías. E agora toca descansar e divertirnos. Toca facer todo aquelo que nos apetece dende hai moito tempo: levantarnos tarde, xogar, ir á praia, facer unha viaxe especial.... pero tamén toca encher a nosa cabeciña de aventuras con libros moi especiais.
Rosiña preparouvos unha Guía de Lecturas estupendas para facer, de este, un dos vosos veráns máis divertidos.
Elixide aquí os libros que queredes que vos acompañen todo este verán e disfrutadeos porque con eles viaxaredes a unha infinidade de mundos e coñeceredes a unha chea de personaxes sen necesidade de coller o coche nin o autobús.

luns, 18 de xuño de 2012

LER NON É CLANDESTINO

Dende o IES  CHANO PIEÑEIRO de FORCAREI chéganos este un vídeo moi especial. Trátase da despedida de Gracia, a profe da biblioteca, que marcha para Silleda e despídese despois de coordinar a biblioteca do IES CHANO PIÑEIRO durante dous anos e faino cun vídeo de Fomento da Lectura que elaborou coa colaboración do profe Anxo co que forma un tándem tan perfecto que manteñen un blogue que é referencia para todos os que traballamos nesto das bibliotecas escolares "Trafegando Ronseis".
 Disfrutade de este vídeo tan especial titulado "Ler non é clandestino".
Grazas Gracia por compartir esto con todos nós.

xoves, 7 de xuño de 2012

MÁiS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE USUARIOS

Aquí vos deixamos tamén as actividades para traballar a Formación de Usuarios en papel!!!
O curso que ven practicaremos moito con ellas. Profes!! Estará a vosa disposición na paxina de recursos de Formación de Usuarios a que tedes acceso dende a barra lateral!


E aquí tedes unhas presentacións para traballar o tema da Educación Documental

luns, 4 de xuño de 2012

BIBLIOTEQUEANDO

Para traballar a FORMACIÓN DE USUARIOS elaboramos dende a biblioteca un libro LIM con actividades interactivas que poden facilitarán a labor dos titores e a aprendizaxe dos rapaces de un xeito divertido.
Para xogar pinchade na pantalliña da esquina superior dereita e así poderedes facelo a pantalla completa.
Ánimo e a divertirse!

PROXECTO DE INGLÉS

Os rapaces e rapazas estiveron aprendendo unha chea de vocabulario en inglés relacionado co tema dos bosques. Para elo inspirándose nas investigacións que xa estaban realizando nas aulas, dedicáronse a aprender vocabulario relacionado: co lobo, cos mamíferos, cas aves, cos insectos e coas árbores que viven nos bosques, cos beneficios e a protección dos bosques.Do you speak english?
Aquí tedes o seu traballo:

domingo, 3 de xuño de 2012

PROXECTO: OS BENEFICIOS DOS BOSQUES

Os de 6º para o seu proxecto de investigación, decidiron profundizar sobre os Beneficios que teñen os bosques e documentáronse acerca de beneficios directos e indirectos, urbanos e rurais, os productos dos bosques, as plantas medicinales e a producción do papel. Mirade canto aprenderon aquí ou localizade o seu proxecto na biblio!

PROXECTO: CONSERVA O NOSO BOSQUE

Os de 5º estaban moi preocupados pola conservación dos nosos bosques así decidíronse a investigar sobre este tema. Despois de recoller información, seleccionala, reelaborala e maquetala ilustraron e montaron este interesante proxecto que estará á vosa disposición aquí e tamén na biblioteca. Falan de incendios, de contaminación, de desertización, de agricultura ecolóxica, e incluso do noso composteiro... Os expertos da protección dos bosques pronto nos explicaran o seu traballo a todo o resto do alumnado do centro. Esperamos con ansiedade a vosa ponencia!


PROXECTO: ÁRBORES

En 3º quixeron saber máis sobre as árbores dos bosques galegos así que puxéronso mans á obra e remataron este impresionante proxecto  de investigación. Coñecedeas todas? Se tedes algunha dúbida podedes consultala con estes grandes expertos. O seu traballo estará dispoñible na biblioteca:




E como son tan traballadores tamén elaboraron este Herbario tan completo que nos deixou abraiados! Noraboa rapaces por este estupendo traballo!

PROXECTO: INSECTOS

En 4º curso investigaron sobre os insectos. Buscaron información na biblioteca, trouxeron libros da casa, buscaron en internet... Aquí tedes o seu proxecto!! Buscadeo na nosa biblio se queredes velo mellor e xa veredes cando ides aprender!!

PROXECTO: AS AVES

En 2º curso encántanlles as aves e decidiron que o seu Proxecto Documentais titularíase así: AS AVES.
Puxéronse mans á obra e investigando, investigando... mirade que morea de cousas aprenderon destes animais que tanto alegran o bosque cos seus cantos !
Eles son uns expertos, queredes selo vos tamén???
Pois lede o seu traballo con detenimendo e xa veredes cantas cousas ides aprender!

PROXECTO: MAMÍFEROS DO BOSQUE

En 1º temos uns verdadeiros expertos en MAMÍFEROS DO BOSQUE.

Levaron a cabo unha laboriosa investigación sobre os mamiferos que viven no bosque e que lles chamaban máis á atención. Estamos seguros de que os coñecedes a todos pero non sabiades tanto deles como os nosos pequenos investigadores.
Podedes consultalo aquí pero lembrade que estará dispoñible na nosa biblioteca.

PROXECTO: LOBO

Todos os grupos-clase participaron no Proxecto Integrado de este ano: "Sementando bosques de palabras" realizando un pequeno proxecto de investigación.
Os alumnos de Infantil levan varios meses investigando sobre OS LOBOS. Recolleron unha chea de información, seleccionáronna e con ela elaboraron e editaron un fermoso libro que a partir de agora estará dispoñible para todos vos na biblioteca. Queredes ver o seu traballo??? Pois aquí o tedes:


Agardamos con impaciencia o día en que os seus autores nos expliquen todo o que eles aprenderon sobre os lobos. Xa veredes!! Son uns auténticos expertos en lobos!!!!

domingo, 20 de maio de 2012

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS

Para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012 dedicado este ano á figura de VALENTÍN PAZ ANDRADE organizamos dúas actividades no cole:

1. OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS CON MATERIAIS DE REFUGALLO con TOMÁS RÁBANOS


Pero ... Quen é TOMÁS RÁBANOS??

2. CONCURSO DE ILUSTRACIÓN E DE REDACCIÓN organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Aquí tedes os traballos premiados.
Noraboa rapaces!! Bo traballo!

E tamén os diplomas que se lles entregaron xunto cun regaliño.

Acto de entrega de premios