mércores, 27 de abril de 2011

CONMEMORACIÓN DÍA DO LIBRO

Ola rapaces!!! Xa estamos de volta!!! Que tal de vacacións!!! De seguro que as aproveitastes ben, verdade?
Como ben sabedes o sábado 23 celebrouse o DÍA DO LIBRO e como caeu un día de vacacións non o poidemos celebrar no cole como se merece un día tan importante. Pero non importa, pois podemos celebralo durante toda esta semana.
Empezamos hoxe á tarde recibindo a visita do CONTACONTOS IAGO LÓPEZ por xentiliza da Editorial XERAIS.
Tamén vos deixamos aquí o acceso a nosa Recopilación de Recursos e actividades para empregar nas aulas nestas datas. De seguro que atopades o que andades buscando. 

(Atoparas un acceso permanente a esta páxina no menú de navegación no panel lateral.)
E un regaliño máis. Este fermoso poema de Carlos Negro que é un agasallo seu para as Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Mundial do Libro e dos Dereitos do Autor.

Unha illa de luz na xema dos dedos.
Uha porta sempre entreaberta.
Unha duna cara ao vento.
Unha nube sobre a herba.
Unha casa encantada.
Unha pousada no inferno.
Unha man e unha fouce.
Unha carapucha vermella.
Unha bufanda colorada.
Unha alfombra no ceo.
Unha pulga e o xigante.
Uha rosa e o cravo.
Unha serpe e a mazá.
A fonte e o cervo.
A flor da candea.
A fenda do espello.
A lúa na boca.
A tona do tempo.
A pedra e o canto.
A voz e o silencio.
O lugar da lectura.

sábado, 16 de abril de 2011

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2010/2011

Celebránrose no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2010/2011 os días 7 e 8 de abril. A eles asistimos todos os coordinadores dos centros educativos incluidos neste Plan. Para nós, que somos novatos, era a primeira vez que acudiamos a estes encotnros e asistimos ambos días (o día 7 era só para os centros de nova incorporación coma nós).

Os encontros foron inaugurados polo Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez.

Os xoves acudimos as seguintes ponencias:
  • "Bibliotecas escolares ¿para qué? Como facer da biblioteca algo imprescindible." A cargo de Monica Baró.
  • "Plan de mellora de bibliotecas escolares. Centros de nova incorporación" a cargo de Cristina Novoa e Pilar Sampedro.
  • "Proxecto Meiga. Posibilidades pedagóxicas." A cargo de Cesar Iglesias.
  • "Redes Sociais, Web 2.0 e bibliotecas escoalres. Recursos para a aprendizaxe." a cargo de José Antonio Cordón.
  • "A colección da biblioteca escolar entre interrogantes: Por qué, para qué, qué e cómo" a cargo de Luis Miguel Cencerrado.
O venres acudimos ás seguintes actividades:
  • "Avaliar para avanzar. Prácticas de autoevaluación na biblioteca escolar" a cargo de Teresa Mañá e Mónica Baró.
  • Presentaicón de experiencias en sesións simultáneas baixo o título "Literatura en imaxes. Cine e Banda Deseñada"
  • Xuntanzas por zonas de representantes dos centros para intercambiar experiencias e materiais.
  • "Libros e lectura na xente nova" a cargo do escritor Xosé Neira Vilas.
Dende a nosa biblio queremos dar as grazas a todas as persoas que fixeron posibles estes Encontros en especial a Pilar Sampedro e Cristina Novoa da Asesoría de Bibliotecas Escolares.
Os materias dos encontros, así como os vídeos pódense atopar AQUI  entrando como convidado.

É DE BEN NACIDOS SER AGRADECIDOS

Queríamos agradecer dende aquí a colaboración prestada pola Biblioteca de Bertamiráns (Ames) que además de prestarnos libros nos prestou gran parte da decoración relacionada coa temática do mar que agora mesmo luce a nosa biblio. Grazas en especial a Teresa.

Tamén temos que agracer a colaboración do CPI da Picota que tamén nos prestou unha morea de libros relacionados co mar e tamén libros para o noso Club de lectura. Grazas en especial a súa colaboradora Socorro.

E por último, grazas ao CEIP de Louro (Muros) por prestarnos libros para o Club de Lectura e tamén polo asesoramento da súa coordinadora, Carmela.

mércores, 6 de abril de 2011

TACHAAAAAAAAAAAAAAAN!!!!! ESTA É A NOSA NOVA BIBLIO

Ola a todos/as os/as que nos seguides! Despois duns meses de moitas negociacións, reformas e moito, moito traballo aqui tedes as primeiras imaxes oficiais da NOSA NOVA BIBLIO.
Dende aquí queremos agradecer a colaboración de todos os que fixeron posible que este soño se fixese realidade e ímolos enumerar a todos. Esperemos que non quede ninguén:
  • Consellería de Educación a través do PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES.
  • Concello de Mazaricos
  • Pais e nais Colaboradores do Comedor do noso centro.
  • ANPA
  • Equipo Directivo
  • Claustro de profesores
  • Equipo de Biblioteca
  • Alumnado
  • Conserxe
  • Avós colaboradores
  • Mestres/as de prácticas de Maxisterio
  • Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación
  • Foro colaborativo do PLAMBE
GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN E O VOSO ENTUSIASMO!!!



martes, 5 de abril de 2011

AS NORMAS DA NOSA BIBLIOTECA

Aquí vos deixo as Normas da nosa biblio. Lédeas ben e lembrádeas porque a biblio é un recuncho moi especial do noso cole, onde nos gusta estar a todos e por iso temos que coidala e saber como comportarnos.
Firmado

Rosiña

domingo, 3 de abril de 2011

CANTOS CONTOS CONTAS TI?

Desde o 11 de marzo, rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º están baixando a Infantil a lerlles contos aos máis pequerrechos do centro na Hora de ler.
Trátase dunha actividade totalmente voluntaria onde cada lector escolle a lectura que lle gusta e preparaa para agasallar aos máis pequenos.
Xa fixemos unha primeira ronda e á maioría do lectores gustoulles tanto a experiencia que queren repetir. Así que próximamente atoparás máis imaxes sobre esta experiencia.

sábado, 2 de abril de 2011

XA TEMOS CLUB DE LECTURA

O venres 1 de abril constituiuse, na nosa biblio, o primeiro Club de Lectura do noso centro.

Está integrado por todos os alumnos de 6º curso xunto con 3 de 5º. E xa teñen un nome.

Chámanse OS XURELOS LECTORES. Aquí tedes o seu logo. Se pinchades sobre el poderedes acceder ao blogue do Club de lectura e seguir os seus progresos.



Aínda non sabedes o que é un Club de Lectores? Pois podedes enterarvos ben lendo este boletín,



E agora podedes ver as imaxes da primeira reunión do Club de Lectura "Os Xurelos Lectores"